Pepe Dovale, Patrón do barco
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 NA REDE

PREMIADO O NOSO DEBUXO COMPARTIDO
Hai uns días, remataba o prazo de presentación de obras no "VII CONCURSO DE DEBUXOS de 0 a 100" que, con motivo da celebración do MAIO DOS MAIORES, o CAPM de Taboadela (centro do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar da provincia de Ourense) organizou, presentando xa a súa sétima edición. O obxectivo deste concurso non é outro que fomentar a expresión creativa entre os/as participantes así como dar a coñecer as instalacións e actividades do seu centro.
Os debuxos, de estilo e temáticas libres, podíanse presentar a tres categorías: Senior, Xove e Interxeracional, e de maneira individual ou colectiva.
Desde o noso Centro, enviamos 2 obras para participar, realizadas con técnicas diversas e por persoas diferentes, tanto maiores do centro residencial como do centro de día, así como persoal que desenvolveu a actividade. A primeira, titulada ?A árbore da vida?, feita coa técnica de collage e para a categoría Senior, de maiores de 65 anos, realizada por Carmen Fraguela (70 anos), Otilia Suárez (80 anos), Inés Loureiro (86 anos) e José Lombao (94 anos), resultando ser a gañadora do seu grupo. A segunda, titulada ?Botando unha man? feita con ceras graxas e rotuladores e para a categoría Interxeracional de 0 a 100 anos, realizada por Manel Peña, Carmen Rey, Fina Orosa, Carmen Barros, Otilia Suárez, Remedios Ríos e Inés Loureiro, acompañadas polas xerocultoras Sara Iglesias e Carmen Novo, e con idades comprendidas entre os 30 e os 86 anos.
Onte, día 9 de xuño, véspera da entrega dos premios, recibimos con ledicia a boa nova do premio, e con pena, por non poder ir persoalmente a buscalo, xa que a distancia é grande, case poderíamos dicir, de punta a punta de Galicia.Iso sí, mandamos unha fotografía do e das gañadoras e unha pequena grabación de voz como proba do noso agradecemento.
Queremos aproveitar desde aquí para saúdar a todas as persoas maiores do Centro de Maiores de Taboadela, así como a todo o persoal e a todas as persoas participantes neste concurso, para nós é moi motivador o feito de que sexa valorado o noso esforzo e traballo compartido e,de seguro, seguiremos participando nas vindeiras edicións. Bo traballo!!.Unha aperta colectiva
Comentarios (1) - Categoría: 1. CADERNO DE BITÁCORA - Publicado o 10-06-2015 11:22
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0