|
|
|
|
CANTARES E CONTARES COVIRAIS-20 |
|
Dende que o Goberno decretou o estado de alarma ordeando non sair da casa, os nenos e nenas estaranse dando de conta da importancia que ten ir á escola e do moito que nela aprenden, cousa que moitas persoas maiores do Centro, non puideron facer no seu tempo, por ter que axudar na casa, ir ao lindeiro coas vacas ou ao río a lavar.
A rapazada de antes aprendía na "Escola da vida" e moito do seu saber foilles transmitido de forma oral polos seus pais/nais ou avós/as, para que souberan valerse no mundo. Ler, escribir e as catro reglas aprendíanas, con sorte, e todo o demais nas noites de inverno ao carón da lareira, nas esfollas do maínzo, nas mallas, na fonte, no lavadoiro, na tenda de ultramarinos, na feira ou na misa. Saberes importantes para traballar, remediar dores, cociñar,sementar e recoller, do tempo, para mocear, troulear, facer trocos, entre outras moitas cousas que non saen nos libros e tamén é preciso coñecer.
Na casa, poñendo en valor toda esta sabedoría popular que atesouran os nosos maiores, fixemos un caderno no que recoller, nestes días virulentos, todas esas aprendizaxes significativas para transmitílas aos pícaros/as que veñen pisando forte pero pola súa idade, aínda son inocentes. |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|