Conectad@s ó Mundo-FEMURO


Aula Formación, Información e Asesoramento
Punto de encontro das mulleres do Rural da Comarca do Carballiño e Ribeiro, que se engloban en FEMURO.
Dende aqui se traballa para toda a poboación na busqueda da Igualdade,Empoderamento, Formación, información e Asesoramento.


relojes web gratis








Conectad@s ó Mundo
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

IV Encontro Conmemorativo Día da Muller


FEMURO, no seu punto de Carballiño celebrou o pasado 17 de marzo,coa compaña dos alcaldes de Piñor e Maside un día de conmemoración, ludico e de convivencia conxunta de recordo e reivindicación, nun intre en que os pasos anque pequenos, nos leven a igualdade; nun momento en que a crise se ceba mais ainda coas mulleres, no que non podemos esquecer as loitas conxuntas entre todos/as para eliminar lacras como a violencia de xénero, e no que desmostrar que somos capaces de pequenos logros en ambitos sociais, culturais, formativos.....etc. que leven a unha sociedade sempre e por sempre MAIS XUSTA. é o merito de todas/os.

¡GRACIAS A TODAS POR PARTICIPAR!!

Comentarios (0) - Categoría: CURSOS E ACTIVIDADES DAS ASOCIACIONS - Publicado o 19-03-2012 17:10
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación do video


Dentro dos Actos argallados pola Concelleria de Benestar Social no Concello do Carballiño, para a conmemoración do día da Muller

Comentarios (0) - Categoría: CURSOS E ACTIVIDADES DAS ASOCIACIONS - Publicado o 12-03-2012 16:54
# Ligazón permanente a este artigo
CONVITE O CINE
O CINE CLUBE CARBALLIÑO, convidou ás mulleres das asociacions de FEMURO na comarca Carballiñesa a visualizar a pelicula: Nader y Simin UNA SEPARACION, con motivo da conmemoración do día da Muller.
Así, na sesión das oito da tarde do día 9 de marzo,40 das nosas amigas fomos o cine, moitas das memas non recordaban ir,dende moi pequechiñas, cunha imaxen dun antigo cine que se atopaba no Carballiño, outras contaron que facia 40 anos que non entraban no cine.
A ilusión foi tal, que algunha se acicalou e peiteou para o evento.
En nome de todas ¡Grazas!.

A pelicula, merece moito a pena.
Comentarios (0) - Categoría: CURSOS E ACTIVIDADES DAS ASOCIACIONS - Publicado o 09-03-2012 23:06
# Ligazón permanente a este artigo
PEGADAS DE MULLER

Pegadas de Muller (versión en galego) from Axuda en Acción Galicia on Vimeo.



O Video da Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense, foi presentado o día 8 de Marzo no Concello de Carballiño
Comentarios (0) - Categoría: CURSOS E ACTIVIDADES DAS ASOCIACIONS - Publicado o 08-03-2012 18:39
# Ligazón permanente a este artigo
2012 Ano de envellecemento activo e da solidaridade Interxeneracional
2012 é o Ano Europeo do Envellecemento activo e da Solidaridade Interxeneracional. Desto, FEMURO sabe un chisco, leva xa 13 anos, traballando de forma cotia.
É unha ocasión para reflexionar, na que temos que darnos conta:
Que agora temos a sorte de vivir mais anos e con mellor saúde (polo menos ata o momento), e darnos conta do que isto pode representar.
Teremos que pensar en estar mais tempo no mercado laboral?.
Poder compartir todo o que os nosos maiores saben, é importante, a súa experiencia, enriquece.

Buscar a maneira de que a saúde de todos sexa mellor e que os nosos maiores teñan o coidado que requiren.
O traballo interxeneracional, é imprescindible.
Actuando en ámbitos como a sanidade, a formación de adultos, os servizos sociais....
Os mais novos e os pequechos podemos aprender dos nosos maiores e valorar, axudar e traballar de forma conxunta. FEMURO/aula Conectad@s ó mundo, polo Envellecemento Activo e a Solidaridade Interxeneracional.

Comentarios (0) - Categoría: CURSOS E ACTIVIDADES DAS ASOCIACIONS - Publicado o 01-03-2012 15:46
# Ligazón permanente a este artigo
REMATE do I Curso de Xabóns
Remate da formación do Curso de Xabóns Naturais e Terapéuticos. na Asoc. de Mulleres Rurais San Martín de Espiñoso.
Para peche do mesmo, ademais da clase remate co xabón de chocolate e menta, se fixo a entrega de diplomas as amigas que participaron durante estes tres meses no curso, logrando manter a participación, socialización, convivencia e un espazo de actividade para todas as compañeiras.
En nome de FEMURO. ¡grazas pola vosa acollida!.
Comentarios (0) - Categoría: CURSOS E ACTIVIDADES DAS ASOCIACIONS - Publicado o 14-02-2012 20:23
# Ligazón permanente a este artigo
ENTROIDO
As asociacions "Novas Vivenzas" e "A Revolta", celebran o vindeiro día 20 luns de entroido, ás 21:30 horas a cea de Entroido, amenizada con música, no Restaurante Esclavo.


Comentarios (0) - Categoría: CURSOS E ACTIVIDADES DAS ASOCIACIONS - Publicado o 14-02-2012 16:16
# Ligazón permanente a este artigo
Cursos de Xabóns naturais e terapéuticos en San Martín de Espiñoso
O pasado luns a alcaldesa de Cartelle (Carmen Leyte) realizou unha visita á Asociación de Mulleres Rurais "San Martín de Espiñoso" pertecente a FEMURO, durante o seu curso de Xabóns naturais, que imparte a devandita federación.
Comentarios (1) - Categoría: CURSOS E ACTIVIDADES DAS ASOCIACIONS - Publicado o 01-02-2012 19:52
# Ligazón permanente a este artigo
Xabóns naturais, balsamos labiais
Curso de Xabóns naturais e terapeuticos.
Balsamos labiais.
Preparación de xabóns con aceites reciclados, para lavadora.


As asociacións de Mulleres da Comarca de Carballiño seguen a participar nas formacions dos cursos que dende a aula Conectad@s ó Mundo-FEMURO se estan a impartir.
Socialización, amizade, aprendizaxe.



Comentarios (0) - Categoría: CURSOS E ACTIVIDADES DAS ASOCIACIONS - Publicado o 27-01-2012 19:55
# Ligazón permanente a este artigo
Xabóns de lavadora (aceite reciclado)
Coidar o planeta e reciclar; ademaís de socializar, encontrarnos e dar ideas. Continuamos realizar o curso de Xabóns na aula Conectad@s ó Mundo-FEMURO, o xabón para a lavadora con aceite reciclado, resulta ser un exito na limpeza, conseguimos reciclar os nosos aceites usados e empregar de novo as botellas de plastico.
Comentarios (0) - Categoría: CURSOS E ACTIVIDADES DAS ASOCIACIONS - Publicado o 27-01-2012 18:47
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal