Pepe Dovale, Patrón do barco
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 NA REDE

I CONCURSO DE RELATOS COAMAREA
BASES

TEMA. Co gallo das festas patronais da nosa casa na honra de San Martiño, convidámosvos a escribir sobre este tempo de outono e as tradicións galegas como a esfolla do maínzo, a matanza do porco, o Samaín, o magosto... así como sobre as lendas e contos, ditos populares, cantigas, receitas de cociña e o que se vos ocurra relacionado.
FORMATO. Relato orixinal en lingua galega cun máximo de 1.111 palabras.
PARTICIPANTES. Persoas de calquera idade, agás o persoal do CAPM de Ortigueira.
Haberá tres categorías:
? Infantil: ata 10 anos.
? Xuvenil: de 11 a 15 anos.
? Adulto: de 16 anos en adiante.
PRESENTACIÓN. Hai 2 opcións:
? Nun sobre rotulado co nome do relato e a categoría á que se presenta. Conterá o relato e outro sobre pechado cos datos de autoría (nome e apelidos, idade, enderezo e teléfono de contacto).
? Un mail co asunto I CONCURSO DE RELATOS COAMAREA e que conterá dous arquivos, un co relato e a categoría á que se presenta e outro cos datos de autoría (nome e apelidos, idade, enderezo e teléfono de contacto).
PRAZO. A data límite de presentación é o 8 de novembro de 2013
XURADO E FALLO. O xurado estará composto por:
? 2 Residentes do CAPM de Ortigueira.
? 1 Familiar de residente.
? 1 Veciñ@ de Ortigueira.
? 2 Profesionais do CAPM de Ortigueira.
O día 15 de novembro ás 16:30 h. farase público o fallo do xurado e terá lugar a entrega de agasallos na Residencia de Persoas Maiores de Ortigueira.
De non poder asistir enviarase o agasallo por correo postal.
A participación no concurso supón a aceptación destas bases e a posible publicación do relato no blogue do Centro Residencial:

www.blogoteca.com/coamarea

Podedes facernos chegar os vosos relatos dos seguintes xeitos:
- Entregándoo no propio centro.
- Por correo postal:
Residencia de Persoas Maiores
Lugar de Miñaño, s/n
15330 Ortigueira
- Por correo electrónico:
ortigueira.consorcio@igualdadebenestar.org

ANIMÁDEVOS E PARTICIPADE

Comentarios (0) - Categoría: 1. CADERNO DE BITÁCORA - Publicado o 14-10-2013 09:56
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0