Conectad@s ó Mundo-FEMURO


Aula Formación, Información e Asesoramento
Punto de encontro das mulleres do Rural da Comarca do Carballiño e Ribeiro, que se engloban en FEMURO.
Dende aqui se traballa para toda a poboación na busqueda da Igualdade,Empoderamento, Formación, información e Asesoramento.


relojes web gratis








Conectad@s ó Mundo
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Refraneiro
En xaneiro, non poñas os pés diante do compañeiro.

O vinte de xaneiro sube ó outeiro, se ves verdexar, ponte a cantar, se ves terrexar, ponte a chorar.

O día da Candeloria, metade do inverno vai fóra.

Se chove ou venta inda entra.
Que chova,q ue vente, que deixe de ventar
mitá do inverno está sen pasar.






Comentarios (0) - Categoría: RECORDOS NO TEMPO - Publicado o 28-12-2009 18:59
# Ligazón permanente a este artigo
BO NADAL
felicitacion do NadalFEMURO, desexavos un bo nadal e un feliz aninovo 2010 a todas/os.

Comentarios (0) - Categoría: CURSOS E ACTIVIDADES DAS ASOCIACIONS - Publicado o 21-12-2009 17:10
# Ligazón permanente a este artigo
OFERTAS DE cimo
Cociñeiro/a - Ribadavia - Nº Oferta 973730
Casa rural precisa persoal para realizar menús diarios e pratos á carta. Imprescindible experiencia mínima de tres anos no posto, ademais de
coñecementos de cociña tradicional española
Comentarios (0) - Categoría: OFERTAS DE EMPREGO NA COMARCA - Publicado o 18-12-2009 18:52
# Ligazón permanente a este artigo
ACTIVIDADE CREATIVA
Dende o Punto de encontro de FEMURO, a actividade Creativa deu lugar a un montón de traballos de mans das mulleres participantes na mesma.

Coa axuda dunha das nosas traballadoras e a aportación de cada unha das nosas usuarias as mostras de traballos dan fé da orixinalidade e bo facer, creando desde os tradicionais arbores de nadal para adornar os fogares nestas datas, ademais de fundas para os lentes, panos, moviles, froches.....
Comentarios (0) - Categoría: CURSOS FORMATIVOS - Publicado o 18-12-2009 18:24
# Ligazón permanente a este artigo
CONTINUAMOS TRABALLANDO DURANTE O NADAL
O punto de encontro de FEMURO en O Carballiño, permanece aberto durante as datas de Nadal, no que a Aula Conectad@s o mundo manten a formación, así como a atención para realización de curriculums ou asesoramento.

Aproveitamos para desexarvos un Bo Nadal e un feliz Ano Novo 2010.

Comentarios (0) - Categoría: CURSOS E ACTIVIDADES DAS ASOCIACIONS - Publicado o 17-12-2009 23:48
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal