Pepe Dovale, Patrón do barco
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 NA REDE

O QUIXOTE VISÍTANOS POLO DÍA DO LIBRO (23 de abril)
A celebración do Día do Libro remóntase aos comezos do século XX. O día 23 de abril celébrase en todo o mundo, o Día do Libro Internacional.
A súa orixe está en 1926. O 23 de abril de 1616 falecían Cervantes, Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega. Tamén nun 23 de abril naceron ? ou morreron ? outros escritores eminentes como Maurice Druon, K. Laxness, Vladimir Nabokov, Josep Pla ou Manuel Mejía Vallejo. Por este motivo, esta dataa tan simbólica para a literatura universal foi a escllida pola Conferencia Xeral da UNESCO para rendir unha homenaxe mundial ao libro e aos seus autores, e alentar a todxs, en particular axs máis novxs, a descubrir o pracer da lectura e respectar a irreemprazable contribución dos creadorxs ao progreso social e cultural.
En España, Miguel de Cervantes Saavedra coñecido tamén polo alcume de ?O manco de Lepanto?, escritor de gran renome escribiu a comezos de 1605 ?O Quixote?, sendo a obra máis destacada da literatura española e das principais da literatura universal, ademáis de ser a máis lida, logo da Biblia. Resultou ser ?o mellor traballo literario xamais escrito?, encabezando a listaxe das mellores obras literarias da historia.
Lonxe nos quedan os anos de Cervantes pero á súa mellor obra, sempre viva, damos lectura, cada 23 de abril, para lembrar as andanzas do fidalgo da Mancha, Alonso Quijano, que de tanto ler novelas de cabaleirías acaba toleando e crendo que é un cabaleiro andante. As súas intencións son boas, axudar aos pobres e desfavorecidos, e lograr o amor de Dulcinea do Toboso, acompañado polo seu fiel escudeiro Sancho Panza pero a sorte non os acompaña nas súas diversas saídas, como na primeira delas, na que ataca a uns xigantes que en realidade resultan ser muíños de vento.
E en Ortigueira non íamos ser menos!!, ademáis de conservar un dos poucos muíños de vento que quedan en pé no Campo da Torre, tivemos unha visita inesperada pero ben aplaudida, a de Don Quixote montando no seu cabalo Rocinante, acompañado de Sancho Panza e da súa amada Dulcinea. Moitas grazas a Augusto, Sandra e Mariluz, por facernos botar unhas risas e pasar unha tarde tan entretida.
Comentarios (0) - Categoría: 1. CADERNO DE BITÁCORA - Publicado o 30-04-2020 12:54
# Ligazón permanente a este artigo
O IOGA CHEGA Á NOSA CASA!
O ioga na casa proporciona un benestar físico, emocional e mental. É unha disciplina milenaria que naceu na India hai máis de 4000 anos e que se popularizou ata chegar aos nosos días. Baséase en conectar corpo, mente e emocións empregando a respiración e as posturas corporais. Considerada para tódolos públicos, na Resi de Ortigueira puxémonos en acción, guiadxs por Laura, a nosa Terapeuta Ocupacional. Con ela realizamos algunhas sesións, co fin de pasar unhas mañás entretidas á vez que nos deu pautas para axudar a: reducir a ansiedade e o estrés, aumentar a calidade do sono e durmir mellor, fortalecer os músculos e ósos, aumentar a flexibilidade, aliviar dores crónicas e posturais, queimar calorías, respirar axeitadamente e sobre todo, manternos xoves.
O Ioga presta e beneficia a nosa saúde. Repetiremos a experiencia!!!.
Comentarios (0) - Categoría: 5. A saúde VENTO EN POPA - Publicado o 27-04-2020 23:31
# Ligazón permanente a este artigo
"XUNTXS SOMOS MELLORES"
O confinamento polo Covid-19 levounos a cambiar rutinas, horarios e actividades; requeriu adaptar espazos para cumprir as medidas propostas polos expertxs e tentar así reducir ou minimizar o risco de contaxio. Desde antes incluso de decretar o estado de alarma, no centro xa nos recomendaron encarecidamente non saír ao mercado, a comer os churros ou a selar a quiniela, para evitar concentracións de xente.
A residencia é a nosa casa e ficamos nela. Unha casa grande onde se traballa arreo os 365 días do ano e moito máis nas circunstancias actuais.
Por este motivo, quixemos agradecerlle a todo o persoal a súa implicación, profesionalidade, capacidade e compromiso no  coidado das persoas maiores, na nosa atención e benestar. Pintamos unha chea de mans, coas cores dos uniformes do persoal (verde, lila, laranxa e azul), xuntámolas, escribimos en cada unha o nome dxs traballadorxs e colgámolas en forma de guirnalda nos espazos comúns. Sumámonos así ao seu berro: "xuntxs somos mellores".
Conservaremos na memoria este tempo de peche, lembrando o seu bó traballo e que grazas a elxs o becho non nos visitou. 
Comentarios (0) - Categoría: 3. CONSERVA na memoria - Publicado o 23-04-2020 17:09
# Ligazón permanente a este artigo
OBRADOIRO DE MASCARILLAS POLO 7 DE ABRIL
Popularmente coñecido é o dito "en abril, chuvias mil" e neste ano máis que nunca, coa que está caendo pola pandemia provocada polo Covid-19.
Foi en 1.948, e xa choveu dende aquela, cando a Primeira Asemblea Mundial da Saúde propuxo establecer un "Día Mundial da Saúde" para conmemorar a fundación da OMS, nun 7 de abril. Tódolos anos, escóllese un tema de saúde específico co fin de destacar unha área prioritaria de interese para a OMS.
2020 é o ano Internacional de Enfermaría e de Parteiría (persoal que representa case un 50% dxs traballadorxs sanitarixs do mundo). O obxectivo é poñer de relevo o papel fundamental que desempeñan na prestación de servizos de saúde en todo o mundo, atendendo á poboación tanto a nivel individual como a familias e comunidades, traballo fundamental para a Saúde Pública.
Dende aquí, rendémoslle unha pequena homenaxe, poñendo en valor a súa profesionalidade, a súa gran implicación ante as adversidades e o seu esforzo por traballar, en moitas ocasións, con material insuficiente e con escasa protección, expoñéndose a contaxios e a enfermar, evitando que enfermen outrxs.
De xeito simbólico e para conmemorar este día, realizamos un pequeno obradoiro de "mascarillas con papel de forno", unha das tantas iniciativas que andaban pola Rede para saír do paso, en caso de non ter o material de protección necesario, aproveitando o que hai na casa (papel de forno, gomas elásticas e grampas).
A día de hoxe non nos fixeron falta, pero "quen garda, sempre ten".
Comentarios (0) - Categoría: 5. A saúde VENTO EN POPA - Publicado o 22-04-2020 16:34
# Ligazón permanente a este artigo
MANS ANIMOSAS DO CRA DE SILVOSO (BERGONDO)

Nestes días, chegounos un agasallo moi especial á Residencia de Ortigueira dende o CRA de SILVOSO, de Bergondo. Un vídeo onde aparecen unha morea de "mans animosas" que fixeron agromar o mellor dos nosos sorrisos.
https://escoladesilvoso.blogspot.com/2020/04/homenaxe.html?m=1

Nos tempos que corren, rir é moi importante e non sempre doado de conseguir.
Tódalas persoas maiores e o persoal da Resi, agradecémoslle o detalle tanto á mestra como axs pícarxs e ás súas familias, tentando acurtar distancias en Km e temporais ( dos 3 anos aos 104). Aí vai o noso agasallo, un pequeno vídeo como lembranza do noso encontro virtual e que esperamos fagamos en directo, cando todo isto pase. https://www.facebook.com/xelo.pazrodriguez/videos/pcb.10217107446663124/10217107446383117/?type=3&theater

Queremos darlle un agradecemento moi especial a Ledicia Castro Ansede por facer de fío comunicador, grazas compañeira!

Apertas Pequenxs Grandes Amigxs!!!
Comentarios (0) - Categoría: 6. CATALEXO cousas para ver - Publicado o 22-04-2020 16:10
# Ligazón permanente a este artigo
DÍA DA TERRA (22/04). Poema ?Volvín?, de Carmen Penín.
Tódolos anos, polo 22 de abril, millóns de cidadáns en todo o mundo, manifestan o seu compromiso na preservación do ambiente e da sustentabilidade da Terra. Feito que cada vez resulta máis evidente e necesario, dadas as circunstancias provocadas pola pandemia do coronavirus e o cambio global que require, tanto a nivel persoal en canto a actitudes, como a nivel comunitario.
As nosa vidas están ligadas estreitamente á terra e o sentimento de pertenza a ela é grande, sobre todo, cando nos referimos á terra que nos acolle, ao territorio onde vivimos.
Aproveitamos este 22 de abril para compartir con vós un sentido POEMA, titulado ?VOLVÍN?, escrito por CARMEN PENÍN, veciña do lugar de Vilariño, de Mañón, no que reflicte o seu sentir pola terra que a viu nacer, a súa morriña ?tan galega? e o paso do tempo. Verbas coas que Josefa García, Clotilde Bellas, Antonio Álvarez, Eva Rey, Sandra Lozano e Vero Orizales, veciñxs e traballadoras da nosa Casa Grande, sentiranse identificadxs ao ser tamén de Mañón. Ou mesmo Satur Cao que ten familia alí.
Xente de ben, toda ela, da terra bañada polo río Sor, un dos sete ríos do Paraíso, como dixo Álvaro Cunqueiro hai tempo.
A continuación, desfrutade do poema:
VOLVÍN?
Volvín onte,
volvín a escoitar o asubío do vento
moi preto daquela casiña do meu nacemento.
Volvín á tarde neboenta da pena de Vilariño
tantas lembranzas vividas ¡ai, pena do meu cariño!.
Volvín a tropezar nos marcos,
atopar as silveiras,
a pasear nas eiras
e remexer noutras lareiras.
Volvín acariñar a súa man cansa,
moi cansa
aferreime a unha memoria, pra min aínda viva
chorei por dentro, ao saber que non me recoñecía
fuxira a nena que axudara a nacer no seu día.
Fuxira, e era alguén da miña sangue que volvía.
era a nai, era a neta, era a miña cara sen nome
mais volver, volver aquel aterra encantoume.
Quixen percorrer o terreo dun camiño andado,
quixen despedir a nenez que vivín ao seu lado
quixe?pero o tempo non pasou en vano
e quedou o escrito daquel amor, amor gañado.
Volvín, volvín, para quen volvín,
vida do meu pasado
volvín, volverei, alí onde fica o meu amor quedado.
Carmen Penín
Grazas pola túa solidariedade!!

Comentarios (0) - Categoría: 7. TESOUROS naturais - Publicado o 22-04-2020 14:39
# Ligazón permanente a este artigo
CANTARES E CONTARES COVIRAIS-20
Dende que o Goberno decretou o estado de alarma ordeando non sair da casa, os nenos e nenas estaranse dando de conta da importancia que ten ir á escola e do moito que nela aprenden, cousa que moitas persoas maiores do Centro, non puideron facer no seu tempo, por ter que axudar na casa, ir ao lindeiro coas vacas ou ao río a lavar.
A rapazada de antes aprendía na "Escola da vida" e moito do seu saber foilles transmitido de forma oral polos seus pais/nais ou avós/as, para que souberan valerse no mundo. Ler, escribir e as catro reglas aprendíanas, con sorte, e todo o demais nas noites de inverno ao carón da lareira, nas esfollas do maínzo, nas mallas, na fonte, no lavadoiro, na tenda de ultramarinos, na feira ou na misa. Saberes importantes para traballar, remediar dores, cociñar,sementar e recoller, do tempo, para mocear, troulear, facer trocos, entre outras moitas cousas que non saen nos libros e tamén é preciso coñecer.
Na casa, poñendo en valor toda esta sabedoría popular que atesouran os nosos maiores, fixemos un caderno no que recoller, nestes días virulentos, todas esas aprendizaxes significativas para transmitílas aos pícaros/as que veñen pisando forte pero pola súa idade, aínda son inocentes.
Comentarios (0) - Categoría: 4. CONTOS DA VILA - Publicado o 16-04-2020 23:24
# Ligazón permanente a este artigo
I INSURRECTION FEST

Pasou a Semana Santa case sen enterarnos, porque tódolos días parecen iguais estando confinadxs. Pero na Resi, o domingo de Resurrección foi especial por dous motivos. Había que celebrar o cumpreanos de Jessi, xerocultora da Casa Grande e os resultados das probas do Covid-19 que nos deron negativas a todxs, tanto ás persoas maiores como ao persoal.
Por iso, decidimos encher de baile e música o centro, celebrando o "I Insurrection fest", como así o apadriñou o noso querido Isaías.
O Dúo Dinámico, María Jesús e os paxariños, Los Mismos, Pedrito Fernández ou Massiel, foron as actuacións para abrir boca, poñendo o broche de ouro Marisol, Peret e Rocío Durcal.
Unha hora chea de colorido e risos que nos fixo pasar un serán ben entretido. Como fin de festa e ao compás do chacachá, fixemos un tren enorme por toda a sala de actividades. Iso sí, mantendo as distancias e botando bicos ao ar, por onde iamos pasando.
Grazas a todo o persoal por demostrar a súa vea artística, facendo desfrutar a todo o mundo. Haberá que repetir!!
Comentarios (0) - Categoría: 2. Actividades por TÉMPORAS - Publicado o 16-04-2020 23:11
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0