Conectad@s ó Mundo-FEMURO


Aula Formación, Información e Asesoramento
Punto de encontro das mulleres do Rural da Comarca do Carballiño e Ribeiro, que se engloban en FEMURO.
Dende aqui se traballa para toda a poboación na busqueda da Igualdade,Empoderamento, Formación, información e Asesoramento.


relojes web gratis








Conectad@s ó Mundo
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

CANTIGAS
CANTIGAS
(Recollidas na Asoc. Novas Vivenzas)

A vida do carreteiro,
non hai vida como ela,
a semás no camiño
o domingo na taberna.


O ferreiro foi á misa
non soubo decir o credo,
cando tocaron a santos
acordóuselle o martelo.

Canteiros e carpinteiros,
da Vila de Pontevedra
aquí falta unha rapaza,
tendes que dr conta dela.

Un cesteiro anda tras min
eu fuxindo do cesteiro,
ando co feixe das varas
e por non tentar ao demo.

Mariquiña tecedeira
namorada dun galán,
ten un pé na prendedeira
e a lanzadeira na man.
Comentarios (0) - Categoría: RECORDOS NO TEMPO - Publicado o 12-01-2012 18:49
# Ligazón permanente a este artigo
MAIS CANTIGAS
Nunca lle digas á moza
que é máis que todas bonita, que lle
entra cobiza doutro, e ti quedas
fumando en pipa.

Si queres saber mociño, o namorar como é,
chiscalle o ollo dereito
pisalle a punta do pé.


Pasas o día brincando
como anda o grao na peneira,
cando pares de brincar,
non vas a ter quen te queira.

Casa chea de fiestras
mal pode gardar o frío.
A un galán de moitas damas,
ándalle a voar o sentido.


Non digas que vai dereito
o cravo que torto entrou,
non digas que é carpinteiro o
que nunca táboa labrou.

María Alicia ten xuiciño,
non brinques tanto con ollos,
se non tes amor pra un,
como as telo para todos.

Non te poñas tan contento
que cada un sabe o seu,
ves o lixo nos meus ollos,
non ves a tranca nos teus.
Comentarios (0) - Categoría: RECORDOS NO TEMPO - Publicado o 25-01-2011 18:57
# Ligazón permanente a este artigo
CANTIGAS
Naiciñas casade as fillas,
mentres ten bo parecer
pois non son herbas do prado
que vallan ao envellecer.



Terche pouco non convén,
tampoudo convén ter moito,
pero compre por eso ter:
seica moito, seica pouco.

Botas túas contas na casa.
Non as leves ao concello
que uns han de decir branco
outros han de decir negro.

Un contro decirche quero:
é que si a América vas
traerás bon que decir
pero pouco que contar.

Os ollos dinme que chore,
o corazón de que non,
eu non sei xa a quen dar creto,
olliños ou corazón.
Comentarios (0) - Categoría: RECORDOS NO TEMPO - Publicado o 25-08-2010 19:32
# Ligazón permanente a este artigo
REFRANEIRO
Letra caligraficaPola Santqa Lucía, tan longa a noite coma o día.

Se matas o porco polas navidades, que non o sepan as túas amizades.

Se o que mata o porco é o veciña, procura topalo polo camiño.

Comentarios (0) - Categoría: RECORDOS NO TEMPO - Publicado o 25-08-2010 19:29
# Ligazón permanente a este artigo
ADIVIÑAS
Que cousa é:
que ten o pan no cu
e merda na boca.




Cousiña cousa,
que cando vai ó monte mira pra casa
e cando vai pra casa,
mira pro monte.


Cando vai pro monte
vai engruñado,
e volve pra casa
e ven estirado

Ven ó meus brazos
¡prenda!,
que te quero moito
Comentarios (0) - Categoría: RECORDOS NO TEMPO - Publicado o 25-08-2010 19:26
# Ligazón permanente a este artigo
REFRANEIRO
-Dichoso mes, que empeza con Santos e acaba en San Andrés.

-Santos e Nadal inverno caroal.

-En Santos todos so bexancos.

-Antes cae un mentiroso que cae un coxo.

-Atodo hai quen gañe.

-A vellez é como a nenez.

-Unha vez vello, tres veces crío.

-Ano de nevadas, ano de anadas.

-Chegadas as nove, déitate home.

-Tras de ti virá, quen bo te fará.

-Burro grande, ande ou non ande.

-Es revirado coma pau de carballo.

-O vello vai morrendo e vai aprendendo.

-O que un non quere, outro cho a querer.

-Polo San Blas hora e media máis.
Polo San Martiño, tes que matar o porquiño.
Pola Santa Lucía, tan longa a noite como o día.


-San Migueliño das uvas, tarde vés e pouco duras.

-En maio, para cinco días o arado.

-Febreiro é curto cos seus vinteoito, si tivera mais catro, non queda nin can ni gato
Comentarios (0) - Categoría: RECORDOS NO TEMPO - Publicado o 21-05-2010 18:30
# Ligazón permanente a este artigo
REFRANEIRO
Marzo pelarzo, abril penduril.

Abril augas mil.

Abril chuvioso, marzo ventoso fan a maio florido e fermoso.

Hasta o 40 de maio non quites o saio.

En Maio inda a vella queima o tallo.

En San Xuan sécalle unha raíz o pan.
En San Pedro a do medio.
En Santa Ana se non madurou que madurara.
En Santigo pinga o bajo.

En Agosto está o inverno detrás do coto.

En Agosto enfría o rostro.
Comentarios (0) - Categoría: RECORDOS NO TEMPO - Publicado o 05-05-2010 12:13
# Ligazón permanente a este artigo
Cantigas
O home cando se casa
debe rezas unha vez,
cando vai á guerra dúas,
e cando se embarca tres.


Gabarte de señorito,
podes perder o costume,
que xa che alcuman na fonte:
Pouco lume e moito fume.

Palabriñas, palabriñas,
todo se volven palabras.
Si busca algo con elas,
saenches as contas furadas.

Pensa moito e fala pouco,
que o moito falar é vicio
e o dar palabras ó vente
é sementar no camiño.

Gustar, gústanme as morenas
pero tocante a casarme
miña nai sabe un refrán,
¡O boi solto ben se lambe!

Taberneria mide o viño,
e pon a medida dereita
mira que tes que psar
unha ponte moi estreita.

Ao pano fina na tenda,
unha mancha lle caeu,
a menos precio se vende
porque os seu valor perdeu.

Non fales mal da veciña,
que é unha muller como nós,
O que hoxe dicides dela
mañán dirano de vós.
Comentarios (0) - Categoría: RECORDOS NO TEMPO - Publicado o 02-02-2010 13:24
# Ligazón permanente a este artigo
Refraneiro
En xaneiro, non poñas os pés diante do compañeiro.

O vinte de xaneiro sube ó outeiro, se ves verdexar, ponte a cantar, se ves terrexar, ponte a chorar.

O día da Candeloria, metade do inverno vai fóra.

Se chove ou venta inda entra.
Que chova,q ue vente, que deixe de ventar
mitá do inverno está sen pasar.






Comentarios (0) - Categoría: RECORDOS NO TEMPO - Publicado o 28-12-2009 18:59
# Ligazón permanente a este artigo
CONTINUAMOS COAS ADIVIÑAS???
Unha casa con catro esquinas
cada esquina con seu gato,
cada gato mira a tres
¿canta gatería é?


Madre e hija van a misa,
cada una con su hija,
llevan tres libras de pan
¿a como le tocarán?

Detrás de dúas penas feroces,
hai un home dando voces,
nin o ves, nin o verás,
e no aliento o coñecerás.

Catro mide montes,
catro cichafontes,
dous tuturulús
e un dalle-dalle

No monte nace,
con grandes lazos,
o que chora por min
estame partindo a pedazos.

Comentarios (0) - Categoría: RECORDOS NO TEMPO - Publicado o 28-09-2009 13:42
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal