Na cabeceira do blog o traballo gañador para a imaxe da campaña. Máis tarde decidimos modificar a cor de fondo polo verde, nun próximo artigo vós amosaremos o resultado definitivo, aínda mellor.
Dirixímonos a vós co fin de proporvos a vosa colaboración na campaña “Colegas do Galego”. O obxectivo desta acción promovida pola ENL do Ies Val do Tea é estender o uso da lingua galega nos distintos ámbitos da vida cotián, neste caso pretendemos apoiar o uso da nosa lingua nos establecementos comerciais da comarca de Ponteareas.
Para tal obxecto, os alumnos do instituto deseñaron un símbolo que servirá para identificar a vontade do voso establecemento de empregar o galego na actividade comercial.
Os establecementos comerciais que se sumen a “Colegas do galego” contarán coa axuda do ENL do Ies Val do Tea para o uso do galego no ámbito comercial.