Conectad@s ó Mundo-FEMURO


Aula Formación, Información e Asesoramento
Punto de encontro das mulleres do Rural da Comarca do Carballiño e Ribeiro, que se engloban en FEMURO.
Dende aqui se traballa para toda a poboación na busqueda da Igualdade,Empoderamento, Formación, información e Asesoramento.


relojes web gratis








Conectad@s ó Mundo
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

AVISO DOS RESULTADOS DO CELGA
Dende Conectad@s-FEMURO (24/06), poñemos no voso coñecemento que tedes a disposición no taboleiro de anuncios do centro o listado das probas do CELGA II e CELGA IV; tamén podedes acceder á aula para comprobar os vosos resultados, ou ben chamar o teléfono de costume.
¡Noraboa as/os aptas/os!.
Comentarios (0) - Categoría: CURSOS E ACTIVIDADES DAS ASOCIACIONS - Publicado o 24-06-2009 13:23
# Ligazón permanente a este artigo
YOGA
No espazo do Centro socio-comunitario, se realiza todos os venres en sesións de tarde, xornadas de Yoga.
Dende as 16:30 ás 20:00 horas, en sesión de hora e media.
Na actividade participa a asociacion de afectadas/os de Fibromialxia, así como toda a poboación que o desexe e que previamente se apunte no centro.

Comentarios (0) - Categoría: CURSOS E ACTIVIDADES DAS ASOCIACIONS - Publicado o 23-06-2009 13:53
# Ligazón permanente a este artigo
Traballos de manualidades

As asociacions de Mulleres do Rural da Comarca, realizan distintos obradoiros e cursos de Manualidades.
Con eles ademais do desenvolvemento dunha actividade formativa, buscan a mellora de psicomotricidade fina, aumento da autoestima e socialización en comunidade.
Comentarios (0) - Categoría: CURSOS E ACTIVIDADES DAS ASOCIACIONS - Publicado o 17-06-2009 16:55
# Ligazón permanente a este artigo
Memoria e autoestima
Curso de FEMURO no que participan ás asociacións "Novas Vivenzas" e "Revolta", facilitando o mesmo tempo o acercamento os usuarios/as do Centro Socio-comunitario.
Estase a levar a cabo os luns en xornada de tarde, en horario de 16.00 a 18:00 horas.
Comentarios (0) - Categoría: CURSOS E ACTIVIDADES DAS ASOCIACIONS - Publicado o 09-06-2009 12:28
# Ligazón permanente a este artigo
Beleza e saúde
Curso teorico-practico que se desenvolve nas parroquias pertencentes á Asociación "Novas Vivenzas".Nunha primeira sesión se recibiron nocións de nutrición e alimentación, para mellorar o estado corporal e anímico.
Na segunda clase, o aprendizaxe dun maxase cervical (para conseguir a relaxación e mellor tonicidade das cervicais).
Na última sesión se levara a cabo a formación para limpeza da pel e coidados de cara a tempada de sol, o mesmo tempo que a realizar un auto-maquillaxe sinxela.
Comentarios (0) - Categoría: CURSOS E ACTIVIDADES DAS ASOCIACIONS - Publicado o 09-06-2009 12:25
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal