 Tódolos días polas mañás, logo de almorzar, facemos sesión de xerontoximnasia na sala de actividades.Comezamos cun pequeno exercicio de orientación á realidade a cargo da técnica.De seguido, dirixe os exercicios e realízaos unha vez a modo de exemplo para seguir coa serie de 10 repeticións con todxs nós, colocadxs en círculo e mantendo a distancia de seguridade.
Imos realizando exercicios coas distintas partes do corpo, comezando pola cabeza e chegando ata os pés.Cadaquén fai o que pode, sen mancarse.
Cando estamos cos exercicios dos brazos, collemos os aros de cores. Subímolos e baixámolos con cada man ata o chan, cambiámolos de man, agarrámolos coas dúas mans como para conducir, adiante e atrás, dereita e esquerda e ata poñemos un colar con eles no pescozo. Xogamos a erguelos cada vez que a técnica dí a cor do aro que temos na man e lanzámolos a rodar para ver ata onde son capaces de chegar, dereitiños, sen caer. Encántannos os aros e a ximnasia que nos axuda a manter en forma. |