Conectad@s ó Mundo-FEMURO


Aula Formación, Información e Asesoramento
Punto de encontro das mulleres do Rural da Comarca do Carballiño e Ribeiro, que se engloban en FEMURO.
Dende aqui se traballa para toda a poboación na busqueda da Igualdade,Empoderamento, Formación, información e Asesoramento.


relojes web gratis








Conectad@s ó Mundo
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Actividade Creativa
Parte dos traballosTemos unha pequena mostra dos traballos desenvoltos polas nosas usuarias nas clases de habilidades creativas. A exposición da fe do bo facer e a iniciativa, xa que estes traballos unidos a algúns mais que estan facendo van a forman parte do rastrillo, que por decisión delas, consideraron que a aportación economica obtida vai a formar parte do que a nosa entidade FEMURO, envíe a axuda da reconstrución de Haiti.
Comentarios (0) - Categoría: CURSOS E ACTIVIDADES DAS ASOCIACIONS - Publicado o 09-02-2010 12:27
# Ligazón permanente a este artigo
O ENTROIDO
Na actividade creativa, os rapaces adiantaronse os entroido na nosa Vila, e disfrutaron maquillandose e xogando.
Comentarios (0) - Categoría: CURSOS E ACTIVIDADES DAS ASOCIACIONS - Publicado o 09-02-2010 12:22
# Ligazón permanente a este artigo
Actividades das asociacions 2010
As asociación da Comarca do Carballiño pertecentes a FEMURO, deron comezo as actividades do 2010, con axuda e acompañamento da nosa entidade.
No caso da Asociación “A Revolta” de Mesego realiza ximnasia de mantemento, para activación muscular; todos os luns de 18:00 a 19.00 horas.

A Asociación “Pena da Sela” do Irixo, comezou a realización dun curso de Cociña Vexetariana, que ten lugar os xoves de 18:30 a 20:00 horas. Nel as compañeiras van a participar de forma práctica nun taller adicado a cociña que pon en valor o elementos das nosas hortas, o mesmo tempo que un modo distinto de entender a alimentación.

A Asociación “Sta. Agueda” de Maside, está a levar a cabo un taller de Habilidades sociais e Risoterapia, todos os mércores de 18:00 a 19:00 horas. Neste taller buscase a mellora da autoestima persoal, o recoñecemento do propio valor, a búsqueda do benestar a través da Risa.
O mesmo tempo compañeiras da Asociación “Novas Vivenzas” de Mudelos, estan a realizar o curso de actividades creativas en fieltro e abalorios, curso impartido no punto de encontro en Carballiño, e o que se desprazan todos os venres.
En vindeiras datas será a asociación “A Madanela” de Sta. Uxía de Lobas a que dará comezo un novo curso de Ximnasia, mentres continua a desenvolver o curso de música no rural de (pandeireta e gaita).

No correr dos meses, as asociacions da Comarca desenvolveran as actividades diseñadas para o ano 2010.

Todas as asociacións neste mes de febreiro se atopan inmersa na preparación do Entroido, no cal algunhas das amigas participan nas charangas e ademais de levar a cabo os traxes das comparsas, tamén organizan as xuntanzas de convivencia con ceas e bailes, na que os disfraces son o principal motivo de diversión.

Comentarios (0) - Categoría: CURSOS E ACTIVIDADES DAS ASOCIACIONS - Publicado o 01-02-2010 17:00
# Ligazón permanente a este artigo
ASEMBLEA XERAL
O vindeiro sábado 23, terá lugar a asamblea da federación Provincial de Mullers Rurais de Ourense.
Comentarios (0) - Categoría: CURSOS E ACTIVIDADES DAS ASOCIACIONS - Publicado o 21-01-2010 19:33
# Ligazón permanente a este artigo
CREATIVIDADE INFANTIL
Aula de creatividade e mellora da psicomotricidade, xogos en igualdade, socialización, empatia......
Comentarios (0) - Categoría: CURSOS E ACTIVIDADES DAS ASOCIACIONS - Publicado o 19-01-2010 19:56
# Ligazón permanente a este artigo
Actividade creativa para rapaces
As/os nosas/os usuarios/as mais noviños, realizan tarefas creativas, o mesmo tempo que fomentan os xogos grupais en igualdade. Teñen horario de tarde, todos os venres.
Comentarios (0) - Categoría: CURSOS E ACTIVIDADES DAS ASOCIACIONS - Publicado o 15-01-2010 19:42
# Ligazón permanente a este artigo
BO NADAL
felicitacion do NadalFEMURO, desexavos un bo nadal e un feliz aninovo 2010 a todas/os.

Comentarios (0) - Categoría: CURSOS E ACTIVIDADES DAS ASOCIACIONS - Publicado o 21-12-2009 17:10
# Ligazón permanente a este artigo
CONTINUAMOS TRABALLANDO DURANTE O NADAL
O punto de encontro de FEMURO en O Carballiño, permanece aberto durante as datas de Nadal, no que a Aula Conectad@s o mundo manten a formación, así como a atención para realización de curriculums ou asesoramento.

Aproveitamos para desexarvos un Bo Nadal e un feliz Ano Novo 2010.

Comentarios (0) - Categoría: CURSOS E ACTIVIDADES DAS ASOCIACIONS - Publicado o 17-12-2009 23:48
# Ligazón permanente a este artigo
PUNTO DE ENCONTRO
Para participar en calquera das formacións en alfabetización dixital, deben acercarse o punto de encontro.

Comenzamos novo curso de iniciación na vindeira semana.
Comentarios (0) - Categoría: CURSOS E ACTIVIDADES DAS ASOCIACIONS - Publicado o 24-11-2009 19:35
# Ligazón permanente a este artigo
ABRIMOS DE NOVO
A Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense (FEMURO), no seu punto de encontro no Carballiño abre de novo as súas portas e actividades a toda a poboación da Vila e comarca, na nova situación na Rúa Castelao nº15., poden recibir información no teléfono:988272668
Comentarios (0) - Categoría: CURSOS E ACTIVIDADES DAS ASOCIACIONS - Publicado o 19-11-2009 21:57
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal