Conectad@s ó Mundo-FEMURO


Aula de Información, Formación e Asesoramento
Punto de encontro das mulleres do Rural da Comarca do Carballiño, que se engloban en FEMURO.
Dende aqui se traballa para toda a poboación na busqueda da Igualdade,Empoderamento, Formación e información.

relojes web gratis




Conectad@s ó Mundo
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Presentación da Presidenta de FEMURO
Este é o video de presentación para o blog de Ruraislab no que FEMURO tamén fai a súa aportacion.
PRESENTACIÓN DA NOSA PRESIDENTA
Comentarios (0) - Categoría: CURSOS E ACTIVIDADES DAS ASOCIACIONS - Publicado o 10-03-2010 16:42
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
CIMO EMPREGO do día 10/03
Técnico/a instalador/a (Sistemas de seguridade) - Carballiño (O) - Nº Oferta 974222
Empresa de sistemas de seguridade selecciona persoal para traballar como técnico/a instalador/a. Necesaria experiencia dun ano en cableados,
valorándose no sector ou ter unha titulación relacionada coa electrónica.
Comentarios (0) - Categoría: OFERTAS DE EMPREGO NA COMARCA - Publicado o 10-03-2010 16:27
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
CONMEMORAMOS O 8 DE MARZO
A Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense, desenvolve os actos de conmemoración do día da Muller Traballadora.
O pasado sábado as asociación de Mulleres Rurais da Comarca Carballiñesa visitaron a exposición itinerante “FIESTRAS”, a mesma atopase no Centro multifuncional e nela se poden apreciar as fotografías finalistas no I Concurso fotográfico organizado por FEMURO.
A mencionada, tivo gran aceptacion entre todas as visitantes, gratamente sorprendidas polas mesmas.
No mesmo auditorio podemos escoitar as pandeireteiras e cantareiras que amenizaron a maña e tamén parte da tarde.
Todo isto tendo en conta a conmemoración da data sinalizada para o 8 de marzo, no que tamén recordarmos a loita diaria así como as das nosas antergas e o todavía camiño a percorrer de cara os logros da igualdade.
O día continuou cun xantar de confraternidade e unha tarde no que a musica tradicional e a música moderna nos fixo pasar un día de ledicia e aprendizaxe, xa que o arte que todas levamos dentro pasa por ser o mellor bocado para a nosa cultura.
Comentarios (0) - Categoría: CURSOS E ACTIVIDADES DAS ASOCIACIONS - Publicado o 08-03-2010 13:02
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
RECOMENDAMOS NOVO LIBRO
Vamos a ler nesta ocasión un libro pequeno, que en edición de bolsillo nos facilita podelo levar a calquer lado.

CHAMADEME SIMBAD
Resumen do mesmo:
O avó fai cousas raras. Esquécese de todo. Cámbialle o nome a todo o mundo.
Paulo o neto comprende o avó. Porque é un neno con mirada de neno. El é o único que o entende.

É un libro moi sinxelo de ler, a partir dos 12 anos, pero para os grandes é maravillosa a visión que nos da.

Recomendao: Alicia
Comentarios (0) - Categoría: LUDOTECA/ANIMACIÓN A LECTURA LIBRO/FORUM - Publicado o 01-03-2010 12:54
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
OFERTA DO CIMO
Asesor/a de seguros e produtos financeiros - Carballiño (O) - Nº Oferta 974360
Aseguradora de ámbito nacional selecciona persoal entre 23 e 45 anos para asesoramento e venda de produtos financeiros, executando un plan
de comercio encamiñado a xestionar unha oficina comercial. Valórase experiencia comercial.
Comentarios (0) - Categoría: OFERTAS DE EMPREGO NA COMARCA - Publicado o 26-02-2010 18:32
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Xornadas de saúde en Ribadavia

As mulleres das Asociacións da comarca Carballiñesa van participar nas charlas de Saúde que se desenvolveran o vindeiro día 25 (xoves) ás 16.00 no Ribeiro.
Para elo van a contar con transporte de recollida nas asociacións previamente inscritas.
Comentarios (0) - Categoría: CURSOS E ACTIVIDADES DAS ASOCIACIONS - Publicado o 23-02-2010 11:59
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
CONMEMORACION DIA DA MULLER
As asociacións de Mulleres Rurais da Comarca Carballiñesa, van a celebrar o vindeiro día 6 de Marzo a conmemoración do Día da Muller.
É o terceiro ano no que as asociacións que se engloban en FEMURO (Federación de Mulleres Rurais de Ourense) desta comarca, se unen para conmemorar tal data, en recordo das que loitaron polos seus dereitos .
O que lemos nos boletíns do Día da Muller é sempre a historia dunha folga, que aconteceu en Nueva York en 1857, na que 129 obreiras morreron despois de que os patróns lle puxeran lume a fabrica.
¿E de onde ven o da cor LILA como símbolo que nos representa?, seica é debido a cor do tecido que estaban a confeccionar estas obreiras na fabrica.
É un día no que se busca derrotar todos os sufrimentos das mulleres e no que se visibiliza de forma clara o rumbo que debemos tomar cara a conquista da liberación e da igualdade de todas.
¡Un bico, amigas!
Comentarios (0) - Categoría: CURSOS E ACTIVIDADES DAS ASOCIACIONS - Publicado o 22-02-2010 19:21
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
ENTROIDO NAS ASOCIACIONS
Participacion na CeaAs asociacións de Mulleres Rurais da Comarca do Carballiño, celebran nestas datas as ceas de Entroido, despois de teren participado na creación dos traxes e organizacións das diversas comparsas que desfilan na Vila e nos Concellos pretos os que estas asociacións pertencen.
O pasado luns as Asociacións "A Revolta" e "Novas Vivenzas" celebraron unha cea conxunta
Comentarios (0) - Categoría: CURSOS E ACTIVIDADES DAS ASOCIACIONS - Publicado o 17-02-2010 11:30
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
CIMO 14/02
Tecnico/a instalador/ra de sistemas de seguridade

Empresa de sistemas de seguridade selecciona persoal para traballar como tecnico/a instalador/a. Necesaria experiencia dun ano en cableados, ou ter titulacion relacionada coa electronica
Comentarios (0) - Categoría: OFERTAS DE EMPREGO NA COMARCA - Publicado o 15-02-2010 12:51
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Actividade Creativa
Parte dos traballosTemos unha pequena mostra dos traballos desenvoltos polas nosas usuarias nas clases de habilidades creativas. A exposición da fe do bo facer e a iniciativa, xa que estes traballos unidos a algúns mais que estan facendo van a forman parte do rastrillo, que por decisión delas, consideraron que a aportación economica obtida vai a formar parte do que a nosa entidade FEMURO, envíe a axuda da reconstrución de Haiti.
Comentarios (0) - Categoría: CURSOS E ACTIVIDADES DAS ASOCIACIONS - Publicado o 09-02-2010 12:27
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
© by Abertal