Conectad@s ó Mundo-FEMURO


Aula Formación, Información e Asesoramento
Punto de encontro das mulleres do Rural da Comarca do Carballiño e Ribeiro, que se engloban en FEMURO.
Dende aqui se traballa para toda a poboación na busqueda da Igualdade,Empoderamento, Formación, información e Asesoramento.


relojes web gratis








Conectad@s ó Mundo
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

PRAZO DE INSCRICIÓN ÁS ESTADÍAS DE TEMPO LIBRE PARA MULLERES SOAS
Igualdade abre o prazo de inscrición ás estadías de tempo libre para mulleres soas con responsabilidades familiares non compartidas


A convocatoria ten coma obxectivo que as mulleres soas con menores ao seu cargo teñan un espazo de lecer. O prazo de inscrición para este programa que conta con 95 prazas remata dentro dun mes.

A secretaría xeral da Igualdade abriu hoxe o prazo para apuntarse as estadías de tempo libre para as mulleres soas con responsabilidades familiares non compartidas, que este ano realizaranse entre xuño e xullo.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou o sábado esta convocatoria que ten por obxecto facilitarlles ás mulleres que teñan fillas ou fillos menores exclusivamente ao seu cargo un espazo e un tempo desligado da súa situación habitual e no cal poidan intercambiar experiencias a través da convivencia nun espazo de lecer.

Na convocatoria de este ano hai 95 prazas para mulleres e para as fillas e/ou fillos ao seu cargo con idades comprendidas entre os 2 e os 12 anos. O praza para presentar as solicitudes remata dentro dun mes. As estadías terán unha duración de entre sete e dez días, en réxime de pensión completa, preferentemente entre finais do mes de xuño e principios do mes de xullo.

Un dos requisitos para poder participar e que teñan unha renda que, tendo en conta todos os ingresos do conxunto da unidade familiar, divididos polo número de membros que a compoñen, non supere o salario mínimo interprofesional. Ademais, deben estar domiciliadas na Comunidade Autónoma de Galicia, e no caso das mulleres estranxeiras ter permiso de residencia ou tarxeta de réxime comunitario.

Nos criterios de valoración para a adxudicación das prazas terase en conta o número de menores e de persoas dependentes ao seu cargo, se están no desemprego, os recursos económicos e a súa situación de exclusión.

Os gastos de aloxamento, manutención, monitoras e transporte desde o seu concello de orixe serán gratuítos para as persoas beneficiarias, e correran por conta da Secretaría xeral da Igualdade. Esta convocatoria está cofinanciada polo Fondo Social Europeo e polo Instituto da Muller.

Na convocatoria de 2010, participaron 37 mulleres que estiveron acompañadas polos seus fillos e fillas, en total 59 menores, con idades comprendidas entre os 2 e os 12 anos, dos que 25 eran nenos e 34 nenas. O programa realizouse entre o 28 de xuño e o 5 de xullo de 2010 nunha localidade costeira.
Comentarios (0) - Categoría: PROGRAMA DE AXUDA - Publicado o 15-03-2011 13:33
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal