Colegas do galego


Blog do ENL do Ies Val do Tea Ponteareas
Unha utilidade para estender o uso do galego no ámbito comercial na comarca do Condado

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO

O deseño da pegatina gañadora
Na cabeceira do blog o traballo gañador para a imaxe da campaña. Máis tarde decidimos modificar a cor de fondo polo verde, nun próximo artigo vós amosaremos o resultado definitivo, aínda mellor.
Comentarios (4) - Categoría: Campaña colegas do galego - Publicado o 28-06-2006 20:07
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Inicio da campaña Colegas do galego
Estimados colegas:

Dirixímonos a vós co fin de proporvos a vosa colaboración na campaña “Colegas do Galego”. O obxectivo desta acción promovida pola ENL do Ies Val do Tea é estender o uso da lingua galega nos distintos ámbitos da vida cotián, neste caso pretendemos apoiar o uso da nosa lingua nos establecementos comerciais da comarca de Ponteareas.
Para tal obxecto, os alumnos do instituto deseñaron un símbolo que servirá para identificar a vontade do voso establecemento de empregar o galego na actividade comercial.
Os establecementos comerciais que se sumen a “Colegas do galego” contarán coa axuda do ENL do Ies Val do Tea para o uso do galego no ámbito comercial.
Comentarios (0) - Categoría: Campaña colegas do galego - Publicado o 27-06-2006 19:27
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
© by Abertal