Conectad@s ó Mundo-FEMURO


Aula Formación, Información e Asesoramento
Punto de encontro das mulleres do Rural da Comarca do Carballiño e Ribeiro, que se engloban en FEMURO.
Dende aqui se traballa para toda a poboación na busqueda da Igualdade,Empoderamento, Formación, información e Asesoramento.


relojes web gratis








Conectad@s ó Mundo
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

ADMINISTRACIÓN ELECTRONICA
Dentro do curso avanzado, realizaremos tramites electrónicos en formación para maiores:

Solicitude de cita médica (consulta ou receitas), anulación ou cambio da mesma.

Solicitude de cita na inspección técnica de vehículos (ITV).

Renovación de D.N.I.

Consulta de puntos do carne na dirección xeral de trafico.

Curso práctico.
Duración: 6 horas.
Comentarios (0) - Categoría: FORMACIÓN ALFABETIZACIÓN DIXITAL - Publicado o 31-03-2011 18:15
# Ligazón permanente a este artigo
CIMO 23/03
Empregado/a de gasolineira - Carballiño (O) - Nº Oferta 978229
Estación de servizo busca empregado/a para a atención e venda de combustibles, así como outros servizos: despacho na tenda, lavado e
aspiración de vehículos, etc. Ofrécese contrato de seis meses en quendas rotatorias intensivas, de mañá e tarde.
Coidador/
Comentarios (0) - Categoría: OFERTAS DE EMPREGO NA COMARCA - Publicado o 23-03-2011 12:41
# Ligazón permanente a este artigo
CURSOS AVANZADOS
Grupo en horario de maña en formaciónNesta semana dan comezo os cursos dixitais avanzados, para aquelas/es que xa superastes a Iniciación e o Word básico, que xa se vos queda pequeno o manexo do correo electrónico, si o messenger xa o tedes superador..... ¡animádevos!:

Word
Manexo de Redes Sociais (facebook, Tuenti....)
;

si todavía pensades que a tegnoloxía dixital non é o voso, pasade polo noso punto....

Un saúdo dende a Aula Conectad@s ó Mundo de FEMURO
Comentarios (0) - Categoría: FORMACIÓN ALFABETIZACIÓN DIXITAL - Publicado o 21-03-2011 17:52
# Ligazón permanente a este artigo
PRAZO DE INSCRICIÓN ÁS ESTADÍAS DE TEMPO LIBRE PARA MULLERES SOAS
Igualdade abre o prazo de inscrición ás estadías de tempo libre para mulleres soas con responsabilidades familiares non compartidas


A convocatoria ten coma obxectivo que as mulleres soas con menores ao seu cargo teñan un espazo de lecer. O prazo de inscrición para este programa que conta con 95 prazas remata dentro dun mes.

A secretaría xeral da Igualdade abriu hoxe o prazo para apuntarse as estadías de tempo libre para as mulleres soas con responsabilidades familiares non compartidas, que este ano realizaranse entre xuño e xullo.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou o sábado esta convocatoria que ten por obxecto facilitarlles ás mulleres que teñan fillas ou fillos menores exclusivamente ao seu cargo un espazo e un tempo desligado da súa situación habitual e no cal poidan intercambiar experiencias a través da convivencia nun espazo de lecer.

Na convocatoria de este ano hai 95 prazas para mulleres e para as fillas e/ou fillos ao seu cargo con idades comprendidas entre os 2 e os 12 anos. O praza para presentar as solicitudes remata dentro dun mes. As estadías terán unha duración de entre sete e dez días, en réxime de pensión completa, preferentemente entre finais do mes de xuño e principios do mes de xullo.

Un dos requisitos para poder participar e que teñan unha renda que, tendo en conta todos os ingresos do conxunto da unidade familiar, divididos polo número de membros que a compoñen, non supere o salario mínimo interprofesional. Ademais, deben estar domiciliadas na Comunidade Autónoma de Galicia, e no caso das mulleres estranxeiras ter permiso de residencia ou tarxeta de réxime comunitario.

Nos criterios de valoración para a adxudicación das prazas terase en conta o número de menores e de persoas dependentes ao seu cargo, se están no desemprego, os recursos económicos e a súa situación de exclusión.

Os gastos de aloxamento, manutención, monitoras e transporte desde o seu concello de orixe serán gratuítos para as persoas beneficiarias, e correran por conta da Secretaría xeral da Igualdade. Esta convocatoria está cofinanciada polo Fondo Social Europeo e polo Instituto da Muller.

Na convocatoria de 2010, participaron 37 mulleres que estiveron acompañadas polos seus fillos e fillas, en total 59 menores, con idades comprendidas entre os 2 e os 12 anos, dos que 25 eran nenos e 34 nenas. O programa realizouse entre o 28 de xuño e o 5 de xullo de 2010 nunha localidade costeira.
Comentarios (0) - Categoría: PROGRAMA DE AXUDA - Publicado o 15-03-2011 13:33
# Ligazón permanente a este artigo
CIMO 11/03
Camareiro/a
Nº da oferta 977630 Carballiño (O)
Levará a cabo tarefas de atención de clientes en barra e
mesas. Necesarios coñecementos de cociña. Ofrécese
traballo en quenda de tarde. Idade entre 25 e 45 anos.
Comentarios (0) - Categoría: OFERTAS DE EMPREGO NA COMARCA - Publicado o 11-03-2011 17:18
# Ligazón permanente a este artigo
Cea Entroido 2011



Animada cea das "Asociacions Novas Vivenzas" e "Revolta", no luns de entroido, despois a ver a Panorama.....

Música: Lucía Pérez
Comentarios (0) - Categoría: CURSOS E ACTIVIDADES DAS ASOCIACIONS - Publicado o 10-03-2011 18:22
# Ligazón permanente a este artigo
DIA DA MULLER
A todas e cada unha de vos. Polo voso traballo, a vosa loita, a vosa andaina cotiá.
A coincidencia da nosa data co entroido, non fai que esquezamos o que día a día buscamos, e que entre nos e na compaña de moitos dos homes que queren un mundo en igualdade, non digamos......¡o camiño é para os iguais!, sin disparidades, sen rencores, agardando un futuro no que os teitos sexan só aqueles que nos poñamos no noso fogar.

¡Un saúdo!.
Comentarios (0) - Categoría: OUTROS - Publicado o 09-03-2011 14:35
# Ligazón permanente a este artigo
Un video




Seguro que vos gusta!, e igual coñecedes algun dos actores, e sin duda a música de Susana Seivane
Comentarios (0) - Categoría: OUTROS - Publicado o 02-03-2011 18:14
# Ligazón permanente a este artigo
Un Video
Comentarios (0) - Categoría: CURSOS E ACTIVIDADES DAS ASOCIACIONS - Publicado o 02-03-2011 18:10
# Ligazón permanente a este artigo
Reseña en Prensa
RESEÑA NA PRENSA
Comentarios (0) - Categoría: CURSOS E ACTIVIDADES DAS ASOCIACIONS - Publicado o 01-03-2011 13:19
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal