Conectad@s ó Mundo-FEMURO


Aula Formación, Información e Asesoramento
Punto de encontro das mulleres do Rural da Comarca do Carballiño e Ribeiro, que se engloban en FEMURO.
Dende aqui se traballa para toda a poboación na busqueda da Igualdade,Empoderamento, Formación, información e Asesoramento.


relojes web gratis








Conectad@s ó Mundo
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

25 de Novembro (O Por? desta data)
Irmans MirabalDía Internacional contra a Violencia de Xénero 25 NOVembro

O 25 de novembro de 1960 apareceron os cadáveres de tres mulleres dominicanas,as irmans Mirabal (Patria, Minerva y María Teresa), que formaron parte do movemento de resistencia que rematou co asesinato de Rafael Leónidas Trujillo na República Dominicana.
Estas mulleres que foron secuestradas polo Servizo de Intelixencia Militar para ser asesinadas a garrotazos e estranguladas e os seus cadáveres lanzados o abismo. Este feito causou estupor no pobo dominicano e o rechazo da opinión pública internacional, algo que provocou a o acelere na la caída do dictador.
No primero encontro Feminista Latinoamericano e do Caribe, celebrado en Bogotá, en xullo de 1981, surde a proposta de facer do 25 de novembro un día de reflexión e denuncia contra as diferentes formas de violencia que sufren as mulleres.
Posteriormente, na Conferencia Internacional da Muller celebrada do 6 o 15 de Maio de 1987 en Taunus, República Federal Alemana, analizouse a situación das mulleres, verificándose a existencia de problemas que eran consecuencia de crisis económicas, políticas, ou ben resultado da militarización e da explotación.
As participantes acordaron declarar o 25 de Noviembre como Día contra a Violencia cara as Mulleres. En 1999, a ONU dalle carácter oficial a data.
Comentarios (0) - Categoría: OUTROS - Publicado o 24-11-2010 22:35
# Ligazón permanente a este artigo
¿Quen Somos?
Cartel de presentación
Comentarios (0) - Categoría: CURSOS E ACTIVIDADES DAS ASOCIACIONS - Publicado o 22-11-2010 19:01
# Ligazón permanente a este artigo
CIMO 18/11
Axente comercial (Sector: Informática) - Carballiño (O) - Nº Oferta 977116
Precísase persoal para realizar visitas a empresas, facer presupostos e posterior venda de consumibles informáticos para
impresoras. Necesarios coñecementos informáticos a nivel usuario en Internet, Word e Excel
Comentarios (0) - Categoría: OFERTAS DE EMPREGO NA COMARCA - Publicado o 18-11-2010 18:46
# Ligazón permanente a este artigo
CELEBRACIONS DE MAGOSTOS



As asociacions de Mulleres da Comarca do Orcellón pertecentes a FEMURO, festesan os magosto compartindo conversa, viandas e troula, coa espera dun bo outono e mellor inverno.
Comentarios (0) - Categoría: CURSOS E ACTIVIDADES DAS ASOCIACIONS - Publicado o 16-11-2010 20:02
# Ligazón permanente a este artigo
Convocadas as probas de competencias Clave 2 e 3
A data de examen para os/as alumnos/as que realizan a formación coa nosa entidade e para aquelas persoas que desexen realizar as devanditas probas. A convocatoria atopase no DOG de hoxe día 8 de novembro.
Adiantamos
A levar a cabo os vindeiros 14 e 15 de Xaneiro en Silleda.

CONSELLERÍA DE TRABALLO
E BENESTAR
Resolución do 20 de outubro de 2010, da
Dirección Xeral de Formación e Colocación,
pola que se convocan as probas de
avaliación en competencias clave para
acceder aos cursos dos certificados de profesionalidade
de nivel 2 e 3 de cualificación
dentro das accións formativas de formación
profesional para o emprego na
Comunidade Autónoma de Galicia.
Comentarios (0) - Categoría: CURSOS FORMATIVOS - Publicado o 08-11-2010 18:10
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal