Fundado o 15 de Setembro do 2006, o Proxecto Vocal Concerto Tempo nace como unha necesidade de alimenta-las inquedanzas musicais dun grupo de mozos e mozas da comarca de Ferrolterra, en A Coruña, e doutros pobos como Inglaterra ou a República Checa. A relación dos membros do grupo coa música é moi importante; por un lado, exercendo a docencia musical en educación Primaria e Secundaria así como nos conservatorios do país, e por outro, sendo alumnos de conservatorio, ou tamén, por ter pertencido anteriormente a outras formacións vocais.
Concerto Tempo combina o repertorio clásico de música coral do Renacemento, Barroco, contemporáneo, popular e folclórico, con música de cine e performances, colaborando tamén en proxectos de música popular urbana con artistas de reconocido prestixio.
Cabe destacar a estrea absoluta no ano 2008 da obra "Vinea Mea Electa" do compositor ferrolano Xan Viaño, no Conservatorio Profesional de música de Ferrol que leva o seu nome. E tamén as estreas absolutas de "Cementerio de aldea" de Emilio Mesías e "Panxoliña de Nadal" de Adrián Cuello no ano 2009, e as estreas absolutas da obra de Xan Viaño "El manantial" e "Da gracia de Deus" de Daniel Gª Artés no ano 2010.
Foi seleccionado para o concerto final do Certame Galego "En Clave Coral" dos anos 2009 e 2010, e para os concertos finais do Festival de Panxoliñas de Caixanova do 2009 e 2010.
No ano 2009 gaña a Avellana de Plata ex aequo do III Certamen Nacional Coral "La Avellana", en Infiesto, Asturias, quedando deserto o primeiro premio.
Neste ano 2011 colaborou no "Carmina Burana participativo" xunto ós coros da OSG e a Orquestra Sinfónica de Galicia. Ademais realizou a estrea absoluta da primeira obra composta adicada a Concerto Tempo; trátase da obra "Vaite vento" de Daniel Gª Artés, baseada nun poema dunha contralto de CT, Rita Calvo.
Concerto Tempo é socio da Federación Coral Galega FECOGA, e está inscrito nos Circuitos Culturais do Patronato de Cultura do Concello de Ferrol, así como na Rede Cultural da Deputación de A Coruña.
O director, José Antonio García Mato, é profesor de música no instituto de educación secundaria de Ortigueira, sendo ademais codirector do Coro Novo da OSG e integrante do Coro da Orquestra Sinfónica de Galicia.
Visita o noso myspace:
http://www.myspace.com/concertotempo
GAÑAMOS!!! Concerto Tempo gaña o 1º premio no V Certamen Nacional Coral de Infiesto (Asturias), ademais do premio á mellor interpretación da obra obrigada! Noraboa a tódolos Concertotempianos! Moitas grazas polo voso esforzo, traballo, sacrificio, concentración e un longo etc! A disfrutar deste momento! GRAZAS!!!
Pois si, Concertotempianos! Parece que foi onte cando botou a andar este proxecto vocal. Xa temos 5 anos! Como director teño que agradecervos, a todos e cada un dos que formáchedes parte do coro durante estes 5 anos, todo o traballo que fixéchedes e que fixo posíbel que cumpríramos este primeiro lustro. Para min é un orgullo se-lo director deste grupo humano que, sen dúbida, é o que máis me motiva para seguir traballando.
Grazas o traballo de tod@s @s que formamos esta familia Concertotempiana, de novo clasificámonos entre os cinco coros que competirán no Concurso Coral Nacional de Infiesto (Asturias).
Agora, a traballar duro para facelo o mellor posíbel!
Como dixo o dire, neste 2010 alcanzamos grandes obxectivos e o nivel do coro mellorou exponencialmente; pero, sen dúbida, o mellor do coro é a calidade humana que ten. Grazas polo esforzo e polo gran ambiente que temos, que en definitiva, é o que propiciará que sigamos medrando.
A por os nosos obxectivos de este ano...que son moitos!!!!!!!
Unha vez máis fomos seleccionados como agrupación finalista no concurso de panxoliñas de Caixanova. Grazas a tod@s polo esforzo realizado! A seguir traballando!
É para min toda unha honra e satisfacción actualiza-lo blogue despois de tanto tempo, e que sexa para dar tantas boas novas!!!
Primeiro...parabéns ós Concertotempianos no noso aniversario!!! Xa van 4 anos nos que este coro medrou en persoas, logros, calidade e peso (tantas ceas...jajajajaja). Cada vez hai máis compromisos porque cada vez estamos máis presentes no panorama coral, facéndonos un oco. Hai que seguir por este camiño porque coa ilusión que temos seguro que chegamos máis lonxe todavía se traballamos polo grupo...e sobre todo, disfrutando coa nosa música alá por onde imos. Somos un grupiño de persoas con grandes posibilidades...sobre todo de diversión festeira..jajajaja... A por moiiiitosss anoosss máis de boa música!!!
Segundo....felicitar tamén a varios membros do grupo que tamén conseguiron os seus propios logros na vida....si...xa sabedes a quen me refiro: ás superioras Amanda e Montse!!!! Estaaaamos supercontentos por vós, e esperamos que teñades moita sorte e moito ánimo para comezar esta andadura :)
Montse: botarémoste de menos...Amanda: ti estas preto..pobre de ti que deixes o coro..jajajaja. Patri se nos vai a Florencia tamén até o nadal...así que...volve pronto pero que che vaia moi ben!!! Tamén se te botará de menos!!! Quen máis emigra? Espero que ninguén, ehh!!! Cris contralto ó final tamén?? Ai!!! outra que ten que voltar prontiñooo!! Eva??.....cawen diez...pero quen queda???? jajajajaja Jose....se ves que non hai ninguen no ensaio non lle des ós brazos, que non sairá música.... :)
Terceiro: como xa sabedes, SOMOS FINALISTAS DO CONCURSO "EN CLAVE CORAL" DA FECOGAAAA!!!!!! POR SEGUNDO ANO CONSECUTIVO....ASÍ QUE NORABOAAA!!!!! a da-lo todo no concerto!!!
Precísase enfermeir@ para coida-las necesidades básicas dun coro de gran prestixio. Contrato só de setembro do 2010 a xuño do 2011, máis vacacións en navidad.
Requisitos mínimos que teñen que cumprir para non baixa-lo listón dos anteriores:
Ser soprano ou tenor
Ser moi guap@
Cantar como os anxos (nos días de choiva...jajaja)
Ter ganas de festas co coro valorarase positivamente.
Manda-lo currículum aquí
EEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEE................
NORABOAAAAAAA ÓS NOVOS PAPIIIISSS JAIME E SUSANAAAAAAAAAAAAA. ESSSSTAMOOOS DESEXANNDDOOO QUE
VEÑAN A AMOSA-LOOOOOOOOOOOOOOOO!!!!!!!!
QUE GUAAAAPOO QUE É XAN!!!!! :)
MOITOS BICOS E MOITAS FELICIDADESSSS!!! UN RAPACIÑO NOVO PARA A CANTEIRA DE CONCERTO TEMPO!! JAJAJA....QUEN É O SEGUINTE?
O prometido é débeda! E como máis vale tarde que nunca, eiquí vos deixo unha foto coa "outra identidade" do noso compi Alberto. Identidade que, aínda que secreta, xa era coñecida por todos nós dende fai tempo.
Pois aquí temos á nova soprano ou contralto de Concerto tempo, ainda que non é unha adquisición tan nova, pois a rapaciña poderíase dicir que incluso asistíu a máis ensaios que algúns de nós!!!(na barriga da nai, Ana Contralto....)jajajajajaja.
Que non digan que Concerto Tempo non ten cantera!!! Veña parellas!!! a procrear!!! que temos un coro que manter vivo por moitas xeracións!!!
Por certo...é ben guapiña a rapaza ehh!!! :) Imos ter loquiños ós homes que veñan a ve-las actuacións!!! (Un pouco máis que antes...jejjejejeje) E tamén loquiñas ás mulleres eh!!! que hai moito rapaz wapo tamén...se é que non hai que ir a Infiesto, hai que ir a miss e mister universo!!! jajajajaja....
Ola Concertotempianos! aí vos deixo o calendario de actuacións do certame "En Clave Coral" organizado pola Federación de Coros de Galicia no que actuaremos no concerto de clausura, xa que quedamos entre as catro agrupacións mellor valoradas...