Conectad@s ó Mundo-FEMURO


Aula Formación, Información e Asesoramento
Punto de encontro das mulleres do Rural da Comarca do Carballiño e Ribeiro, que se engloban en FEMURO.
Dende aqui se traballa para toda a poboación na busqueda da Igualdade,Empoderamento, Formación, información e Asesoramento.


relojes web gratis








Conectad@s ó Mundo
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

CIMO 28/01/2011
Axente comercial (Sector: Madeira)
Nº da oferta 977641

Carballiño (O)
Precísase persoal con experiencia en vendas para
encargarse da comercialización e venda dos produtos
dunha fabrica de madeira (tarima, vigas, etc.). Realizará
visitas a almacéns do sector e grandes consumidores
situado en Galicia e o norte de España.

Coidador/a de persoas maiores (Interno/a) - Maside - Nº Oferta 977706
Realizará tarefas de limpeza, cociña, acompañamento dunha persoa maior válida, etc. Imprescindible experiencia no posto. Necesario permiso de
conducir e vehículo propio.

Asesor/a de produtos financeiros - Carballiño (O) - Nº Oferta 977585
Aseguradora de ámbito nacional selecciona persoal entre 23 e 45 anos para asesoramento e venda de produtos financeiros, executando un plan
de comercio encamiñado a xestionar unha oficina comercial. Necesario carné B, formación a cargo da empresa.
Comentarios (0) - Categoría: OFERTAS DE EMPREGO NA COMARCA - Publicado o 28-01-2011 17:22
# Ligazón permanente a este artigo
SUBVENCIÓNS
CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

Orde do 30 de decembro de 2010 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión de subvencións a entidades de iniciativa social para o mantemento e a promoción de actividades e programas na área de servizos sociais comunitarios e se procede á súa convocatoria para o ano 2011.
Comentarios (0) - Categoría: OUTROS - Publicado o 26-01-2011 19:18
# Ligazón permanente a este artigo
SUBVENCIONS
Subvencións a asociacións, fundacións e entidades culturais sen ánimo de lucro para equipamento e mellora dos seus locais
CONSELLERÍA DE CULTURA
E TURISMO


Orde do 3 de xaneiro de 2011 pola que se
establecen as bases reguladoras para a
concesión, en réxime de concorrencia competitiva,
de subvencións a asociacións, fundacións
e entidades culturais sen ánimo de
lucro para o equipamento e a mellora dos
seus locais, e se procede á súa convocatoria
para o ano 2011, co cofinanciamento de
Fondos Feder
Comentarios (0) - Categoría: OUTROS - Publicado o 26-01-2011 18:45
# Ligazón permanente a este artigo
MAIS CANTIGAS
Nunca lle digas á moza
que é máis que todas bonita, que lle
entra cobiza doutro, e ti quedas
fumando en pipa.

Si queres saber mociño, o namorar como é,
chiscalle o ollo dereito
pisalle a punta do pé.


Pasas o día brincando
como anda o grao na peneira,
cando pares de brincar,
non vas a ter quen te queira.

Casa chea de fiestras
mal pode gardar o frío.
A un galán de moitas damas,
ándalle a voar o sentido.


Non digas que vai dereito
o cravo que torto entrou,
non digas que é carpinteiro o
que nunca táboa labrou.

María Alicia ten xuiciño,
non brinques tanto con ollos,
se non tes amor pra un,
como as telo para todos.

Non te poñas tan contento
que cada un sabe o seu,
ves o lixo nos meus ollos,
non ves a tranca nos teus.
Comentarios (0) - Categoría: RECORDOS NO TEMPO - Publicado o 25-01-2011 18:57
# Ligazón permanente a este artigo
CIMO 24/01
Camareiro/a - Carballiño (O) - Nº Oferta 977630

Levará a cabo tarefas de atención de clientes en barra e mesas. Necesarios coñecementos de cociña. Ofrécese traballo en quenda de tarde.
Idade entre 25 e 45 anos.
Comentarios (0) - Categoría: OFERTAS DE EMPREGO NA COMARCA - Publicado o 24-01-2011 18:07
# Ligazón permanente a este artigo
CIMO 21/01
Axente comercial (Sector: Madeira) - Carballiño (O) - Nº Oferta 977641
Precísase persoal con experiencia en vendas para encargarse da comercialización e venda dos produtos dunha fabrica de madeira (tarima, vigas,
etc.). Realizará visitas a almacéns do sector e grandes consumidores situado en Galicia e o norte de España
Comentarios (0) - Categoría: OFERTAS DE EMPREGO NA COMARCA - Publicado o 21-01-2011 13:55
# Ligazón permanente a este artigo
AXUDA A MULLERES EMPRENDEDORAS
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a convocatoria da Secretaría Xeral da Igualdade para a solicitude de subvencións para o apoio ao emprendemento feminino, o denominado programa Emega, para o ano 2011, que conta cun orzamento de 687.500 euros e esta cofinanciado polo Fondo Social Europeo.

As medidas de fomento ás iniciativas empresariais promovidas por mulleres e que pretenden a promoción do autoemprego constitúen actuacións eficaces para a xeración de emprego, repercutindo tamén na redución da taxa de paro feminino, que certamente segue sendo máis elevada que a dos homes, e favorecendo a desaparición das diferencias existentes aínda entre o número de emprendedores, moito máis elevado, e o de emprendedoras. Estas medidas, no contexto de crise económica actual, cobran especial relevancia, polo que resulta obrigado fomentalas por parte da administración en xeral e particularmente por parte dos departamentos responsables da igualdade entre mulleres e homes.

O programa Emega é un programa de estímulo ás mulleres emprendedoras, apoiándoas mediante a concesión dunha serie de axudas económicas para que se establezan como empresarias e deste xeito acaden a súa propia promoción e contribúan á creación de postos de traballo.

A Secretaría Xeral da Igualdade modificou a convocatoria este ano para adaptala ás necesidades especiais que a situación económica demanda.

As axudas convocadas están destinadas a apoiar o emprendemento feminino e a consolidación de proxectos empresariais liderados por mulleres como medio axeitado para a súa promoción, participación e progresión no mercado laboral, a través de dúas liñas de actuación. (Ir a enlace de IGUALDADE)mais información
Comentarios (0) - Categoría: PROGRAMA DE AXUDA - Publicado o 18-01-2011 18:52
# Ligazón permanente a este artigo
Lectura
Fai moito que non recomendamos nada para ler. Que vos parece El capital Alatriste de Arturo Perez Reverte?

Vamos a tentar que está novela nos enrede na historia dun Madrid do século XVII. As aventuras dun espadachín a soldo, desventuras, loitas.....
Comentarios (0) - Categoría: LUDOTECA/ANIMACIÓN A LECTURA LIBRO/FORUM - Publicado o 18-01-2011 18:23
# Ligazón permanente a este artigo
A PRENSA
La Voz de Galicia

La Región
cope carballiño
Comentarios (0) - Categoría: CURSOS E ACTIVIDADES DAS ASOCIACIONS - Publicado o 13-01-2011 10:33
# Ligazón permanente a este artigo
NOVA TEMPADA
O punto de encontro de FEMURO en Carballiño, e a Aula Conectad@s ó mundo, comeza hoxe día 10 de xaneiro a nova tempada formativa de alfabetización dixital. Os cursos son adaptados ás idades dos distintos usuarios/as dende os 5 anos en adiante, fomentando o desenvolvemento nas novas tecnoloxías, facilitando o manexo das mesmas, cunha mecánica formativa sinxela.
FEMURO manten sempre o contacto coas asociacions de mulleres do rural e tenta mellorar e levar a cabo os distintos programas de axuda en beneficio da población realizando un acercamento formativo, informativo e o asesoramento na creación de emprego, na orientación e busqueda do mesmo, na atención a persoas en risgo de exclusión social con cursos formativos que melloren a súa integración como o levado a cabo de preparación as competencias clave; no coidado e axuda a nais e pais de familias monoparentais, a nais xestantes ou lactantes....etc.
Na nova andaina do ano 2011, FEMURO vai a manter a súa premisa de mellora, recoñecemento, de desenvolvemento do medio rural da provincia, prestando a atención na súa sede de Verin e O Carballiño.
Comentarios (0) - Categoría: FORMACIÓN ALFABETIZACIÓN DIXITAL - Publicado o 10-01-2011 17:23
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal