Conectad@s ó Mundo-FEMURO


Aula Formación, Información e Asesoramento
Punto de encontro das mulleres do Rural da Comarca do Carballiño e Ribeiro, que se engloban en FEMURO.
Dende aqui se traballa para toda a poboación na busqueda da Igualdade,Empoderamento, Formación, información e Asesoramento.


relojes web gratis








Conectad@s ó Mundo
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

VISITA CULTURAL A LISBOA
Comentarios (0) - Categoría: CURSOS E ACTIVIDADES DAS ASOCIACIONS - Publicado o 02-06-2010 17:22
# Ligazón permanente a este artigo
CREATIVIDADE
Na actividade creativa, seguiremos a manexar o fieltro, aunando tamén o alambre; deste xeito conseguiremos facer novos diseños, que espero que vos gusten, podemos aunar esforzos e conseguir novas ideas, para facer colgantes, chaveiros ou broches, como os que vos amoso.
Non vamos a esquecer, seguir a practica na realización dos pendentes,,,¡pero, así facedes de todo un pouquiño!.
Comentarios (0) - Categoría: CURSOS E ACTIVIDADES DAS ASOCIACIONS - Publicado o 27-05-2010 17:58
# Ligazón permanente a este artigo
ACTIVIDADE CREATIVA DO MES
Os venres do mes de maio, a actividade creativa, adicaremos a práctica na realización de anels e pendentes. Na foto podemos ver algun dos deseños que as nosas artistas de entre 10 e 13 anos estan a realizar.
¡Se algunha ou algun se anima, soio tedes que pasar polo Punto de encontro de FEMURO!
Comentarios (0) - Categoría: CURSOS E ACTIVIDADES DAS ASOCIACIONS - Publicado o 07-05-2010 17:00
# Ligazón permanente a este artigo
VII FORO DA IGUALDADE
Na Corredoira" Respresentación TeatralA prensa faixe eco do VII FORO da Igualdade organizado por FEMURO, co lema:
"As mulleres queremos.....As mulleres podemos...."
Como cada ano se puido comprobar o éxito que estas xornadas conxuntas de formación, socialización e valorización teñen entre todas as asociacións que compoñen a Federación de Mulleres Rurais de Ourense.
La Voz de Galicia
La Región
Comentarios (0) - Categoría: CURSOS E ACTIVIDADES DAS ASOCIACIONS - Publicado o 19-04-2010 12:37
# Ligazón permanente a este artigo
ACTIVIDADE DE FEMURO NO CARBALLIÑO
VII FORO DA IGUALDADE
"As mulleres queremos......As mulleres Podemos..."
Comentarios (0) - Categoría: CURSOS E ACTIVIDADES DAS ASOCIACIONS - Publicado o 15-04-2010 11:16
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación da Presidenta de FEMURO
Este é o video de presentación para o blog de Ruraislab no que FEMURO tamén fai a súa aportacion.
PRESENTACIÓN DA NOSA PRESIDENTA
Comentarios (0) - Categoría: CURSOS E ACTIVIDADES DAS ASOCIACIONS - Publicado o 10-03-2010 16:42
# Ligazón permanente a este artigo
CONMEMORAMOS O 8 DE MARZO
A Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense, desenvolve os actos de conmemoración do día da Muller Traballadora.
O pasado sábado as asociación de Mulleres Rurais da Comarca Carballiñesa visitaron a exposición itinerante “FIESTRAS”, a mesma atopase no Centro multifuncional e nela se poden apreciar as fotografías finalistas no I Concurso fotográfico organizado por FEMURO.
A mencionada, tivo gran aceptacion entre todas as visitantes, gratamente sorprendidas polas mesmas.
No mesmo auditorio podemos escoitar as pandeireteiras e cantareiras que amenizaron a maña e tamén parte da tarde.
Todo isto tendo en conta a conmemoración da data sinalizada para o 8 de marzo, no que tamén recordarmos a loita diaria así como as das nosas antergas e o todavía camiño a percorrer de cara os logros da igualdade.
O día continuou cun xantar de confraternidade e unha tarde no que a musica tradicional e a música moderna nos fixo pasar un día de ledicia e aprendizaxe, xa que o arte que todas levamos dentro pasa por ser o mellor bocado para a nosa cultura.
Comentarios (0) - Categoría: CURSOS E ACTIVIDADES DAS ASOCIACIONS - Publicado o 08-03-2010 13:02
# Ligazón permanente a este artigo
Xornadas de saúde en Ribadavia

As mulleres das Asociacións da comarca Carballiñesa van participar nas charlas de Saúde que se desenvolveran o vindeiro día 25 (xoves) ás 16.00 no Ribeiro.
Para elo van a contar con transporte de recollida nas asociacións previamente inscritas.
Comentarios (0) - Categoría: CURSOS E ACTIVIDADES DAS ASOCIACIONS - Publicado o 23-02-2010 11:59
# Ligazón permanente a este artigo
CONMEMORACION DIA DA MULLER
As asociacións de Mulleres Rurais da Comarca Carballiñesa, van a celebrar o vindeiro día 6 de Marzo a conmemoración do Día da Muller.
É o terceiro ano no que as asociacións que se engloban en FEMURO (Federación de Mulleres Rurais de Ourense) desta comarca, se unen para conmemorar tal data, en recordo das que loitaron polos seus dereitos .
O que lemos nos boletíns do Día da Muller é sempre a historia dunha folga, que aconteceu en Nueva York en 1857, na que 129 obreiras morreron despois de que os patróns lle puxeran lume a fabrica.
¿E de onde ven o da cor LILA como símbolo que nos representa?, seica é debido a cor do tecido que estaban a confeccionar estas obreiras na fabrica.
É un día no que se busca derrotar todos os sufrimentos das mulleres e no que se visibiliza de forma clara o rumbo que debemos tomar cara a conquista da liberación e da igualdade de todas.
¡Un bico, amigas!
Comentarios (0) - Categoría: CURSOS E ACTIVIDADES DAS ASOCIACIONS - Publicado o 22-02-2010 19:21
# Ligazón permanente a este artigo
ENTROIDO NAS ASOCIACIONS
Participacion na CeaAs asociacións de Mulleres Rurais da Comarca do Carballiño, celebran nestas datas as ceas de Entroido, despois de teren participado na creación dos traxes e organizacións das diversas comparsas que desfilan na Vila e nos Concellos pretos os que estas asociacións pertencen.
O pasado luns as Asociacións "A Revolta" e "Novas Vivenzas" celebraron unha cea conxunta
Comentarios (0) - Categoría: CURSOS E ACTIVIDADES DAS ASOCIACIONS - Publicado o 17-02-2010 11:30
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal