Conectad@s ó Mundo-FEMURO


Aula Formación, Información e Asesoramento
Punto de encontro das mulleres do Rural da Comarca do Carballiño e Ribeiro, que se engloban en FEMURO.
Dende aqui se traballa para toda a poboación na busqueda da Igualdade,Empoderamento, Formación, información e Asesoramento.


relojes web gratis








Conectad@s ó Mundo
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Lectura
Fai moito que non recomendamos nada para ler. Que vos parece El capital Alatriste de Arturo Perez Reverte?

Vamos a tentar que está novela nos enrede na historia dun Madrid do século XVII. As aventuras dun espadachín a soldo, desventuras, loitas.....
Comentarios (0) - Categoría: LUDOTECA/ANIMACIÓN A LECTURA LIBRO/FORUM - Publicado o 18-01-2011 18:23
# Ligazón permanente a este artigo
As mans do medo
Libro de Xosé Miranda.

É un libro de 12 relatos curtos, todos eles de medo.
Si vos gusta estar un pouquechiño en tensión.....jejeje ¡aproveitade e dadelle un mordisco o libro!.

Recomendación: Luma
Comentarios (0) - Categoría: LUDOTECA/ANIMACIÓN A LECTURA LIBRO/FORUM - Publicado o 18-10-2010 19:12
# Ligazón permanente a este artigo
DEBEMOS COMEZAR
Para toda/os as/os que gustades da lectura, o video de youtube, que nos recorda que debemos comenzar a andaina do novo curso. Dende FEMURO queremos animarvos cun outono cheo de vos libros e mellores letras.
Comentarios (0) - Categoría: LUDOTECA/ANIMACIÓN A LECTURA LIBRO/FORUM - Publicado o 21-09-2010 12:25
# Ligazón permanente a este artigo
O Rato da Ludoteca
O ratiño da nosa Ludoteca, foi unha das actividades que fixemos para traballar e divertirnos, os venres do mes de xullo.
O vindeiro día 30 rematamos a lectura, os xogos e actividades.....¡vemonos!.

Grazas a todos/as por confiar en FEMURO e compartir con nos un espazo do voso tempo.
Comentarios (0) - Categoría: LUDOTECA/ANIMACIÓN A LECTURA LIBRO/FORUM - Publicado o 26-07-2010 12:54
# Ligazón permanente a este artigo
LIBRO PARA O VERAN
MADE IN GALIZA
(Sechú Sende)

Recomendo que o leades na praia, ou nun ratiño tranquilos baixo a nogueira. É sinxelo de ler, un chisco rebelde, moi creativo e tamén chega a emocionar.....(¡o dito, indicado para o veran!, o resto do tempo adicadeo a descansar e folgar).

Comentarios (0) - Categoría: LUDOTECA/ANIMACIÓN A LECTURA LIBRO/FORUM - Publicado o 21-07-2010 16:27
# Ligazón permanente a este artigo
ACTIVIDADE DA LUDOTECA
Unha das actividades que se realizan
A Federación de Mulleres Rurais desenvolve durante o mes de xullo a Ludoteca de Verán en horario matinal dos venres no Carballiño e na Comarca de Monterrei de Luns a Xoves.

Entre os seus fins princiais están:


 Educar en igualdade contribuíndo a promover a mesma a través dos xogos e dinámicas.
 Mellora da psicomotricidade fina dos cativos participantes, e da motricidade tactil.
 Dinamizar o tempo de lecer con distintas actividades adaptadas as idades.
 Proporcionar actividades de formación que melloren a relaxación, o vocabulario, a memoria.
 Atender ás necesidades dos pequenos, axudando do mesmo xeito os pais que se atopan en xornada laboral.
 Fomento e promoción da lingua galega, empregando nas actividades a mencionada
Comentarios (0) - Categoría: LUDOTECA/ANIMACIÓN A LECTURA LIBRO/FORUM - Publicado o 12-07-2010 19:17
# Ligazón permanente a este artigo
LUDOTECA DE VERAN
No mes de xullo, no noso punto de encontro vamos a:
Xogar ( Vamos a crear os nosos xoguetes de reciclaxe, traballaremos con pastilinas, acuarelas. Xogos didacticos)
Aprender (técnicas creativas, e alfabetización dixital)
Convivir e participar
Ler e comprensión lectora.

Cos mais pequechiños/as temos unha cociña que XOGUETES UCHA nos acaba de agasallar...¿queres aprender a cociñar?

Un verán divertido, compartido entre amigos/as.
Comentarios (0) - Categoría: LUDOTECA/ANIMACIÓN A LECTURA LIBRO/FORUM - Publicado o 23-06-2010 13:16
# Ligazón permanente a este artigo
NOVO LIBRO RECOMENDADO
EL PALACIO DE LA MEDIANOCHE
Un novo libro que vos recomendo de cara o fin de semana.
O seu autor é Carlos Ruiz Zafón. Vai a resultarvos un libro ameno no que vos ides a somerxer con facilidade.

Argumento: Calcuta 1916. Un home salva a vida de dous bebés que posteriormente son separados pola súa avoa. En 1932 Ben fai os 16 anos e debe abandonar o orfanato no que foi criado, igual ca os seus amigos. Pouco antes de facelo coñece a Sheere, quen lles conta algúns misterios dae súa familia que deciden investigar o mesmo tempo que un home misterioso se interesa por eles.

Recomendao: Ali
Comentarios (0) - Categoría: LUDOTECA/ANIMACIÓN A LECTURA LIBRO/FORUM - Publicado o 27-05-2010 11:38
# Ligazón permanente a este artigo
DÍA DO LIBRO
Sendo hoxe unha data sinalada para as/os que nos gusta ler, e anque xa sei que alguns non rematastedes co anterior. Vamos a recomendar outro libro de literatura xuvenil:
"Dos velas para el diablo"
Conta a historia dunha xoven na busca do asesiño do seu pai. Nesta tarefa coñece un demo que a vai axudando na andaina e busqueda de respostas por distintas ciudades.

Un libro entretido e facil de ler.
Comentarios (0) - Categoría: LUDOTECA/ANIMACIÓN A LECTURA LIBRO/FORUM - Publicado o 23-04-2010 16:58
# Ligazón permanente a este artigo
NOVO LIBRO
Mary Tempestad.-
Unha novela xuvenil, na que coñecemos a historia dunha persoaxe femenina que se atopou escondida nunha imaxe masculina dende nena,,,,¡con todo o que esto conleva de loita! e que loitara coma pirata.......

¡xa me contaredes que vos parece!
Comentarios (0) - Categoría: LUDOTECA/ANIMACIÓN A LECTURA LIBRO/FORUM - Publicado o 06-04-2010 22:36
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal