Pepe Dovale, Patrón do barco
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 NA REDE

O XEOPARQUE CABO ORTEGAL

A denominación correcta dun xeoparque é Xeoparque Mundial da UNESCO, posto que é este organismo das Nacións Unidas quen outorga o distintivo.

Nestes momentos hai declarados no mundo un total de 147 xeoparques repartidos por 41 países. 76 deles están en Europa asentados en 22 nacións. En España existen 13 territorios co distintivo da UNESCO. O máis recente -de maio de 2019- é o Xeoparque das Montañas do Courel, o primeiro que obtivo a cualificación en Galicia e o único, por agora, do extremo noroccidental do Estado.
Un xeoparque é un territorio que posúe un patrimonio xeolóxico de relevancia internacional e cun alto valor para o coñecemento da historia da Terra. Esa é unha das súas características, pero hai máis. E é que os xeoparques son tamén figuras de xestión que buscan conservar, divulgar e poñer en valor a riqueza xeolóxica como base para un desenvolvemento sustentable das áreas onde se asentan.
O ámbito xeográfico do Proxecto de Xeoparque do Cabo Ortegal está definido polos límites dos concellos coruñeses de Cariño, Cedeira, Cerdido, Moeche, San Sadurniño, Ortigueira e Valdoviño. Son arredor de 630 Km2 de territorio que, en boa parte, forman parte do chamado Complexo Xeolóxico do Cabo Ortegal, amplamente estudado pola ciencia especializada desde mediados do século XX.
A zona -especialmente o norte do ámbito do proxecto- é resultado do proceso da Oroxenia Varisca de hai 350 millóns de anos. O caso é que na nosa zona existen catalogados 52 Lugares de Interese Xeolóxico dos que alomenos 5 teñen unha relevancia internacional. E iso débese á presenza de rochas e formacións únicas producidas polo lento proceso de nacemento e desaparición da grande cordilleira Varisca e polo movemento das placas tectónicas do planeta que aínda hoxe continúa.
A peculiariedade desta área reside en que aquí están na superficie rochas que habitualmente se encontran no manto da Terra, a máis de 70 quilómetros de profundidade. A ciencia xeolóxica ten no Ortegal un grande campo para investigar e ampliar o seu coñecemento sobre os cambios e momentos que viviu a Terra durante millóns de anos.
Agora, co Proxecto de Xeoparque do Cabo Ortegal o que se pretende é ampliar ese saber levándoo fóra dos círculos especializados. Trátase de facer que o sustrato xeolóxico sexa coñecido e valorado en primeiro lugar polos arredor de 28.300 habitantes dos sete municipios implicados, pero tamén que se converta nun referente divulgativo e turístico para persoas do resto do mundo, sexan especialistas na materia ou sexan amantes de vivir experiencias diferentes.
O patrimonio xeolóxico, o patrimonio natural e paisaxístico, o patrimonio cultural material e inmaterial -construcións, tradicións, gastronomía, etc.- están intimamente ligados dentro do proxecto, xa que malia tomarse a xeoloxía como punto de arranque, o obxectivo que se persegue é o de alcanzar un desenvolvemento sustentable no territorio onde todos eses aspectos estean relacionados e coordinados baixo o paraugas do Xeoparque do Cabo Ortegal.
Deixamos enlace para comprobar tanta riqueza:
https://A denominación correcta dun xeoparque é Xeoparque Mundial da UNESCO, posto que é este organismo das Nacións Unidas quen outorga o distintivo.

https://www.facebook.com/Xeoclip/videos/589681531658029/

Comentarios (0) - Categoría: 6. CATALEXO cousas para ver - Publicado o 06-06-2020 15:00
# Ligazón permanente a este artigo
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0