Pepe Dovale, Patrón do barco
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 NA REDE

ATA A PRÓXIMA ALIANA

Nestes días pasados de entroido e lambonadas típicas da tempada,de barullo e festa, marchou paseniño a nosa traballadora Aliana,terapeuta ocupacional,ao rematar o seu contrato de traballo. Desexámoste dende aquí,saúde,sorte,amor e que sigas traballando no que máis che gusta.Vente de visita un xoves que faga bó tempo, que habemos ir dar boa conta dos churros co chiculate que fan no Mercado. Unha aperta
Comentarios (2) - Categoría: 1. CADERNO DE BITÁCORA - Publicado o 20-02-2016 22:26
# Ligazón permanente a este artigo
XA VAN CINCO ANOS BLOGUEANDO COAMAREA

O pasado día 18 deste mes da Candeloira, o noso blog cumpríu 5 aniños. Como pasa o tempo!!!. E que mellor xeito de celebralos que con música da boa, e en directo. Os nosos amigos de Maniños (Fene), Leso e Teresa, xenro e filla da nosa Esperanza, deleitáronnos a mañá, ao ritmo dunha guitarra virtuosa e das súas voces melodiosas. Leso explicou que aprendeu a tocar a guitarra aos 12 anos, de maneira autodidacta, lembrándonos que xa de neno ía acompañando con ela á ?Ronda de Clave Azul? de Maniños , promocionando a música de pulso e púa, e da que formaba parte o home de dona Esperanza, posteriormente o seu sogro).Cousas da vida!! .
?Ai queee placer sentía yooo?? e quen se atopaba na sala de actividades, ao escoitar os seus aloumiños en forma de habaneira, tentando acompañalos nos retrousos. Foi un concertazo en toda regla, que queremos agradecerlles dende aquí , a unha familia tan colaboradora. Resultou unha mañá entrañable que convidaba a namorar, pois somos d@s que pensamos que calquera día do ano e bó para facelo, sen ter que facerlle caso ao tal san Valentín.
Aproveito no meu nome e no de todas as persoas maiores e o persoal, desta nosa Casa Grande, tanto as cancións como o tempo que nos adicaron e xa quedamos en anotar outros títulos que nos apetezan para pedirlles na próxima cita, que de seguro, estará próxima. Se cadra, facemos unha coral.
E non está de máis, agradecervos a tod@s e cada un/ha das persoas, coñecidas ou non, amig@s, veciñ@s, familiares, traballador@s do Centro, etc,? que tivestes o detalle de entrar no noso blog e compartir un cachiño da nosa historia. Agardamos seguir navegando coa marea e que vos o vexades. Bicos de salitre e apertas mariñeiras.


Comentarios (0) - Categoría: 1. CADERNO DE BITÁCORA - Publicado o 20-02-2016 20:37
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0