Este é un dos contos que tan ben conta a profe Ana. No blog "pekexeve", ó que podedes acceder premendo no enlace da marxe esquerda desta páxina, os pequenos e pequenas de cinco anos debuxamos o conto.
Desde hoxe, todos os xoves van ir os patrulleiros a manter a biblioteca ordenada, van nenos e nenas por grupos mesturados de varios cursos.Moi ben nenos e nenas!
Como todos os anos, hoxe 30 de xaneiro, celebramos todos xuntos o día da paz para recordar o que non debemos esquecer que é tratar de ter unha boa convivencia.
Todos xuntos cantamos a canción que levamos aprendendo toda a semana: "los niños quieren la paz" e aínda que somos moitos, fixémolo bastante ben.
VIVIRÍAMOS MELLOR SE....reflexionamos cos nenos e nenas como poderíamos vivir mellor, que pequenas cousas fan que a vida sexa mellor entre nós.Os xestos cotiáns e os que van mais alá do noso entorno.
Para que serán estas caixas que están facendo os nenos e nenas de 5º, serán para gardar pinturas?, serán arquivadores? para enchelas de pequenos tesouros? xa o sabremos en pouco tempo.
Se acerca o día da paz, no cole estamos pensando en como imos recordar o que debemos facer para crear paz ao noso arredor,na nosa vida cotián.
Comecemos polo próximo para despois extendela.