Conectad@s ó Mundo-FEMURO


Aula Formación, Información e Asesoramento
Punto de encontro das mulleres do Rural da Comarca do Carballiño e Ribeiro, que se engloban en FEMURO.
Dende aqui se traballa para toda a poboación na busqueda da Igualdade,Empoderamento, Formación, información e Asesoramento.


relojes web gratis








Conectad@s ó Mundo
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

UN CONSELLO DOS AMIGOS DE CONECTA XOVE
Un consello para os maís novos, dos nosos amigos/as de Conecta Xoven





Emprega ben o tempo,,non o perdas na rede!!!.
Comentarios (0) - Categoría: FORMACIÓN ALFABETIZACIÓN DIXITAL - Publicado o 27-11-2012 18:00
# Ligazón permanente a este artigo
PROCEDEMENTO DE RECOÑECEMENTO DE EXPERIENCIA PROFESIONAL
Acreditación da Experiencia Profesional
Comentarios (0) - Categoría: OUTROS - Publicado o 26-11-2012 21:18
# Ligazón permanente a este artigo
ACTO DO 25de NOVEMBRO (FEMURO)
Comentarios (0) - Categoría: OUTROS - Publicado o 26-11-2012 19:08
# Ligazón permanente a este artigo
ACTO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Cartaz
Comentarios (0) - Categoría: OUTROS - Publicado o 23-11-2012 14:34
# Ligazón permanente a este artigo
FOTOS DAS XORNADAS DE DESENVOLVEMENTO


Fotos das Xornadas de Desenvolvemento,
Días de Aprendizaxe, traballo, rencontro e parte lúdica, nestas Xornadas.

Comentarios (0) - Categoría: OUTROS - Publicado o 21-11-2012 19:44
# Ligazón permanente a este artigo
Día Internacional das/os Nenas/os
Xa fai anos que se firmou aquel tratado internacional, que marcaba unha data de 20 de Novembro; e ainda seguen a existir nenos/as que o pasan mal, e sufren de desigualdade. Moitos sufren desnutrición, maltrato, descoido, desatención.
En pleno seculo XXI, moitos non poden chegar o estudo, e anque o indice de analfabetismo non é o mesmo que fai 20 anos, ainda se ten que facer mais.

Nun ano 2012 complicado non esquecemos, que incluso pretiño a nos, moitos pequenos sofren nestres intres, na época dos videoxogos, dos ordenadores, da comunicación, estamos lonxe de conseguir o que é un mundo xusto e igualitario.
Hoxe, e dada a data FEMURO quere ter o espazo de recordo dende os grandes os pequechos/as.
¡Impliquemonos!, nos tamén fomos nenos/as,
¡Eduquemos!, eles son o futuro.
¡Abracemos!, eles gardan cariño.
¡Observemos!, deles tamén se aprende.

Comentarios (0) - Categoría: OUTROS - Publicado o 20-11-2012 15:51
# Ligazón permanente a este artigo
I Certamen Fotográfico e frases Cortas contra a Violencia
25 de Novembro


"Contra a violencia de xénero a educación primeiro"

Non esquecemos o sufrimento de mulleres e familias que sofren a lacra da Violencia.
É importante darse conta que a pesar de todas as medidas de intervención e prevención é algo que segue a suceder, non só nun contexto de familia en situación de precariedade social (estereotipada), tamén en mulleres e familias con formación universitaria. É importante promover a solidaridade entre as mulleres e crear un contexto que garanta o apoio as víctimas.

É preciso combater a violencia con formación dende o fogar e a educación, educar en que todos somos iguais.

FEMURO e o IESnº1 do Carballiño para visibilizar a situación organizan un concurso de fotografía dixital e frases cortas para dar sinal desta data, como recordo das o que o sufrieron e se foron, e para eliminar a benda que a sociedade ten nos ollos, cando recurre a excusas para non "querer ver".
As novas xeracions, son o futuro que pode demostrar que todas as medidas tomadas dan fruto, que educamos ben, que eles o ven diferente......que esto non vai a ser noticia.
Comentarios (0) - Categoría: OUTROS - Publicado o 14-11-2012 14:05
# Ligazón permanente a este artigo
Xornadas de Desenvolvemento Rural (2012)
XORNADAS DE DESENVOLVEMENTO RURAL.
Carballiño, 17 e 18 de Novembro de 2012.



Os vindeiros días 17 e 18 de Novembro, a Federación Provincial de MM.RR de Ourense (FEMURO) organiza as Xornadas de Desenvolvemento Rural na Residencia de Tempo Libre da Xunta de Galicia en O Carballiño. Nesta xuntaza máis dun cento de mulleres de todo do rural ourensán reúnense co propósito de dar a coñecer iniciativas empresariais levadas a cabo no medio rural por mulleres emprededoras.

As Xornadas comezan o sábado día 17 coa recepción das participantes que se desprazaran dende fora da comarca para asistir as mesma, e posteriormente se reúnen nun xantar de confraternidade coas mulleres asistentes da comarca do Carballiño. A inauguración das xornadas serás as 16.30 da tarde. A continuación as disertacións sobre as “Formas de Vivir no Rural Galego”, no que escoitaremos as de Experiencias protagonizadas por dúas mulleres do rural galego, neste caso dúas experiencias levadas a cabo na provincial de Lugo.

Dna. Marta Álvarez , de “Granxa Maruxa”, e Dna. Mª Jesús Exposito de “Cooperativa Milhulloa”, ambas iniciativas, xa recoñecidas e premiadas en varias ocasións. Estas mulleres contarannos as súas experiencias de comezos duros e camiñar esperanzador, que deixan ver que unha vida no rural é sostible e posible, que o rural ten perspectivas laborais de futuro, non sen deixar loita e dubidas no camiño, sen ter tempos duros, pero, sí con pasos que como os destas mulleres demostran que o rural pode ser unha saída a tan nomeada crise.

Acabadas as disertacións seguira a rolda de preguntas, na que as mulleres participantes poderán mostras as súas dubidas, inquedanzas e reflexionarán sobre o traballado das mulleres no diario.
Rematado este acto, unha visita a Vila do Carballiño, fará visible os encantos que esta poboación pode ter para o visitante e remataremos o día cunha velada de confraternidade.

O Domingo 18 disfrutaremos dunha andaina matutina percorrendo o parque municipal e parte do Camiño do Arenteiro, nun xeito de mellorar a saúde e de animar o movemento.
Comentarios (0) - Categoría: OUTROS - Publicado o 14-11-2012 13:11
# Ligazón permanente a este artigo
DIXITALIZACIÓN
Formación en novas tecnoloxía adaptadas a cativos/as e adultos, na aula Conectad@s ó Mundo-FEMURO.
A experiencia do camiño percorrido en formación,a cantidade de usuarios/as que se acercan o punto, o tempo e o espazo de encontro, fai da aula Conectad@s ó mundo o lugar de acercamento a experiencia da tecnoloxía da comunicación, das redes socias, do mundo 2.0.
Asistencias formativas en horario matinal ou de tarde.


Comentarios (0) - Categoría: FORMACIÓN ALFABETIZACIÓN DIXITAL - Publicado o 12-11-2012 19:48
# Ligazón permanente a este artigo
MANIFESTO DO 25 de Novembro (Contra a Violencia de Xénero)



MANIFESTO 25 DE NOVEM
BRO
O día 25 de Novembro, Día Internacional para a eliminación da
violencia de xénero, entendemos que non debe ser un día só para a
análise estadística da violencia exercida contra as mulleres, debe
ser un día no que se poña ao descuberto, ante os ollos do mundo, a
auténtica cara desta LACRA SOCIAL QUE NON CESA.
Co obxectivo de denunciar e loitar contra esta lacra que, para a
humanidade é a violencia de xénero, é importante concienciar á
cidadanía do atentado contra os dereitos humanos que supón. E
coa convicción de que toda sociedade debe de facer súa a loita
contra as agresións que sofren as mulleres polo só feito de ser
mulleres.
A violencia contra as mulleres ten como obxectivo dominalas a
través de ataques a súa integridade física, psíquica e sexual.
A violencia de xénero altera as vidas das mulleres e socava a
confianza nelas mesmas, anulando a autoestima, destruíndo a
saúde e negándolles os dereitos fundamentais, entre eles, e como
última consecuencia, o dereito á vida.
A violencia contra as mulleres segue manténdose nunha sociedade
construida sobre principios de desigualdade que se manifestan
abertamente en múltiples formas.
Nós seguimos estando dispostas a acabar coa impunidade e a
complicidade dos violentos.
Dispostas a conquistar a visibilidade, a erradicar a sumisión e a
afirmarnos como seres iguais.
Dispostas a responder contundentemente contra as inxustizas, a
que as diferenzas biolóxicas non supoñan diferenzas de dereitos, a
xerar persoas capaces de dialogar.
Dispostas a manter relacións persoais onde se suprima a violencia das nosas vidas para sempre.
Comentarios (0) - Categoría: OUTROS - Publicado o 03-11-2012 01:33
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal