Aula Formación, Información e Asesoramento |
|
Punto de encontro das mulleres do Rural da Comarca do Carballiño e Ribeiro, que se engloban en FEMURO.
Dende aqui se traballa para toda a poboación na busqueda da Igualdade,Empoderamento, Formación, información e Asesoramento.
|
|

|
Conectad@s ó Mundo |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Día da Muller Rural en Allariz |
|
Celebrase en Allariz o Día da Muller Rural
07/10/2011.- AXENDA DE ACTIVIDADES
A Asociación de Mulleres Rurais ?Silvardeira? organiza este ano, xunto co Concello de Allariz, o acto de celebración do ?Día Muller Rural?. Nesta ocasión, máis de 400 mulleres de todas as comarcas da provincia de Ourense, pertencentes a distintas Asociacións de Mulleres Rurais e integradas na Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense (FEMURO), visitarán a localidade de Allariz o sábado 8 de outubro, con motivo da conmemoración desta data.
As actividades comezarán ás 11:00 h. coa chegada das Asociacións ao Campo da Barreira, tras a recepción visitarán o pobo de Allariz guiadas polas socias da ?Silvardeira? e acudirán ao Festival Internacional de Xardins 2011. A continuación terá lugar unha comida de confraternidade no restaurante do Fogar do Maior, comida que estará amenizada polas actuacións do Coro de Mulleres de Allariz e un grupo de gaiteiros. No acto tamén estarán presentes o alcalde de Allariz, a presidenta de Femuro e a presidenta da Asociación de Mulleres Rurais ?Silvardeira?.
O ?Día da Muller Rural? conmemora a loita da muller pola súa participación na sociedade en todos os ámbitos, pretende facer visible o papel das mulleres rurais no desenvolvemento económico e social do medio rural así como na promoción da igualdade de oportunidades. A escasa valorización da súa contribución o desenvolvemento dos nosos pobos é a principal fonte de discriminación que sufren as mulleres que pertencen o medio rural, por iso trátase tamén de recordarlle os gobernos que a necesidade de políticas públicas encamiñadas a potenciar e visibilizar as súas capacidades, e hoxe unha obriga mundialmente recoñecida.
Tamén é un obxectivo o visivilizar o medio rural a través da visita de todas as participantes o pobo de Allariz, coñecendo de primeira mao, das mulleres que alí viven, a beleza que ten o rural e as inciativas que levan a cabo. |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|