Conectad@s ó Mundo-FEMURO


Aula Formación, Información e Asesoramento
Punto de encontro das mulleres do Rural da Comarca do Carballiño e Ribeiro, que se engloban en FEMURO.
Dende aqui se traballa para toda a poboación na busqueda da Igualdade,Empoderamento, Formación, información e Asesoramento.


relojes web gratis








Conectad@s ó Mundo
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O punto de encontro de FEMURO

A aula Conectad@s ó Mundo de FEMURO contra a Violencia de Xénero.

O pasado 25 de Novembro dende a aula se participou nun abrazo solidario contra a Violencia exercida cara a muller.
Marcamos a data no noso punto de encontro, cos lazos violetas, clara marca dun día que esperemos teñamos que esquecer nun futuro.
Comentarios (0) - Categoría: OUTROS - Publicado o 30-11-2011 19:46
# Ligazón permanente a este artigo
Ludoteca de Nadal
Este Nadal, na Aula Conectad@s ó Mundo de FEMURO vas a ter actividades adaptadas para nenos/as dende os 6 anos ata os 12;
Horario de maña (Ingles, Informática, manualidades, lectura....xogos)....
Comentarios (0) - Categoría: LUDOTECA/ANIMACIÓN A LECTURA LIBRO/FORUM - Publicado o 30-11-2011 18:43
# Ligazón permanente a este artigo
25 de Novembro
Para lembrar a data contra a Violencia de Xénero, dende FEMURO-Carballiño,vamos a marcar o recordo daquelas que marcharon, coa música de artistas que reflexan nas súas letras a loita de homes e mulleres, contra a lacra que levou os soños de 54 mulleres de forma oficial e de 61 de forma oficiosa 61 almas, 61 improntas que marcaron pasos nesta terra, que forón fillas, amigas, naís, irmáns.....a historia de 61 mulleres que foi segada nun camiño a medio percorrer, o número de mulleres ás que lle segaron a vida no que vai do 2011.

El Huecco:


Melendi:
Comentarios (1) - Categoría: OUTROS - Publicado o 22-11-2011 23:16
# Ligazón permanente a este artigo
A PRENSA
A Región
Comentarios (0) - Categoría: CURSOS E ACTIVIDADES DAS ASOCIACIONS - Publicado o 16-11-2011 16:28
# Ligazón permanente a este artigo
RESULTADOS DAS PROBAS competencias clave
AVISO:

Tedes xa no día de hoxe os resultados das probas de competencias clave do día 29 de outubro.

http://traballo.xunta.es/portada-competencias-clave
COMPETENCIAS CLAVE
Comentarios (0) - Categoría: OUTROS - Publicado o 15-11-2011 17:12
# Ligazón permanente a este artigo
VIII FORO DA IGUALDADE (PANXÓN 2011)




Música: El arrebato

VIII Foro de FEMURO coa temática "Muller rural e violencia se xénero", que se desenvolveu na residencia do tempo libre de Panxón.
Comentarios (0) - Categoría: CURSOS E ACTIVIDADES DAS ASOCIACIONS - Publicado o 14-11-2011 23:27
# Ligazón permanente a este artigo
VIII FORO DA IGUALDADE

VIII FORO DA IGUALDADE.
Panxón, 5 e 6 novembro



Este fin de semana, os días 5 e 6 de novembro de 2011, a Federación Provincial de MM.RR de Ourense (FEMURO) organiza a oitava edición do Foro da Igualdade, que este ano ten lugar na Residencia de Tempo Libre de Panxón (Xunta de Galicia), e aglutina un total de 150 participantes das asociacions de Mulleres Rurais.
Como cada ano, este foro pretende ser un espazo de reunión entre as mulleres rurais da provincia de Ourense, e ten como finalidade visibilizar e reforzar o traballo que veñen realizando as entidades a favor da igualdade de mulleres e homes, así como mostrar e impulsar iniciativas que favorezan a igualdade real, xa que a aportación das mulleres, neste senso é imprescindible para que a igualde sexa un feito palpable.

Este ano, o seu eixe central basease na temática “Muller rural e violencia”, coa conferencia a cargo de Purificación Álvarez Villamarín da “Unidade contra a Violencia contra a muller”

Así mesmo, conxugaranse dinámicas grupais de debate sobre este tema, onde as 150 participantes coñeceranse e reflexionarán sobre o traballado durante o día. Pola noite levarase a cabo unha velada de confraternidade e degustación de productos da terra, na que as socias participantes serán as únicas protagonistas e actoras.

O domingo 6 disfrutaremos da representación teatral da obra: “Xenitais” protagonizada polo grupo Zarabanda, moi acordo co tema tratado no foro.

Comentarios (0) - Categoría: CURSOS E ACTIVIDADES DAS ASOCIACIONS - Publicado o 04-11-2011 18:00
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal