Pepe Dovale, Patrón do barco
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 NA REDE

LITA, UNHA MULLER ADIANTADA AO SEU TEMPO

Deixounos Lita. Deixounos un exemplo vital no que nos mirar.
Lita naceu en Compostela no ano 20 do século pasado. Poderíase pensar que é unha muller do seu tempo que, como tantas outras, tivo unha vida marcada polo agro e encamiñada ao matrimonio para toda a vida e, por suposto, a ter fillos. Lita non. Lita tivo a oportunidade de estudar e o fixo, rematou os estudos de Ensinanza Social e converteuse en Asistente Social. Foise para Madrid a exercer a súa profesión, sen medos e sen complexos. Traballou cos máis humildes (obreiras, mineiros?) pero como ela dicía: o traballo estivo cheo de dificultades, pero foi unha inestimable experiencia e de resultados positivos en moitos aspectos, o cal suaviza a tensión interior que produce vivir con problemas humanos que non se poden en gran parte resolver, xa que así é en xeral, a vida dura e sen horizontes do traballador humilde. Que sufran sabéndose conter e sobrepor sen odio ás adversidades, é heroico e non todos están á altura de poder facelo.
Lita encheu a súa vida coa súa profesión, con amigos, con lecturas, con deporte e con viaxes por España e polo estranxeiro. Unha muller independente, protagonista da súa vida.

Comentarios (5) - Categoría: 1. CADERNO DE BITÁCORA - Publicado o 07-06-2011 11:44
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0