Punto de encontro das mulleres do Rural da Comarca do Carballiño e Ribeiro, que se engloban en FEMURO.
Dende aqui se traballa para toda a poboación na busqueda da Igualdade,Empoderamento, Formación, información e Asesoramento.
ORDE do 11 de maio de 2012 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a pemes en materia de traballo en igualdade das mulleres de Galicia, cofinanciadas parcialmente polo Fondo Social Europeo, e se convocan para o exercicio 2012
Vamos cambiar a lectura,,,,¡xa vai sendo hora!!.
Está vamos adicarnos a ler unha de aventuras..¿que vos parece?.
Peripecias, e loita dos galegos contra as tropas napoleónicas no 1809.
Onte deu remate o curso de Xabóns naturais e terapéuticos na asociación de Mulleres Rurais Pena da Sela do Concello do Irixo. Despois da entrega dos diplomas do curso, as compañeiras poideron disfrutar dunha merenda/cea que elas argallaron, e tamén do bo baile coas cantigas das PICONAS.
Fotos da Ruada celebrada o venres 25 e maio, en MUDELOS, organizada por Novas Vivenzas e A Revolta, en colaboración con FEMURO, e a participació dos Serandeiros e as Pandeireteiras de Boboras. Xente encantadora toda ela, que fixo as delicias das preto de 100 persoas que se acercaron a pasar unha noite de Ruada; dende os pequechos ata os grandes, bailaron e disfrutaron das viandas, preparadas polas mulleres da Asociación.
RESOLUCIÓN do 14 de maio de 2012, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas do programa Emega para fomento do emprendemento feminino, cofinanciadas polo FSE, e se procede á súa convocatoria para o ano 2012 (SI429A)
Valentín Paz Andrade:
Nado en Lerez, Pontevedra en 1898 finado en 1987.
Político e escritos Galego. Poeta e ensaista.
En 1964 foi nomeado como membro da Real Academia Galega.
En 1975 galardonado co Pedrón de Ouro.
En 1979 coa Medalla da Cidade de Pontevedra de Pontevedra.
En 1984 recibiu a Medalla Castelao en recoñecemento do seu traballo por Galicia.
En 1985 A Real Academia Galega de Ciencias nomeabao membro numerario.
En 1986 coa Medalla de Oro da Cidadede Vigo, e o Premio Trasalba da Fundación Otero Pedrayo.
Xornada de convivencia, chea de vento na costa,, e preciosa en imaxen da nosa terra. Cumplido co refrán de: "A San Andrés unha vez de vivo, senon de morto as dir tres"; coñecendo os pobos de Cedeira e Betanzos e disfrutando dunha comida de conversa e risa.
ORDE do 4 de maio de 2012 pola que se establecen as bases reguladoras que rexen as axudas para facilitar a obtención do permiso de condución clase B e favorecer a seguridade viaria dos mozos e mozas galegos, e se procede á súa convocatoria.
Si precisades axuda (no punto de FEMURO), aquí estamos.