Conectad@s ó Mundo-FEMURO


Aula Formación, Información e Asesoramento
Punto de encontro das mulleres do Rural da Comarca do Carballiño e Ribeiro, que se engloban en FEMURO.
Dende aqui se traballa para toda a poboación na busqueda da Igualdade,Empoderamento, Formación, información e Asesoramento.


relojes web gratis








Conectad@s ó Mundo
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Ollo se vades ás probas de competencias
Tedes modificación de horario, anexo enlace.


COMPETENCIAS CLAVE
Comentarios (0) - Categoría: OUTROS - Publicado o 21-10-2011 18:13
# Ligazón permanente a este artigo
Fotos día da Muller Rural 2011

Comentarios (0) - Categoría: CURSOS E ACTIVIDADES DAS ASOCIACIONS - Publicado o 18-10-2011 18:27
# Ligazón permanente a este artigo
Cursos de Xabóns naturais e terapéuticos
Cartel anunciadorInformación nos puntos de FEMURO:

Verín: 988411390
Carballiño: 988272668
Comentarios (0) - Categoría: CURSOS FORMATIVOS - Publicado o 18-10-2011 16:45
# Ligazón permanente a este artigo
LISTA DE ADMITIDOS NAS PROBAS DE COMPETENCIAS
Enlace a listaxe de admitidos/as ás probas:

Listaxe de Admitidos/as


Recordade: Tedes de prazo para reclamar ata o día 17.
Comentarios (0) - Categoría: OUTROS - Publicado o 11-10-2011 19:11
# Ligazón permanente a este artigo
Día da Muller Rural en Allariz

Celebrase en Allariz o Día da Muller Rural


07/10/2011.- AXENDA DE ACTIVIDADES
A Asociación de Mulleres Rurais “Silvardeira” organiza este ano, xunto co Concello de Allariz, o acto de celebración do “Día Muller Rural”. Nesta ocasión, máis de 400 mulleres de todas as comarcas da provincia de Ourense, pertencentes a distintas Asociacións de Mulleres Rurais e integradas na Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense (FEMURO), visitarán a localidade de Allariz o sábado 8 de outubro, con motivo da conmemoración desta data.

As actividades comezarán ás 11:00 h. coa chegada das Asociacións ao Campo da Barreira, tras a recepción visitarán o pobo de Allariz guiadas polas socias da “Silvardeira” e acudirán ao Festival Internacional de Xardins 2011. A continuación terá lugar unha comida de confraternidade no restaurante do Fogar do Maior, comida que estará amenizada polas actuacións do Coro de Mulleres de Allariz e un grupo de gaiteiros. No acto tamén estarán presentes o alcalde de Allariz, a presidenta de Femuro e a presidenta da Asociación de Mulleres Rurais “Silvardeira”.

O “Día da Muller Rural” conmemora a loita da muller pola súa participación na sociedade en todos os ámbitos, pretende facer visible o papel das mulleres rurais no desenvolvemento económico e social do medio rural así como na promoción da igualdade de oportunidades. A escasa valorización da súa contribución o desenvolvemento dos nosos pobos é a principal fonte de discriminación que sufren as mulleres que pertencen o medio rural, por iso trátase tamén de recordarlle os gobernos que a necesidade de políticas públicas encamiñadas a potenciar e visibilizar as súas capacidades, e hoxe unha obriga mundialmente recoñecida.

Tamén é un obxectivo o visivilizar o medio rural a través da visita de todas as participantes o pobo de Allariz, coñecendo de primeira mao, das mulleres que alí viven, a beleza que ten o rural e as inciativas que levan a cabo.
Comentarios (0) - Categoría: CURSOS E ACTIVIDADES DAS ASOCIACIONS - Publicado o 09-10-2011 21:53
# Ligazón permanente a este artigo
Oferta de emprego en Ribadavia
MONITORA DE COMEDOR (INFOJOBS)

Descripción

Puesto vacante: MONITOR/A COMEDOR Y PATIO SOLO MARTES
Categorías:
Educación y formación - Enseñanza
Número de vacantes: 1
Descripción de la oferta: Precisamos incorporar monitor/a comedor para centro escolar situado en carballiño para apoyo solo los martes de 14.00-17.00
Sus funciones principales entre otras serán:
- Cuidado y atención del grupo de niños asignado
- Fomentar pautas de buen comportamiento en la mesa y de alimentación
- Participar en las actividades programadas
- Informar a la/el responsable del comedor de cualquier incidencia
Comentarios (0) - Categoría: OFERTAS DE EMPREGO NA COMARCA - Publicado o 04-10-2011 15:26
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal