Conectad@s ó Mundo-FEMURO


Aula Formación, Información e Asesoramento
Punto de encontro das mulleres do Rural da Comarca do Carballiño e Ribeiro, que se engloban en FEMURO.
Dende aqui se traballa para toda a poboación na busqueda da Igualdade,Empoderamento, Formación, información e Asesoramento.


relojes web gratis








Conectad@s ó Mundo
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Continuación II....
Lembran ter como xogo, recoller os bichos da patacas nun bote; ata que comenzarón a chegar as primeiras maquinas de sulfatar.
Non sabían de tecnoloxía dixital, pero, facían os seus brinquetes, amañados, caseiros e reciclados.
que recordan o carro das vacas, de poñerlle a chavella. De cargar os cestos no lombo, de facer medeiros de herba. Chamar as vaca, aos cabalos e ás bestas. Cargas os fillos ou os irmáns ás costas.
As que xa dende nenas, recordan camiñar 2 e 3 kilometros co baldo á cabeza e os caldeiros na man. ben para levar o leite ou para buscar auga.
Que souberon facer as trenczas perfectas ás fillas e netas, aprendendo a facer o cadrelo ao cabalo.
Son as mulleres que non recibiron ningunha educación sexual, pero que tiveron que ser as que loitaran para que as súas fillas si que a tiveran. Que gardaban tradición de pureza ou que recordan as palleiras coma recunchos de apertas e agarimos as agachadas.
Son as que chegaron a ter mozos no servizo militar, e recibían letra caligrafica co comezo.

Querida novia:
El que te quiere y te aguarda.

Tuyo siempre.......


ou as que quedaron en estado (coma elas din, para que eles non foran o servizo).
Saben do paso da cociña de lareira, co tres pés e pote; as cociñas de ferro do nº7 ou nº9, as mais previlexiadas con billa e as outras co servizo pro latrón da auga, co "calderín" para a auga quente (¡cando chegaron aqueles primeiros cartos que mandou o home ou os fillos/as!).
Gardaron na arqueta, pasaron á alacena e ao armario de cociña coas portas verdes, ¡todo un luxo dos 50!
De pratos de pedra, que se gardaban coma tesouro e se reparaban se rompian, coñeceron a porcelana o duralex, a chegada da auga de deposito, a traída e os lavalouzas.
Que recordan os muiños, o pan de centeo. Saben de feiras, de tratantes de batas azuis; de alcumes e motes de familia (os Charnelos, Os Tratantes; Os Catalinos, os Crepos....); de leiras, de eieras, de cabaceiros e colmos.

Recordan, cadelas, reais, pesos, pesetas e agora Euros.
Que loitaron por ter unha cartilla de aforros ou deixar de ser meras posesións.
Viron aparecer o Divorcio en España, e que algunha recorda tamén por contra a Guerra Civil ( a fame, a dor, as rencillas que quedaron, os que marcharon....)

Saben dunha soa lámpada para toda a casa, (depois de ter pasado polo candil de carburo ou de gas), a pera da luz, de cable longo, que retorcía, pero que permitía xa facer o camiño pro mando a distancia.

Lembran a primeira radio, que se gardaba no estante con volante privilexiado, a poder ser, tapada pra non se machar, e que recibía o destapa pra hora de escoitar a música, as noticias, a novela. As mesmas que ven, coma agora os seus netos/as e bisnetos/as non escoitan. "Simplemente María....(novela radiada dos anos 60);
Din elas:
¡levan eses raio de esas cousas nas orellas!....


Os/AS que non recordan ter a televisión ata os anos 60 e 70 cando por as aldeas apareceron as primeiras; aparello que comprada por un, era de todos os veciños. Servindo de motivo socializador, aínda sendo en branco e negro, que facia mil raias e que nalgúns dos casos a forza de luz non era capaz nin de prendela.
Todas/os saben do festival de Eurovisión, e brisca no mesmo día, ¡aquelo paraba todo!, e de comenzos do fúrbol televisado (Pirri, Velazquez....)

A todos e todas que por emigrar ou por quedar, agardar e loitar fixeron o camiño dos anos, que domo din:
¡pasan deseguida!

Mulleres e homes que fixeron de Galiza o que hoxe é, ben ou mal, tan só buscaron o que creron mellor, cando os tempos non tiñan bytes, megabytes, nin gygabytes, solo se pensaba en ferrados, cuartas e cuartillos.

A todas elas e eles ¡grazas! por gardar o recordo da nosa historia
(Alicia González B.)
Comentarios (0) - Categoría: RECORDOS NO TEMPO - Publicado o 30-06-2009 18:58
# Ligazón permanente a este artigo
Ofertas na Comarca (CIMO)
Profesor/a para academia - Carballiño (O) - Nº Oferta 971220
Academia de ensino precisa persoal para impartir clases de Física e Química a nivel de Bacharelato. Necesaria posuír a Licenciatura nalgunha
das dúas materias ou estar cursando os últimos anos. Horario a convir en quenda de tarde (sete horas semanais).

Xefe/a de taller - Carballiño (O) - Nº Oferta 971412
Realizará tarefas de mantemento e reparación de maquinaria, ademais de encargarse da coordinación do traballo do persoal ao seu cargo.
Valoran o permiso de conducir clase C. Xornada completa.
Comentarios (0) - Categoría: OFERTAS DE EMPREGO NA COMARCA - Publicado o 26-06-2009 14:17
# Ligazón permanente a este artigo
Libro recomendado para a vindeira semana
Kika superbruxa e Don Quixote Da Mancha

Trama:
KikA enfrascase no traballo de voltar a D. Quixote e o seu escudeiro Sancho o seu mundo.

Idade: 8/9 anos

Recomendación: (Raquel)
Comentarios (0) - Categoría: LUDOTECA/ANIMACIÓN A LECTURA LIBRO/FORUM - Publicado o 25-06-2009 18:09
# Ligazón permanente a este artigo
Curso de Utilización do Pen driver, Chupete ou Lapis
Duración.- 3 horas
Data.- 20 a 22 de xullo
horario.- 12.00 a 13.00 horas
Colectivo.- Poboación en xeral

Descrición.-

As/os usuarias/usuarios coñeceran que é unha memoria pen, chupete ou lapis; e a súa utilidade.
Coñeceran a conexión o porto USB
Utilizar o chupeta para gardar, transladar información.

Metodoloxia.-
práctica e adaptada as/os usuarias/os.
Comentarios (0) - Categoría: FORMACIÓN ALFABETIZACIÓN DIXITAL - Publicado o 24-06-2009 18:00
# Ligazón permanente a este artigo
AVISO DOS RESULTADOS DO CELGA
Dende Conectad@s-FEMURO (24/06), poñemos no voso coñecemento que tedes a disposición no taboleiro de anuncios do centro o listado das probas do CELGA II e CELGA IV; tamén podedes acceder á aula para comprobar os vosos resultados, ou ben chamar o teléfono de costume.
¡Noraboa as/os aptas/os!.
Comentarios (0) - Categoría: CURSOS E ACTIVIDADES DAS ASOCIACIONS - Publicado o 24-06-2009 13:23
# Ligazón permanente a este artigo
Continuación...(Recordos no tempo)
Eran de comidas sinxelas: papas de millo, pan de broa, leite con castañas, eran de patacas requentadas na lareira, peras e mazás a madurar entre a herba; de sopas de cabalo cansado e sempre para reunión de familia, de rosario despois de cear.
Saben ben, de sestas de verán baixo as cerdeiras. Sestas silandeiras, no que o único ruído podía ser o can de ladraba.
Recordan que a aroupa nova, era o traxe que se compaba para o día da festa da aldea.

Son as mulleres que hoxe teñen lavadora, pero que sabían lavar no río, e mais tarde, nos lavadoiros do pobo. Deixaban a roupa ao clareo, sen produto artificial, e falaban de decorrela ao sol.
De sabas de liño (amarelo e branco); de facer tinturas caseiras (coas cascas de cebola), que saben do tear, de fiar, de cardar a la).
Que saben do xabón feito coas graxas que se gardaban na casa, e mesturando aqueles xampús, si era posíbel, que lle daba un pouquechiño de cheiro.
Que pasaron do xabón "Lagarto", que era bo para todo: para roupa, para pel, para pelo; o xabón "La Toja", a esencia de lavandas ou os xeles perfumados (ao cabo do tempo)...
Mulleres e homes que casaban pola noite, por non ter un bo traxe (a eso das seis da mañá), e como convite, os menos podentes, poñían un chocolate con roscón. Tendo tamén aquelas que tiñan voda e revoda, aturando aos invitados dous días na casa, a base de porco e capón.
Que recordan parir na corete, coa única axuda dun adival. Que sabian de parteiras, e entendían de lúas para chegada das meniñas e meniños. Que ataban embigos, que libraban nais. Que coutaban pezoñas, e quitaban febres con menciñas caseiras.
Que sabían cando era bo sementar, ou cando gardar a colleita.
Comentarios (0) - Categoría: RECORDOS NO TEMPO - Publicado o 23-06-2009 19:02
# Ligazón permanente a este artigo
YOGA
No espazo do Centro socio-comunitario, se realiza todos os venres en sesións de tarde, xornadas de Yoga.
Dende as 16:30 ás 20:00 horas, en sesión de hora e media.
Na actividade participa a asociacion de afectadas/os de Fibromialxia, así como toda a poboación que o desexe e que previamente se apunte no centro.

Comentarios (0) - Categoría: CURSOS E ACTIVIDADES DAS ASOCIACIONS - Publicado o 23-06-2009 13:53
# Ligazón permanente a este artigo
Recomendamos para ler na vindeira semana
Esta semana recomendamos:

La historia de Iqbal.

Argumento:
Uns nenos escravos nunha fabrica de alfombras.
Un deles loita pola liberdade, atopando unha organización contra os escravos...........


Recomendao: Paloma (12 anos)
Comentarios (0) - Categoría: LUDOTECA/ANIMACIÓN A LECTURA LIBRO/FORUM - Publicado o 18-06-2009 17:59
# Ligazón permanente a este artigo
Oferta para comarca do CIMO
Empregado/a administrativo/aNº da oferta 971791
Carballiño (O)
Empresa madeireira precisa persoal
con nivel alto de inglés para traballar
no departamento de Comercio
Exterior. Necesaria titulación mínima
de Ciclo Superior na rama da
Administración e experiencia de seis
meses no posto. Valoran
coñecementos de francés.
Comentarios (0) - Categoría: OFERTAS DE EMPREGO NA COMARCA - Publicado o 18-06-2009 11:13
# Ligazón permanente a este artigo
Traballos de manualidades

As asociacions de Mulleres do Rural da Comarca, realizan distintos obradoiros e cursos de Manualidades.
Con eles ademais do desenvolvemento dunha actividade formativa, buscan a mellora de psicomotricidade fina, aumento da autoestima e socialización en comunidade.
Comentarios (0) - Categoría: CURSOS E ACTIVIDADES DAS ASOCIACIONS - Publicado o 17-06-2009 16:55
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3]
© by Abertal