Pepe Dovale, Patrón do barco
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 NA REDE

FESTA DO SAN MARTIÑO

Isto pasaba nos anos 1939 ? 1942, que eu recorde.
Na miña casa cando era pequeno faciamos a festa dos roxóns. Era moi especial e facíase sempre en novembro, por San Martiño.
Viñan os compadres (meus padriños e os de meus irmáns) e quedábanse a xantar e cear; tamén viñan cos fillos e pasabámolo moi ben facendo xogos como a billarda, escondite? Ao anoitecer contabamos contos. Cando facía frío, arredor da lareira. Sobre todo do lobo e xa ninguén se atrevía a saír fóra a mexar. Iamos á cuadra e os demais ían facendo Uuuu, Uuuu, como animal, para amedrentar.
Tamén tiñamos o padriño do meu irmán que era pescador e sempre viña polos roxóns e traíanos merluza. O meu pobo é no interior, pouco peixe se comía daquela a non ser que fora bacallau salgado, e cando miña nai cociñaba a merluza, meu avó sempre preguntaba que animal con rabo era aquel. Meus irmáns e eu riamos moitísimo; meu avó non sabía que era peixe.
O meu avó facíanos tamén a broma que non sabía persignarse e facía: por la señal de la Sta. Cruz (e poñía o dedo na orella), de nuestros enemigos, líbranos Señor Dios nuestro (e meu avó poñía o dedo no costado). E así seguía poñendo o dedo na planta do pé. Nos riamos ata cansarnos dicindo:
- Avó non se fai así.
El deixábase ensinar e tíñanos a todos preocupados porque aprendera facer a señal da cruz.
Eu dicíalle:
- Sei que queres acabar de facelo ben.
Pasaron uns anos cando nos dimos conta do grande que era o avó.
Comentarios (1) - Categoría: 1. CADERNO DE BITÁCORA - Publicado o 27-11-2014 10:58
# Ligazón permanente a este artigo
FALLO DO II CONCURSO DE RELATOS COAMAREA

O xurado do II Concurso de Relatos Coamarea do Centro de Atención ás Persoas Maiores de Ortigueira composto por:
- Dna. Silvia Amigo Pillo (residente).
- Dna. Lina Breijo González (residente).
- Dna. Guadalupe Lago Díaz (terapeuta ocupacional).
- D. José Manuel Miranda Lage (P.S.X.).
Reuniuse o 14 de novembro de 2013 e decidiu que os relatos gañadores son os seguintes:
? Categoría Infantil: Queda deserto por non chegar ningún relato.
? Xuvenil: Queda deserto por non chegar ningún relato.
? Adulto: FESTA DO SAN MARTIÑO de D. Manuel García Señor, usuario do Centro de Día de Caranza.
O venres 28 de novembro unha representación do CAPM de Ortigueira desprazarase ao Centro de Día de Caranza para a entrega do premio.
Parabéns ao gañador e grazas a toda a xente que participou.
Comentarios (0) - Categoría: 1. CADERNO DE BITÁCORA - Publicado o 27-11-2014 10:01
# Ligazón permanente a este artigo
DÍA PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

Dende o Centro de Emerxencias para Mulleres Vítimas de violencia de xénero (CEMVI) de Vigo chéganos un sobre cheo de globos morados e vermellos. Era unha proposta para realizar unha actividade o 25 de novembro para facer visible esta problemática.
Nos quixemos participar desta proposta e decidimos incluíla formando parte do proxecto que estamos a desenvolver na actualidade no centro ?Bótame un gancho. Tecendo pensamentos positivos cara ás persoas maiores?, baseada na técnica do Yarm Bombing ou bombardeo de fío. Deste xeito colaboramos na sensibilización contra comportamentos agresivos hacia as mulleres en calquera etapa da súa vida e na eliminación de estereotipos asociados tanto ao xénero como á idade.
Traballamos con fíos e las das cores representativas deste día: o morado, cor representativa das mulleres, e o vermello, que representa a violencia exercida contra as mulleres que nunca debería existir e menos chegar ao asasinato. Cada persoa realizou unha aplicación para unila á manta comunitaria que estamos a elaborar engadíndolle un pensamento positivo cara ás mulleres e contra a violencia.
Comentarios (0) - Categoría: 1. CADERNO DE BITÁCORA - Publicado o 27-11-2014 09:22
# Ligazón permanente a este artigo
FESTAS DE SAN MARTIÑO

Hoxe iniciamos as festas patronais co tradicional pregón que este ano estivo a cargo da nosa veciña Virtudes Area Castro. Unha muller de Miñaño e desta casa. Aquí viña a apreder, aquí fixo a Primeira Comuñón, aquí casou e aquí nos terá sempre que queira. Este é o seu pregón:
Queridas veciñas e veciños:
Hoxe síntome honrada de estar de novo con vós. Como cada ano, a esta parroquia lle chega o seu San Martiño. A súa festa patronal.
O porco escapa do santo porque con el chega o tempo da matanza. Pero a nós tráenos ledicia en forma de chourizos, touciño ou xamóns. Do porco aproveitamos todo e con el facemos festa. Non hai celebración sen comida especial e mañá, o día propio do santo, haberá xantar especial e festa rachada coa Charanga Alborada coa que compartiremos un queique agasallo de Lalo e Pilar, os fillos de Lola Sanjurjo.
Polo patrón non poden faltar as castañas, dixera o outro: castañas, noces e viño fan a ledicia de San Martiño. Nin os magostos que nos axudan a correr o frío que este año chegou tarde pero chegou en xeito. Aínda ven á Vila a castañeira cunha vella carraca asando castañas o día de mercado e meténdoas nos cucuruchos de papel ben quentiñas. Non imos esperar ao xoves. O mércores habemos esfollar o maínzo e facer un magosto, lembrando os días nos que o traballo e a troula quedaban mesturados.
Para venres imos decorar os calabazotes para alonxar os malos espíritos do empezo do inverno. Tempo escuro e frío. Non acabaremos as festas con escuridade nin friaxe senón co concurso de relatos que de novo organizou este centro en relación ao tempo de outono que nesta casa será cálido pois sempre haberá unha parola e un bocado que levar á boca.
Felices festas a todas e a todos e viva San Martiño.

Viva tamén a nosa pregoeira! Viva Virtudes!
Comentarios (0) - Categoría: 1. CADERNO DE BITÁCORA - Publicado o 11-11-2014 11:57
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0