Pepe Dovale, Patrón do barco
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 NA REDE

ANINOVO CON BEN VEÑAS

Non queremos deixar pasar a ocasión para felicitar a todas e a todos as festas deste Nadal, agradecendo tanto por parte das persoas maiores que vivimos na Residencia, como de todo o persoal que nela traballa, así como das nosas familias, a vosa compaña e atención.
Agardamos que o ano que entra, o 2014, veña cargado de folgos, para seguir co bo rumbo que levamos, moita saúde e sorte abonda.Como dí o cantar popular:
"Aninovo con ben veñas
cos años e coas ovellas
e co sol enriba das tellas"

Nestes días puidemos desfrutar ao compás da Rondalla de Cariño que,ano tras ano nos acompaña nestas datas especiais.Os nenos e nenas do CEIP José Mª Lage fixeron as delicias de todo o mundo coas súas panxoliñas, flautas, pandeiretas e tamboril, ao igual que os máis pequerrechos/as da Escola Infantil "Patucos" que viñeron adornar unha das nosas árbores cos seus traballos e debuxos.Canto traballaron!!
Pasou o Apalpador ás caladiñas e tivemos a visita de dous papanoeis, ben coñecidos por certo, que repartiron doces pola Casa; tivemos xantares e merendas típicas da tempada e un queique ben rico feito cos ovos das nosas galiñas poñedoras, Pita e Churra,que non teñen medo á friaxe nen ás cicloxéneses.As "apeghotas" inocentes, estaban de día libre e deixan paso ao anovello.Teremos preparado o noso cepo de Nadal, polas ánimas benditas, ao quentiño da lareira e agardaremos pola maxia dos Reis, felicitando primeiro aos Manueles e Manuelas como manda a tradición.
Dende este NOSO BARCO seguiremos, no vindeiro ano, indo e vindo COAMAREA, que virá cargadiña de cousas que contar.Unha aperta e moitos bicos
Comentarios (2) - Categoría: 1. CADERNO DE BITÁCORA - Publicado o 30-12-2013 14:45
# Ligazón permanente a este artigo
CONCURSO NAVIYAYO

A empresa ADD informática convoca este ano un concurso de manualidades de Nadal a través da súa comunidade de facebook: Naviyayo 2.013-2.014.
Dende esta casa presentamos dúas fotografías de dúas árbores de Nadal que fixemos o ano pasado e que volveremos a montar en breve:
A ÁRBORE DE FARRAPOS. Feita con cachos de distintas teas verdes anoados a unha malla plástica triangular de 2 metros de alto. A posteriori situáronse diversos adornos feitos tamén de material reciclado: pasta, botellas, cápsulas de café, cartón... e tamén de papel pintado.
A ÁRBORE DE PAPEIS. Feita con cachos de papel de seda e de celofán de cores dispostos a xeito de abano e inseridos nunha estrutura piramidal de metro e medio de alto feita con un palé, catro listóns de madeira e malla plástica. Tamén se elaboraron bolas con poliespán pintado e cuberto de purpurina. A árbore serve para pendurar as distintas postais de Nadal recibidas na casa así como as tarxetas de desexos de residentes, persoal, familiares e amizades.
As fotos son as que vedes neste artigo. Se vos gustan podedes votalas entrando no facebook de Resiplus e picando en ?Me gusta? enriba de cada foto. Temos ata o 11 de decembro.
Grazas por colaborar!
Comentarios (0) - Categoría: 1. CADERNO DE BITÁCORA - Publicado o 02-12-2013 09:27
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0