Conectad@s ó Mundo-FEMURO


Aula Formación, Información e Asesoramento
Punto de encontro das mulleres do Rural da Comarca do Carballiño e Ribeiro, que se engloban en FEMURO.
Dende aqui se traballa para toda a poboación na busqueda da Igualdade,Empoderamento, Formación, información e Asesoramento.


relojes web gratis








Conectad@s ó Mundo
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

CREATIVIDADE
Na actividade creativa, seguiremos a manexar o fieltro, aunando tamén o alambre; deste xeito conseguiremos facer novos diseños, que espero que vos gusten, podemos aunar esforzos e conseguir novas ideas, para facer colgantes, chaveiros ou broches, como os que vos amoso.
Non vamos a esquecer, seguir a practica na realización dos pendentes,,,¡pero, así facedes de todo un pouquiño!.
Comentarios (0) - Categoría: CURSOS E ACTIVIDADES DAS ASOCIACIONS - Publicado o 27-05-2010 17:58
# Ligazón permanente a este artigo
NOVO LIBRO RECOMENDADO
EL PALACIO DE LA MEDIANOCHE
Un novo libro que vos recomendo de cara o fin de semana.
O seu autor é Carlos Ruiz Zafón. Vai a resultarvos un libro ameno no que vos ides a somerxer con facilidade.

Argumento: Calcuta 1916. Un home salva a vida de dous bebés que posteriormente son separados pola súa avoa. En 1932 Ben fai os 16 anos e debe abandonar o orfanato no que foi criado, igual ca os seus amigos. Pouco antes de facelo coñece a Sheere, quen lles conta algúns misterios dae súa familia que deciden investigar o mesmo tempo que un home misterioso se interesa por eles.

Recomendao: Ali
Comentarios (0) - Categoría: LUDOTECA/ANIMACIÓN A LECTURA LIBRO/FORUM - Publicado o 27-05-2010 11:38
# Ligazón permanente a este artigo
CIMO 26/05
Axudante de panadeiro/a - Maside - Nº Oferta 975162
Panadería precisa persoal ata 35 anos para axudar no forno na elaboración de pan e empanadas. Necesaria experiencia no posto de seis meses,
e ter carné B e vehículo propio. Traballo a xornada completa intensiva en quenda de noite.

Axente comercial (Sector: Seguridade) - Carballiño (O) - Nº Oferta 975028
Empresa dedicada a comercializar sistemas de seguridade (alarmas, cámaras, prevención de incendios) precisa persoal para a venda dos
produtos en Galicia e especialmente en Ourense. Necesario carné B, vehículo propio e experiencia como comercial

Docente curso "Actividades de venda" - Carballiño (O) - Nº Oferta 975070Deberá posuír: Licenciatura en ADE, Publicidade e RR.PP., Diplomado en Empresariais ou Ciclo Superior de Xestión Comercial e Marketing, así
como o CAP ou título de Formador Ocupacional e un ano de experiencia como dependente ou comercial.
Comentarios (0) - Categoría: OFERTAS DE EMPREGO NA COMARCA - Publicado o 26-05-2010 13:01
# Ligazón permanente a este artigo
REFRANEIRO
-Dichoso mes, que empeza con Santos e acaba en San Andrés.

-Santos e Nadal inverno caroal.

-En Santos todos so bexancos.

-Antes cae un mentiroso que cae un coxo.

-Atodo hai quen gañe.

-A vellez é como a nenez.

-Unha vez vello, tres veces crío.

-Ano de nevadas, ano de anadas.

-Chegadas as nove, déitate home.

-Tras de ti virá, quen bo te fará.

-Burro grande, ande ou non ande.

-Es revirado coma pau de carballo.

-O vello vai morrendo e vai aprendendo.

-O que un non quere, outro cho a querer.

-Polo San Blas hora e media máis.
Polo San Martiño, tes que matar o porquiño.
Pola Santa Lucía, tan longa a noite como o día.


-San Migueliño das uvas, tarde vés e pouco duras.

-En maio, para cinco días o arado.

-Febreiro é curto cos seus vinteoito, si tivera mais catro, non queda nin can ni gato
Comentarios (0) - Categoría: RECORDOS NO TEMPO - Publicado o 21-05-2010 18:30
# Ligazón permanente a este artigo
CIMO 21/25
Vendedor/a por teléfono - Carballiño (O) - Nº Oferta 975205
Compañía de seguros precisa persoal para realizar contacto telefónico con posibles clientes para a venda de seguros. Ofrecen formación inicial a
cargo da empresa e contrato mercantil con pago por comisións. Horario de 9 a 15 horas.

Axente Comercial- Carballiño (O) - Nº Oferta 975202
Precísase persoal con seis meses de experiencia no posto para captación e seguimento da carteira de clientes. Necesarios coñecementos de
ofimática, carné B e vehículo propio. Ofrecen contrato mercantil con soldo fixo máis comisións.
Comentarios (0) - Categoría: OFERTAS DE EMPREGO NA COMARCA - Publicado o 21-05-2010 13:40
# Ligazón permanente a este artigo
CIMO 19/05
Vendedor/a por teléfono - Carballiño (O) - Nº Oferta 975205
Compañía de seguros precisa persoal para realizar contacto telefónico con posibles clientes para a venda de seguros. Ofrecen formación inicial a
cargo da empresa e contrato mercantil con pago por comisións. Horario de 9 a 15 horas.

Axudante de panadeiro/a - Maside - Nº Oferta 975162Panadería precisa persoal ata 35 anos para axudar no forno na elaboración de pan e empanadas. Necesaria experiencia no posto de seis meses,
e ter carné B e vehículo propio. Traballo a xornada completa intensiva en quenda de noite.
Comentarios (0) - Categoría: OFERTAS DE EMPREGO NA COMARCA - Publicado o 19-05-2010 16:31
# Ligazón permanente a este artigo
CIMO 13/05
Coidador/a de persoas maiores (Interno/a) - Carballiño (O) - Nº Oferta 975138
Domicilio particular precisa persoal para realizar atención e coidado dun matrimonio de persoas maiores, ademais de
pasalo ferro, limpar e cociñar. Necesaria experiencia mínima acreditada de seis meses e carné B.
Comentarios (0) - Categoría: OFERTAS DE EMPREGO NA COMARCA - Publicado o 13-05-2010 19:45
# Ligazón permanente a este artigo
Obradoiro de Acercamento a Rede
Novo curso, a comenzar no mes de xuño.
Duración: 15 horas

Lugar: Aula Conectad@s ó Mundo _Punto de encontro FEMURO

Dirixido: a todos/as usuarios/as (previa iniciación)

Metodoloxía:Didactica e participativa, atendendo as características do grupo de usuarios/as.

Contido:.
. Realización de procuras na rede.
. Coñecer os servizos de utilidade.
. Empreguemos a prensa
. Conseguir cita no médico
. Buscar hoteis e vuelos
. Empregar o Pen driver, Chupete, Pincho.
Comentarios (0) - Categoría: FORMACIÓN ALFABETIZACIÓN DIXITAL - Publicado o 13-05-2010 18:05
# Ligazón permanente a este artigo
CIMO do 11/05
Docente curso "Actividades de venda" - Carballiño (O) - Nº Oferta 975070
Deberá posuír: Licenciatura en ADE, Publicidade e RR.PP., Diplomado en Empresariais ou Ciclo Superior de Xestión Comercial e Marketing, así
como o CAP ou título de Formador Ocupacional e un ano de experiencia como dependente ou comercial.

Profesor/a de lingua inglesa - Carballiño (O) - Nº Oferta 975069
Academia precisa persoal para impartir un módulo de inglés dende o 12 ó 17 de agosto en horario de 9 a 14 horas. Imprescindible Licenciatura en
Filoloxía Inglesa ou en Tradución e Interpretación.
Comentarios (0) - Categoría: OFERTAS DE EMPREGO NA COMARCA - Publicado o 11-05-2010 13:09
# Ligazón permanente a este artigo
ACTIVIDADE CREATIVA DO MES
Os venres do mes de maio, a actividade creativa, adicaremos a práctica na realización de anels e pendentes. Na foto podemos ver algun dos deseños que as nosas artistas de entre 10 e 13 anos estan a realizar.
¡Se algunha ou algun se anima, soio tedes que pasar polo Punto de encontro de FEMURO!
Comentarios (0) - Categoría: CURSOS E ACTIVIDADES DAS ASOCIACIONS - Publicado o 07-05-2010 17:00
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal