A celebración do Día do Libro remóntase aos comezos do século XX. O día 23 de abril celébrase en todo o mundo, o Día do Libro Internacional.
A súa orixe está en 1926. O 23 de abril de 1616 falecían Cervantes, Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega. Tamén nun 23 de abril naceron ? ou morreron ? outros escritores eminentes como Maurice Druon, K. Laxness, Vladimir Nabokov, Josep Pla ou Manuel Mejía Vallejo. Por este motivo, esta dataa tan simbólica para a literatura universal foi a escllida pola Conferencia Xeral da UNESCO para rendir unha homenaxe mundial ao libro e aos seus autores, e alentar a todxs, en particular axs máis novxs, a descubrir o pracer da lectura e respectar a irreemprazable contribución dos creadorxs ao progreso social e cultural.
En España, Miguel de Cervantes Saavedra coñecido tamén polo alcume de ?O manco de Lepanto?, escritor de gran renome escribiu a comezos de 1605 ?O Quixote?, sendo a obra máis destacada da literatura española e das principais da literatura universal, ademáis de ser a máis lida, logo da Biblia. Resultou ser ?o mellor traballo literario xamais escrito?, encabezando a listaxe das mellores obras literarias da historia.
Lonxe nos quedan os anos de Cervantes pero á súa mellor obra, sempre viva, damos lectura, cada 23 de abril, para lembrar as andanzas do fidalgo da Mancha, Alonso Quijano, que de tanto ler novelas de cabaleirías acaba toleando e crendo que é un cabaleiro andante. As súas intencións son boas, axudar aos pobres e desfavorecidos, e lograr o amor de Dulcinea do Toboso, acompañado polo seu fiel escudeiro Sancho Panza pero a sorte non os acompaña nas súas diversas saídas, como na primeira delas, na que ataca a uns xigantes que en realidade resultan ser muíños de vento.
E en Ortigueira non íamos ser menos!!, ademáis de conservar un dos poucos muíños de vento que quedan en pé no Campo da Torre, tivemos unha visita inesperada pero ben aplaudida, a de Don Quixote montando no seu cabalo Rocinante, acompañado de Sancho Panza e da súa amada Dulcinea. Moitas grazas a Augusto, Sandra e Mariluz, por facernos botar unhas risas e pasar unha tarde tan entretida.