Pepe Dovale, Patrón do barco
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 NA REDE

DÍA DAS LETRAS

Todos os pobos realizan celebracións comunais para remarcar a identidade colectiva e reforzar a cohesión da nación. Estas celebracións toman forma arredor do aniversario dunha data emblemática: o día do descubrimento de novas terras, a data en que se asina o tratado que pon fin a unha guerra, o nacemento ou a morte dun persoeiro... Pero que mellor xeito para celebrar o día das nosas Letras que a publicación dun libro: Cantares Gallegos de Rosalía de Castro, hai 150 anos. Obra mestra da literatura contemporánea. Creada con valentía nun tempo no que as mulleres estaban relegadas da vida social e o galego era o idioma do pobo chan e non se consideraba con dignidade para usarse na escrita.
Este ano a Real Academia propón a homenaxe a un dramaturgo, un actor, un home de teatro: Roberto Vidal Bolaño. Mestre revivificador do teatro contemporáneo.
O venres, a xente da Casa, queremos celebrar o Día das Letras Galegas xunta Rosalía, Roberto e a veciñanza de San Claudio. Comezaremos a parola ás tres e media, despois haberá unha merenda especial e a continuación teremos a actuación do Home-orquestra de Viveiro. Ha de ser un día para gozar en boa compaña.
Comentarios (2) - Categoría: 1. CADERNO DE BITÁCORA - Publicado o 13-05-2013 13:12
# Ligazón permanente a este artigo
FESTA INTERXERACIONAL DOS MAIOS 2013
Xa chega o maio florido e galán e como tódolos anos ímoslle cantar, sen bruxas nin demos, sen segas, usuras nin preitos, sen quintas nin portas, nin foros, nin cregos. Xa chega a primavera, a ledicia e a ilusión, xa chega o noso maio enchendo todo de cor, xa chega o día de San Isidro Labrador.
Velaí vén o maio de flores cuberto para facer unha alfombra, unha figura e algún boneco. Virán de Aspromor, do Instituto e do Colexio, virá a xente miúda da Escola Infantil á praza do Concello, a celebrar o maio longo todo de rosas cuberto. A Escola de Gaitas tamén animará a festa comunitaria do mércores á mañá. Os maiores da residencia agardamos por vós, para festexar o maio todos xunta nós.
Mirade o cartel, lédeo ben. Non quededes na casa, celebrade o maio, vide ser parte del.
Comentarios (3) - Categoría: 1. CADERNO DE BITÁCORA - Publicado o 08-05-2013 08:20
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0