|
|
|
Xornadas sobre o medio rural Galego no século XXI |
|
Os días 5,6 e 7 de Novembro celebrase en Verin unhas xornadas organizadas por FEMURO e a UNED de 15 horas de duración e coa aprobación de 1 credito de libre configuración.
Prazo de inscripción ata o vindeiro luns, anexamos boletin. |
|
|
|
CHARLAS DE CONSUMO EN RIBADAVIA |
|
As mulleres das asociacions da Comarca Carballiñesa, asisten en Ribadavia a unha xornada organizada pola asociación de Consumidores e usuarios do Ribeiro.
Os autocares teran saidas dos puntos de costume as 16:00 horas. |
|
|
|
|
|
Pequena reseña na Prensa da Comarca |
|
|
|
Día da Muller Rural (MASIDE 2009) |
|
O pasado sábado tivo lugar a celebración de conmemoración do día da Muller Rural no pobo de Maside. Todas as asociacions que se enmarcan dentro de FEMURO, e que cada ano deciden de forma asamblearia onde se vai a desenvolver e o pobo que neste caso van a coñecer, aquelas mulleres que queren participar na xuntanza.
A asociación de Mulleres Rurais Sta. Agueda, foi a anfitriona que ca súa presidenta Benilde, permitiu coñecer o Pobo e agasallou a todas as mulleres (370), con un chocolate e bizcoito. Tendo sempre a colaboración de FEMURO, a do propio Concello e a Diputación Provincial.
Alegrou a maña co grupo de Gaitas Xalundres. que recibiu a todas as mulleres na praza maior de Maside. |
|
|
|
CONMEMORACIÓN DÍA DA MULLER RURAL |
|
A prensa fai unha indicación da conmemoración do día da Muller traballadora, actividade organizada pola Asociación de Mulleres rurais Sta. Agueda de Maside, que se integra dentro da Federación provincial de mulleres rurais de Ourense
|
|
|
|
A MENCIÑA E A COCIÑA DA NOSA AVÓA |
|
Curso lúdico-formativo para todas as participantes da asociación "Novas Vivenzas" que se vai a desenvolver en xornadas de tarde, con 3 hora de formación en modo práctico, nos locais da asociación, tendo comezó o vindeiro xoves dia 22,con un total de 30 horas de formación no ambito da menciña natural e a cociña do aforro.
Nel, tamén se van a levar a cabo a recopilación de receitas e realización das mesmas.
O proxecto formativo recibe subvención da Conselleria de Traballo e Benestar, dentro do programa de Promoción de actividades. |
|
|
|
CONCURSO FOTOGRÁFICO DE FEMURO (entrade no blog) |
|
 |
|
|
|
DÍA DAS MULLERES RURAIS |
|
HOXE É O DÍA DE TODAS AS MULLERES QUE VIVIMOS E LOITAMOS POLO RURAL, QUE ADMIRAMOS A VIDA DAS NOSAS ANTERGAS E LOUBAMOS A MARAVILLA E BELEZA DAS TERRAS; LONXE DE FRONTEIRAS E DICOTOMIAS "AMIGAS HOXE É O NOSO DÍA" |
|
|
|
PROGRAMA DE APOIO A FAMILIAS MONOMARENTAIS E MONOPARENTAIS |
|
Se es unha persoa soia con cargas e:
Tes que acudir a un traballo.
Tes que resolver un problema en dependencias de calquera institución.
Tes que atender a familiares que se atopen hospitalizados, ou asistir a un curso de formación.
Servizo gratuito
Ollear blog femuro: http://www.blogoteca.com/femuro/ |
|
|
|
Oferta de emprego en CIMO |
|
Auxiliar Administrativo/a - Carballiño (O) - Nº Oferta 973029
Realizará tarefas de preparación, impresión e encuadernación de documentación requerida en concursos públicos, organización e arquivo de
documentación, xestión externa con organismos, etc. Necesaria experiencia en pregos de Administracións Públicas. |
|
|
|
|
|
|