Proxecto Vocal Concerto Tempo (Ferrol)
Fundado o 15 de Setembro do 2006, o Proxecto Vocal Concerto Tempo nace como unha necesidade de alimenta-las inquedanzass musicais dun grupo de mozos e mozas da comarca de Ferrolterra, en A Coruña, e doutros pobos como Inglaterra ou a República Checa. A relación dos membros do grupo coa música é moi importante, por un lado exercendo a docencia musical en educación Primaria e Secundaria así como nos conservatorios do país, por outro sendo alumnos de conservatorio; ou tamén, por ter pertencido anteriormente a outras formacions vocais.

Concerto Tempo combina o repertorio clásico de música coral do Renacemento, Barroco, contemporáneo, popular e folclórico, con música de cine e performances, colaborando tamén en proxectos de música popular urbana con artistas de reconocido prestixio.

Cabe destacar o estreno absoluto, o 23 de maio do 2008, da obra "Vinea Mea Electa" do compositor ferrolano Xan Viaño no Conservatorio Profesional de música de Ferrol que leva o seu nome.

Foi seleccionado para o concerto final do Certame Galego "En Clave Coral", e para os concertos finais do Festival de Panxoliñas de Caixanova do 2009.

Ese mesmo ano gaña a Avellana de Plata exaequo do III Certamen Nacional Coral "La Avellana", en Infiesto, Asturias, quedando deserto o primeiro premio.

Concerto Tempo é socio da Federación Coral Galega FECOGA, e está inscrito nos Circuitos Culturais do Patronato de Cultura do Concello de Ferrol, así como na Rede Cultural da Diputación de A Coruña.

O director, José Antonio García Mato, é profesor de música no instituto de educación secundaria de Ortigueira, sendo ademais integrante do Coro da Orquesta Sinfónica de Galicia.

Visita nosa páxina web:
http://www.concertotempo.com

E o myspace:
http://www.myspace.com/concertotempo

free hit counter

Contador


Correo electrónico
contacto[arroba]concertotempo.com
 Categorías
 Galería de fotos
 Ligazóns Recomendadas
 Buscador
 Procurar Blogs Galegos
 Arquivo
 Artigos Anteriores

Canta a túa obra favorita (Lux aurumque) sendo dirixido por Eric Whitacre!
Comentarios (0) - Categoría: Repertorio - Publicado o 14-03-2010 12:48
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Choir of the World


Estes son os gañadores do certame "Choir of the World" 2009, celebrado en Gales.
Comentarios (1) - Categoría: Youtube - Publicado o 28-01-2010 16:19
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
VINDEIROS CONCERTOS


ABRIL

Venres 16 ás 20:30. Conservatorio de Culleredo.

XUÑO

Sábado 26 no Teatro Jofre. Ferrol.

Domingo 27 no Pazo da Cultura. Narón.

SETEMBRO

Sábado 4. Voda de Eva.
Comentarios (0) - Categoría: Concertos - Publicado o 24-01-2010 21:15
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
VINDEIROS ENSAIOS


Venres 19 de marzo ás 12h até as 14h.


Comentarios (0) - Categoría: Ensaios - Publicado o 24-01-2010 21:13
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Parecidos razoábeis

Aquí temos unha nova entrega dos parecidos!!!

A nosa Patri estaba wapisima esa noite, e tiña un estilo moi parecido a Jessica Rabbit!!! :)

Comentarios (5) - Categoría: Xeral - Publicado o 01-01-2010 18:46
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Unha Concertotempiana da realeza?

Ayayayayayyyyyyyyyyyyyyyyyy....aquí hai tomaaaateeee!!!!!

Dícese, coméntase, que Hanna é a irmá do príncipe Harry de Inglaterra, e nolo tiña ocultado!!!

Hanna....desmínteo se podes...as probas fotográficas quedan aquí postas... :)))

Que ilusión!!!

Tráete a daddy Charles, que cantar non sei...pero escoitar é imposíbel que escoite mal...jejejeje.
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 14-10-2009 21:48
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Máis parecidos razoábeis!!
Aí pode ir outro..... :)

Ese pelo é inconfundíbel... :))

Comentarios (5) - Categoría: Xeral - Publicado o 13-10-2009 20:45
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Por petición popular...parecidos razoábeis!!
E sabemos que no coro hai máis parecidos razoábeis....pero todo ó seu tempo :))

Polo de agora temos aquí a Esther e a Betty a dos picapedra :)

Comentarios (5) - Categoría: Xeral - Publicado o 13-10-2009 14:20
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Démoslle a benvida á nova integrante do coro!

Pois aquí temos á nova soprano ou contralto de Concerto tempo, ainda que non é unha adquisición tan nova, pois a rapaciña poderíase dicir que incluso asistíu a máis ensaios que algúns de nós!!!(na barriga da nai, Ana Contralto....)jajajajajaja.

Que non digan que Concerto Tempo non ten cantera!!! Veña parellas!!! a procrear!!! que temos un coro que manter vivo por moitas xeracións!!!

Por certo...é ben guapiña a rapaza ehh!!! :) Imos ter loquiños ós homes que veñan a ve-las actuacións!!! (Un pouco máis que antes...jejjejejeje) E tamén loquiñas ás mulleres eh!!! que hai moito rapaz wapo tamén...se é que non hai que ir a Infiesto, hai que ir a miss e mister universo!!! jajajajaja....

Benvida ó mundo coral Icía :)))

Bicos
Comentarios (5) - Categoría: Xeral - Publicado o 11-10-2009 19:58
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
En Clave Coral
Ola Concertotempianos! aí vos deixo o calendario de actuacións do certame "En Clave Coral" organizado pola Federación de Coros de Galicia no que actuaremos no concerto de clausura, xa que quedamos entre as catro agrupacións mellor valoradas...

En Clave Coral
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 11-10-2009 13:24
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
© by Abertal
Proxecto Vocal Concerto Tempo, Ferrol.