|
|
|
|
O IOGA CHEGA Á NOSA CASA! |
|
O ioga na casa proporciona un benestar físico, emocional e mental. É unha disciplina milenaria que naceu na India hai máis de 4000 anos e que se popularizou ata chegar aos nosos días. Baséase en conectar corpo, mente e emocións empregando a respiración e as posturas corporais. Considerada para tódolos públicos, na Resi de Ortigueira puxémonos en acción, guiadxs por Laura, a nosa Terapeuta Ocupacional. Con ela realizamos algunhas sesións, co fin de pasar unhas mañás entretidas á vez que nos deu pautas para axudar a: reducir a ansiedade e o estrés, aumentar a calidade do sono e durmir mellor, fortalecer os músculos e ósos, aumentar a flexibilidade, aliviar dores crónicas e posturais, queimar calorías, respirar axeitadamente e sobre todo, manternos xoves.
O Ioga presta e beneficia a nosa saúde. Repetiremos a experiencia!!!. |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|