Conectad@s ó Mundo-FEMURO


Aula Formación, Información e Asesoramento
Punto de encontro das mulleres do Rural da Comarca do Carballiño e Ribeiro, que se engloban en FEMURO.
Dende aqui se traballa para toda a poboación na busqueda da Igualdade,Empoderamento, Formación, información e Asesoramento.


relojes web gratis








Conectad@s ó Mundo
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

COÑECER INICIATIVAS NO RURAL E CAMIÑAR POR LUCUS AUGUSTI

Verín, 21 de Marzo 2013

Amigas:

Motivadas polas iniciativas das que tivemos conta nas pasadas “Xornadas de desenvolvemento rural” argalladas por FEMURO no Carballiño (2012), e vivir de preto as iniciativas emprendedoras das mesmas, VAMOS VISITAR GRANXA MARUXA en (Monterroso) e completar o día coa visita a cidade LUCUS AUGUSTI (LUGO) como actividade cultural e de aprendizaxe da cultura da terra.

O desprazamento será, o vindeiro 27 de abril emprazámosvos para coñecer a comarca da Ulloa e visitar a Granxa Maruxa, unha Granxa de vacas ecolóxica, con imaxe renovadora e cun encanto particular, o proceso de elaboración das recoñecidas “Maruxas de Nata”.
Coñeceremos despois dunha comida de confraternidade e ledicia no Restaurante “Porta de Santiago”, a marabillosa cidade de Lugo, cunha visión acompañada de preto polos Guías oficiais da emblemática cidade Galega.

Na xornada poderán participar 12 persoas por cada Asociación (se dalgunha asociación desexan participar máis deste numero, comunicádenolo e pasarán á reserva, e no caso de que haxa espazo, poderemos incluílas). Temos prazas limitadas.



PROGRAMA PROVISIONAL


Sábado, 27 de abril

08.30 h._Saída de Verín ( a concretar as demais paradas)
10.00 h.- Parada para café
11.30 h. _ Chegada Granxa Maruxa e Visita as instalacións
13.30 h._Saída para Lugo
14.30 h. _ Xantar (Restaurante “Porta de Santiago”)
16.00 h. _ Visita Lugo con Guía Oficial.
19.00 h_ Volta para casa







Comentarios (0) - Categoría: OUTROS - Publicado o 25-03-2013 16:28
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal