
CÁNTIGA
Na tarde do 5 de xuño do 1869 (hai 151 anos), e segundo el mesmo nos conta, Curros escribe Cántiga, o seu primeiro poema ?no dialeuto patrio?. Tiña 17 anos e aínda era estudante en Madrid.
Anotou a letra na marxe da lección X do Manual de Economía política de Manuel Colmeiro. Ponlle música Cesáreo Alonso Salgado, estudante que compartía cuarto con Curros. Moi pronto se fixo popular en Galiza. Cántiga tivo lixeiras modificacións en música e letra. Na letra, a modificación máis significativa sería ese primeiro verso que pasa de 'Na xardín unha noite sentada' a 'Unha noite na eira do trigo'. Na música, ?Cántiga?, despois da versión de Salgado sería musicada por Xoán Montes, que fixo unha versión para voz e piano e consagrada coa versión de Xosé Castro ?Chané? na coñecidísima ?Unha noite na eira do trigo?.
O poema formaría parte de 'Aires da miña terra' (1880). Que pronto volvan as noites de xardíns e de eiras do trigo
|