Conectad@s ó Mundo-FEMURO


Aula Formación, Información e Asesoramento
Punto de encontro das mulleres do Rural da Comarca do Carballiño e Ribeiro, que se engloban en FEMURO.
Dende aqui se traballa para toda a poboación na busqueda da Igualdade,Empoderamento, Formación, información e Asesoramento.


relojes web gratis








Conectad@s ó Mundo
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

BO NADAL E FELIZ 2011
Foto de Luisa Lorenzo
Achégase un novo ano, no que dende FEMURO e a aula Conectad@s ó mundo, quero desexarvos o mellor para vos e os vosos.
Un saúdo agarimoso e que se cumplan os vosos soños.
Comentarios (0) - Categoría: OUTROS - Publicado o 21-12-2010 11:19
# Ligazón permanente a este artigo
LISTA DE ADMITIDOS NAS PROBAS DE COMPETENCIAS
Xa se atopan a disposición na páxina da Xunta, as listas de admitidos e excluidos ás probas de competencias Claves.

As/os alumnas/os que realizaron o curso formativo-preparatorio das mesmas, coa nosa entidade, atopanse todos admitidos.

¡Sorte!.
Comentarios (0) - Categoría: OUTROS - Publicado o 20-12-2010 18:20
# Ligazón permanente a este artigo
CIMO 13/12
Axudante de perruquería - Carballiño (O) - Nº Oferta 977318
Salón de peiteado e estética busca persoal para levar a cabo tarefas de lavado, aplicar tinguiduras, peitear, facer mechas, etc. Imprescindible
experiencia no posto de máis de tres meses.

Asesor/a de produtos financeiros - Carballiño (O) - Nº Oferta 977239
Aseguradora de ámbito nacional selecciona persoal entre 23 e 45 anos para asesoramento e venda de produtos financeiros, executando un plan
de comercio encamiñado a xestionar unha oficina comercial. Necesario carné B, formación a cargo da empresa.
Comentarios (0) - Categoría: CURSOS E ACTIVIDADES DAS ASOCIACIONS - Publicado o 13-12-2010 10:47
# Ligazón permanente a este artigo
REMATE DO CURSO FORMATIVO_PREPARATORIO DE COMPETENCIAS CLAVE
Alumnos/as na formaciónO pasado xoves, deu remate o curso organizado pola FEDERACIÓN PROVINCIAL DE MULLERES RURAIS DE OURENSE (FEMURO), Formativo-preparatorio para a obtención de competencias clave de Nivel II.
O curso desenvolto en Carballiño formou nas competencias de:
Lingua castelá
Lingua Galega
Matemáticas
Tecnolóxia.

As persoas asistentes o mesmo realizaran as probas os vindeiros días 14 e 15 de Xaneiro, no recinto feiral de Silleda.
Comentarios (0) - Categoría: CURSOS E ACTIVIDADES DAS ASOCIACIONS - Publicado o 10-12-2010 18:10
# Ligazón permanente a este artigo
CIMO 3/12
Asesor/a de produtos financeiros - Carballiño (O) - Nº Oferta 977239
Aseguradora de ámbito nacional selecciona persoal entre 23 e 45 anos para asesoramento e venda de produtos financeiros, executando un plan
de comercio encamiñado a xestionar unha oficina comercial. Necesario carné B, formación a cargo da empresa.

Comentarios (0) - Categoría: OFERTAS DE EMPREGO NA COMARCA - Publicado o 03-12-2010 17:42
# Ligazón permanente a este artigo
Grupo de mulleres en formación




Si queres participar!! Tú tamén podes ,,,¡acercate polo Punto de FEMURO en Carballiño!, aula Conectad@s ó mundo.
Comentarios (0) - Categoría: FORMACIÓN ALFABETIZACIÓN DIXITAL - Publicado o 02-12-2010 18:37
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal