Conectad@s ó Mundo-FEMURO


Aula Formación, Información e Asesoramento
Punto de encontro das mulleres do Rural da Comarca do Carballiño e Ribeiro, que se engloban en FEMURO.
Dende aqui se traballa para toda a poboación na busqueda da Igualdade,Empoderamento, Formación, información e Asesoramento.


relojes web gratis








Conectad@s ó Mundo
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Relaxate coa Música
Actividade que da comezó o día 16 se xaneiro, na asociación de Mulleres Rurais "A Revolta".

Emprego de técnicas para a mellora:

Mellora da Respiración.
Mellora da concentración.
Mellora da Relaxación........



Impartido por persoal cualificado e colexiado.
Subvención do Secretaria Xeral de Igualdade
Organizado por FEMURO
Comentarios (0) - Categoría: CURSOS E ACTIVIDADES DAS ASOCIACIONS - Publicado o 10-01-2012 13:36
# Ligazón permanente a este artigo
Música

A asociación "A Madanela", preparou panxoliñas para este pasado Nadal e cantigas de Reis, unha actividade que non se levaba a cabo na asociación, nin tampouco a nivel parroquial, e na que a asociación de Mulleres abriu o ámbito de participación e os compañeiros tamén entonaron as cantigas.
Comentarios (0) - Categoría: CURSOS E ACTIVIDADES DAS ASOCIACIONS - Publicado o 09-01-2012 13:09
# Ligazón permanente a este artigo
A PRENSA
A Región
Comentarios (0) - Categoría: CURSOS E ACTIVIDADES DAS ASOCIACIONS - Publicado o 16-11-2011 16:28
# Ligazón permanente a este artigo
VIII FORO DA IGUALDADE (PANXÓN 2011)




Música: El arrebato

VIII Foro de FEMURO coa temática "Muller rural e violencia se xénero", que se desenvolveu na residencia do tempo libre de Panxón.
Comentarios (0) - Categoría: CURSOS E ACTIVIDADES DAS ASOCIACIONS - Publicado o 14-11-2011 23:27
# Ligazón permanente a este artigo
VIII FORO DA IGUALDADE

VIII FORO DA IGUALDADE.
Panxón, 5 e 6 novembro



Este fin de semana, os días 5 e 6 de novembro de 2011, a Federación Provincial de MM.RR de Ourense (FEMURO) organiza a oitava edición do Foro da Igualdade, que este ano ten lugar na Residencia de Tempo Libre de Panxón (Xunta de Galicia), e aglutina un total de 150 participantes das asociacions de Mulleres Rurais.
Como cada ano, este foro pretende ser un espazo de reunión entre as mulleres rurais da provincia de Ourense, e ten como finalidade visibilizar e reforzar o traballo que veñen realizando as entidades a favor da igualdade de mulleres e homes, así como mostrar e impulsar iniciativas que favorezan a igualdade real, xa que a aportación das mulleres, neste senso é imprescindible para que a igualde sexa un feito palpable.

Este ano, o seu eixe central basease na temática “Muller rural e violencia”, coa conferencia a cargo de Purificación Álvarez Villamarín da “Unidade contra a Violencia contra a muller”

Así mesmo, conxugaranse dinámicas grupais de debate sobre este tema, onde as 150 participantes coñeceranse e reflexionarán sobre o traballado durante o día. Pola noite levarase a cabo unha velada de confraternidade e degustación de productos da terra, na que as socias participantes serán as únicas protagonistas e actoras.

O domingo 6 disfrutaremos da representación teatral da obra: “Xenitais” protagonizada polo grupo Zarabanda, moi acordo co tema tratado no foro.

Comentarios (0) - Categoría: CURSOS E ACTIVIDADES DAS ASOCIACIONS - Publicado o 04-11-2011 18:00
# Ligazón permanente a este artigo
Fotos día da Muller Rural 2011

Comentarios (0) - Categoría: CURSOS E ACTIVIDADES DAS ASOCIACIONS - Publicado o 18-10-2011 18:27
# Ligazón permanente a este artigo
Día da Muller Rural en Allariz

Celebrase en Allariz o Día da Muller Rural


07/10/2011.- AXENDA DE ACTIVIDADES
A Asociación de Mulleres Rurais “Silvardeira” organiza este ano, xunto co Concello de Allariz, o acto de celebración do “Día Muller Rural”. Nesta ocasión, máis de 400 mulleres de todas as comarcas da provincia de Ourense, pertencentes a distintas Asociacións de Mulleres Rurais e integradas na Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense (FEMURO), visitarán a localidade de Allariz o sábado 8 de outubro, con motivo da conmemoración desta data.

As actividades comezarán ás 11:00 h. coa chegada das Asociacións ao Campo da Barreira, tras a recepción visitarán o pobo de Allariz guiadas polas socias da “Silvardeira” e acudirán ao Festival Internacional de Xardins 2011. A continuación terá lugar unha comida de confraternidade no restaurante do Fogar do Maior, comida que estará amenizada polas actuacións do Coro de Mulleres de Allariz e un grupo de gaiteiros. No acto tamén estarán presentes o alcalde de Allariz, a presidenta de Femuro e a presidenta da Asociación de Mulleres Rurais “Silvardeira”.

O “Día da Muller Rural” conmemora a loita da muller pola súa participación na sociedade en todos os ámbitos, pretende facer visible o papel das mulleres rurais no desenvolvemento económico e social do medio rural así como na promoción da igualdade de oportunidades. A escasa valorización da súa contribución o desenvolvemento dos nosos pobos é a principal fonte de discriminación que sufren as mulleres que pertencen o medio rural, por iso trátase tamén de recordarlle os gobernos que a necesidade de políticas públicas encamiñadas a potenciar e visibilizar as súas capacidades, e hoxe unha obriga mundialmente recoñecida.

Tamén é un obxectivo o visivilizar o medio rural a través da visita de todas as participantes o pobo de Allariz, coñecendo de primeira mao, das mulleres que alí viven, a beleza que ten o rural e as inciativas que levan a cabo.
Comentarios (0) - Categoría: CURSOS E ACTIVIDADES DAS ASOCIACIONS - Publicado o 09-10-2011 21:53
# Ligazón permanente a este artigo
TEATRO


Fotos das compañeiras da "Rubideira", na súa actuación o pasado 2 de setembro no Casino.

Música: El Arrebato
Comentarios (1) - Categoría: CURSOS E ACTIVIDADES DAS ASOCIACIONS - Publicado o 06-09-2011 14:32
# Ligazón permanente a este artigo
Actividade Teatral
Cartel de presentaciónAsoc. de Mulleres Rurais " A RUBIDEIRA" do Reino.
Comentarios (0) - Categoría: CURSOS E ACTIVIDADES DAS ASOCIACIONS - Publicado o 24-08-2011 12:13
# Ligazón permanente a este artigo
Noite de Pandeireteiras en (LAZA)
Noite de Pandeireteiras en Laza.
FEMURO concentra ás asociacions de mulleres nunha noite de Pandeiretada en Laza; as Piconas d'o Irixo en representación da Comarca de Carballiño, van acompañar.
Pandeireteiras
Comentarios (0) - Categoría: CURSOS E ACTIVIDADES DAS ASOCIACIONS - Publicado o 23-06-2011 17:25
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal