Conectad@s ó Mundo-FEMURO


Aula Formación, Información e Asesoramento
Punto de encontro das mulleres do Rural da Comarca do Carballiño e Ribeiro, que se engloban en FEMURO.
Dende aqui se traballa para toda a poboación na busqueda da Igualdade,Empoderamento, Formación, información e Asesoramento.


relojes web gratis








Conectad@s ó Mundo
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Bases para Estadias de Tempo libre a Mulleres soas

Bases para estadías de Tempo Libre para mulleres soas con responsabilidades non compartidas:

Bases
Comentarios (0) - Categoría: OUTROS - Publicado o 30-04-2013 09:15
# Ligazón permanente a este artigo
COMPETENCIAS CLAVE

Convocadas probas de Competencias Clave:

Clikade no enlace:

Resolución
Comentarios (0) - Categoría: OUTROS - Publicado o 19-04-2013 09:19
# Ligazón permanente a este artigo
Servizo do Fogar


Folleto do Ministerio de Empleo e S.S.


Servizo do fogar
Comentarios (0) - Categoría: OUTROS - Publicado o 10-04-2013 23:32
# Ligazón permanente a este artigo
RUMORES
Interesante corto contra os RUMORES
(xenofobias e racismo)


Comentarios (0) - Categoría: OUTROS - Publicado o 25-03-2013 18:01
# Ligazón permanente a este artigo
COÑECER INICIATIVAS NO RURAL E CAMIÑAR POR LUCUS AUGUSTI

Verín, 21 de Marzo 2013

Amigas:

Motivadas polas iniciativas das que tivemos conta nas pasadas “Xornadas de desenvolvemento rural” argalladas por FEMURO no Carballiño (2012), e vivir de preto as iniciativas emprendedoras das mesmas, VAMOS VISITAR GRANXA MARUXA en (Monterroso) e completar o día coa visita a cidade LUCUS AUGUSTI (LUGO) como actividade cultural e de aprendizaxe da cultura da terra.

O desprazamento será, o vindeiro 27 de abril emprazámosvos para coñecer a comarca da Ulloa e visitar a Granxa Maruxa, unha Granxa de vacas ecolóxica, con imaxe renovadora e cun encanto particular, o proceso de elaboración das recoñecidas “Maruxas de Nata”.
Coñeceremos despois dunha comida de confraternidade e ledicia no Restaurante “Porta de Santiago”, a marabillosa cidade de Lugo, cunha visión acompañada de preto polos Guías oficiais da emblemática cidade Galega.

Na xornada poderán participar 12 persoas por cada Asociación (se dalgunha asociación desexan participar máis deste numero, comunicádenolo e pasarán á reserva, e no caso de que haxa espazo, poderemos incluílas). Temos prazas limitadas.



PROGRAMA PROVISIONAL


Sábado, 27 de abril

08.30 h._Saída de Verín ( a concretar as demais paradas)
10.00 h.- Parada para café
11.30 h. _ Chegada Granxa Maruxa e Visita as instalacións
13.30 h._Saída para Lugo
14.30 h. _ Xantar (Restaurante “Porta de Santiago”)
16.00 h. _ Visita Lugo con Guía Oficial.
19.00 h_ Volta para casa







Comentarios (0) - Categoría: OUTROS - Publicado o 25-03-2013 16:28
# Ligazón permanente a este artigo
procedemento de adxudicación de prazas en Residencias
clikar no enlace:

Orden
Comentarios (0) - Categoría: OUTROS - Publicado o 11-03-2013 09:20
# Ligazón permanente a este artigo
CANCION ONE WOMAN
Escoita a canción, ¡para todas!:

Comentarios (0) - Categoría: OUTROS - Publicado o 10-03-2013 12:30
# Ligazón permanente a este artigo
EXPOSICIÓN CONMEMORATIVA DO 8 DE MARZO
Dende o pasado día 5 de Marzo e como un mais dos actos que enmarcan as actividades que FEMURO realiza para conmemorar a data do 8 de MARZO (DÍA DA MULLER), estase a expoñer na Vila do Carballiño, na súa praza de Abastos, a exposición fotográfica "FIESTRAS".

Comentarios (0) - Categoría: OUTROS - Publicado o 08-03-2013 14:29
# Ligazón permanente a este artigo
8 de MARZO
Desexando sinalar unha data como a do 8 de Marzo (Día Internacional das Mulleres), FEMURO en colaboración co Concello do Carballiño e con todos os comerciantes da praza de Abastos da Vila, quere mostrar neste emprazamento de clara labor tradicional, a exposición fotográfica “FIESTRAS”, na que se rende omenaxe a todas as mulleres do Rural Galego, e na que os fotógrafos/as do concurso fotográfico realizado por FEMURO, dan unha visión propia da mirada o Rural actual.
A estas fotografías añidense as que a Fotografa Luisa Lorenzo, aporta a exposición.

Unha actividade que o mesmo tempo busca visibilizar e agradecer a todos/as os que desde este punto da Vila nos atenden, coa súa labor e traballo diario, sobre todo e de forma especial, ás mulleres que na súa labor diaria buscan o seu espazo e aportan o seu traballo, levando adiante unha loita de anos.
A Exposición vaise a poder contemplar dende o vindeiro luns día 4 ata o final do mes, nas instalacións mencionadas, e nos horarios de apertura das mesmas.
Comentarios (0) - Categoría: OUTROS - Publicado o 07-03-2013 10:50
# Ligazón permanente a este artigo
CONCURSO FOTOGRÁFICO DENDE O CIM
O CIM do Carballiño organiza o II Concurso Fotográfico, enmarcando a data do Día Internacional das Mulleres.

Si queredes participar o prazo de presentación remata o vindeiro día 5, poñovos un enlace ás bases.

¡Sorte!.

BASES
Comentarios (0) - Categoría: OUTROS - Publicado o 25-02-2013 17:13
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal