Conectad@s ó Mundo-FEMURO


Aula Formación, Información e Asesoramento
Punto de encontro das mulleres do Rural da Comarca do Carballiño e Ribeiro, que se engloban en FEMURO.
Dende aqui se traballa para toda a poboación na busqueda da Igualdade,Empoderamento, Formación, información e Asesoramento.


relojes web gratis








Conectad@s ó Mundo
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

CURSOS DA ESCOLA POPULAR
Por si tedes interes en realizar algún destes cursos:

Acordeón, Pandeireta, Canto, Baile, Encaixe de bolillos; a Escola Popular vai a realizalos no Casino cultural do Carballiño.
Pomos o cartel.
Nembargantes, tamén podedes contactar con nos si precisades de axuda ou queredes facer un grupo nas asociacions, vos pasamos o contacto cos monitores.
Comentarios (0) - Categoría: CURSOS FORMATIVOS - Publicado o 29-01-2013 19:54
# Ligazón permanente a este artigo
INTERESADOS NO CELGA IV
Si estades interesados/as na preparación do CELGA IV, vos podedes apuntar con nome, apelidos, DNI e un teléfono, no punto de FEMURO no Carballiño, ata o día 23 do corrente.

Rúa Castelao nº15
Comentarios (0) - Categoría: CURSOS FORMATIVOS - Publicado o 10-01-2013 19:41
# Ligazón permanente a este artigo
CELGAS
RESOLUCIÓN do 27 de decembro de 2012, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se anuncian, con carácter voluntario e gratuíto, cursos de lingua galega preparatorios para as probas dos niveis Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4, para particulares (adultos) e colectivos de Galicia, no ano 2013 (ED104B e ED104D).


Convocatoria de CELGA
Comentarios (0) - Categoría: CURSOS FORMATIVOS - Publicado o 07-01-2013 10:43
# Ligazón permanente a este artigo
CURSOS DE GALEGO - CELGA
ORDE do 7 de agosto de 2012 pola que se convocan, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, Celga, que se realizarán nos períodos e nas escolas oficiais de idiomas de Galicia que se indican.

CliKade no ENLACE
Comentarios (0) - Categoría: CURSOS FORMATIVOS - Publicado o 22-08-2012 13:23
# Ligazón permanente a este artigo
RESULTADOS DO CELGA
Noraboa a todos/as os aptos/as nas probas do CELGA, enlaces para ver os resultados:

CELGA II

CELGA III

CELGA IV


RECORDADE OS TEMPOS DE RECLAMACIONS, SI FOSE O CASO.
Comentarios (0) - Categoría: CURSOS FORMATIVOS - Publicado o 31-07-2012 12:43
# Ligazón permanente a este artigo
CURSO DE TALLADO DE CRISTAL E ESPELLO
TraballosA Asociación de Mulleres Rurais Novas Vivenzas, esta a desenvolver na Aula Conectad@s ó Mundo/Femuro, un curso de tallado de cristal e espello, en horario matinal todos os venres.

Aplicacions en Espello e Cristal con punta de Diamante e fresa.
Comentarios (2) - Categoría: CURSOS FORMATIVOS - Publicado o 08-06-2012 11:38
# Ligazón permanente a este artigo
Listado Provisional (admitidos o CELGA IV)
Poñemos o enlace dos listado provisional das probas do Celga IV, para a provincia de OUrense.

clikade no enlace
LISTADO PROVISIONAL
Comentarios (0) - Categoría: CURSOS FORMATIVOS - Publicado o 09-05-2012 18:30
# Ligazón permanente a este artigo
CORREO ELECTRONICO
Curso de iniciación a Rede Internet
Duración do curso: 20 horas


Contido:

Navegadores.
Servidor.
Rexistro en servidor.
Manexo do correo (escrito,recibo,adxuntos, contactos.....)
Lectura de periódicos dixitais.
Solicitude de cita
(DNI, ITV...)etc



Atención personalizada.

Aula Conectad@s ó Mundo/FEMURO
Comentarios (0) - Categoría: CURSOS FORMATIVOS - Publicado o 09-04-2012 13:42
# Ligazón permanente a este artigo
CELGA IV
A aula “Conectad@s ó Mundo”, punto de encontro da Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense:
Comunica a todos/as os/as interesados/as inscritos/as na formación para o curso preparatorio do CELGA IV de Lingua Galega, que despois de presentada solicitude, o devandito foi concedido pola Secretaria xeral de Política lingüística a través da súa delegación territorial en Ourense.
A formación terá comezo o día 19 (luns) do mes en curso, en horario de mañá, de 10.30 a 12.30.
O curso Celga IV, desenvolverase de luns a xoves no Centro Comarcal do Carballiño, dende o día 19 de marzo ata o 21 de maio con unha duración de 70 horas formativas, indicadas para os exames a realizar no mes de xuño.
Para poder presentarse a ditos exames o prazo de solicitudes remata o vindeiro 3 de Abril.
As persoas interesadas, que non se inscribiran con anterioridade na formación, e desexen participar na mesma, deben acercarse ó punto de encontro da entidade na rúa Castelao nº15.
Comentarios (0) - Categoría: CURSOS FORMATIVOS - Publicado o 06-03-2012 17:17
# Ligazón permanente a este artigo
Remate do II Curso de Competencias clave de Nivel II
Deuse por finalizado o día 9 de decembro o curso de formación en competencias clave de Nivel II, proxecto que FEMURO realizou en segunda ocasión; que se desenvolveu no Carballiño entre o 3 de outubro e o 9 de decembro, con un total de 154 horas formativas, asignados a 44 días.
Formación necesaria para obtención dos correspondentes certificados de profesionalidade si non se está en posesión de 2º da ESO.
Rematando un total de 11 persoas e formandose nas competencias de:
Lingua Galega
Lingua Castelá
Matemáticas
Dixital
Tecnoloxía

O proxecto se realizou en colaboración coa oficina comarcal do II Plan de Inclusión contando cos fondos de axuda do Fondo Social Europeo e a Secretaría Xeral de Política Social.
Damos a noraboa a todos os que no examen do 29 de outubro superastes as probas de competencias básicas y esperamos que obteñades vos resultados nas restantes. ¡Animandovos a que continuedes formandovos! e dandovos as grazas pola vosa actitude.
Comentarios (0) - Categoría: CURSOS FORMATIVOS - Publicado o 12-12-2011 18:50
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3]
© by Abertal