Conectad@s ó Mundo-FEMURO


Aula Formación, Información e Asesoramento
Punto de encontro das mulleres do Rural da Comarca do Carballiño e Ribeiro, que se engloban en FEMURO.
Dende aqui se traballa para toda a poboación na busqueda da Igualdade,Empoderamento, Formación, información e Asesoramento.


relojes web gratis








Conectad@s ó Mundo
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

CIMO 25/03
Empregado/a de gasolineira - Carballiño (O) - Nº Oferta 974673
Precísase persoal para realizar tarefas de atención de clientes, recarga de combustible, cobro en caixa e mantemento e
limpeza das instalacións. Traballo a xornada completa en quendas intensivas rotativas de maña e tarde.
Comentarios (0) - Categoría: OFERTAS DE EMPREGO NA COMARCA - Publicado o 25-03-2010 18:16
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación da Presidenta de FEMURO
Este é o video de presentación para o blog de Ruraislab no que FEMURO tamén fai a súa aportacion.
PRESENTACIÓN DA NOSA PRESIDENTA
Comentarios (0) - Categoría: CURSOS E ACTIVIDADES DAS ASOCIACIONS - Publicado o 10-03-2010 16:42
# Ligazón permanente a este artigo
CIMO EMPREGO do día 10/03
Técnico/a instalador/a (Sistemas de seguridade) - Carballiño (O) - Nº Oferta 974222
Empresa de sistemas de seguridade selecciona persoal para traballar como técnico/a instalador/a. Necesaria experiencia dun ano en cableados,
valorándose no sector ou ter unha titulación relacionada coa electrónica.
Comentarios (0) - Categoría: OFERTAS DE EMPREGO NA COMARCA - Publicado o 10-03-2010 16:27
# Ligazón permanente a este artigo
CONMEMORAMOS O 8 DE MARZO
A Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense, desenvolve os actos de conmemoración do día da Muller Traballadora.
O pasado sábado as asociación de Mulleres Rurais da Comarca Carballiñesa visitaron a exposición itinerante “FIESTRAS”, a mesma atopase no Centro multifuncional e nela se poden apreciar as fotografías finalistas no I Concurso fotográfico organizado por FEMURO.
A mencionada, tivo gran aceptacion entre todas as visitantes, gratamente sorprendidas polas mesmas.
No mesmo auditorio podemos escoitar as pandeireteiras e cantareiras que amenizaron a maña e tamén parte da tarde.
Todo isto tendo en conta a conmemoración da data sinalizada para o 8 de marzo, no que tamén recordarmos a loita diaria así como as das nosas antergas e o todavía camiño a percorrer de cara os logros da igualdade.
O día continuou cun xantar de confraternidade e unha tarde no que a musica tradicional e a música moderna nos fixo pasar un día de ledicia e aprendizaxe, xa que o arte que todas levamos dentro pasa por ser o mellor bocado para a nosa cultura.
Comentarios (0) - Categoría: CURSOS E ACTIVIDADES DAS ASOCIACIONS - Publicado o 08-03-2010 13:02
# Ligazón permanente a este artigo
RECOMENDAMOS NOVO LIBRO
Vamos a ler nesta ocasión un libro pequeno, que en edición de bolsillo nos facilita podelo levar a calquer lado.

CHAMADEME SIMBAD
Resumen do mesmo:
O avó fai cousas raras. Esquécese de todo. Cámbialle o nome a todo o mundo.
Paulo o neto comprende o avó. Porque é un neno con mirada de neno. El é o único que o entende.

É un libro moi sinxelo de ler, a partir dos 12 anos, pero para os grandes é maravillosa a visión que nos da.

Recomendao: Alicia
Comentarios (0) - Categoría: LUDOTECA/ANIMACIÓN A LECTURA LIBRO/FORUM - Publicado o 01-03-2010 12:54
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal