Pepe Dovale, Patrón do barco
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 NA REDE

BUDIÑO VEU TOCAR Á NOSA CASA

Tódolos anos celébrase en Ortigueira o Festival Internacional do Mundo Celta, cita ineludible do verán e un dos referentes mundiais do folk.
Nacía no ano 1978, froito do esforzo da Escola de Gaitas de Ortigueira, liderada naquel intre por Xavier Garrote. Unha idea visionaria que triunfou grazas á axuda de toda a vila.
A forza do Festival, organizado polo Concello de Ortigueira, valeulle que na edición do 2003 o Ministerio de Economía lle concedese o galardón de Festa de Interese Turístico Nacional e en 2005 o certame entrou no selecto grupo de eventos de Interese Turístico Internacional.
Na fachada atlántica europea trazouse na antigüidade un arco de relacións comerciais e culturais entre os territorios dos chamados países celtas, dende Escocia ata Galicia pasando pola costa cantábrica, Irlanda, a Illa de Man, Cornualles, Gales e Bretaña.
Nas distintas edicións do Festival puidemos desfrutar das músicas e culturas de todos estas nacións.
Este ano a estrela galega invitada para o sábado á noite era o afamado gaiteiro Xosé Manuel Budiño. Dende 1997, en que sacou o seu primeiro disco Paralaia, leva tocando en escenarios de todo o mundo dende Galicia a Suíza e ata Cabo Verde. O domingo 19 veu á nosa casa tocar unhas pezas xunta o guitarrista Fernando Barroso. Un agasallo especial para nós que non esqueceremos. Deu gusto escoitalo e poder bailar ao seu son. Temos que agradecerlles este aprezo tanto aos músicos como a Fran, quen moitos anos estivo organizando o Festival, e os acompañou.
Agardamos que outros anos se repita a experiencia.
Comentarios (5) - Categoría: 1. CADERNO DE BITÁCORA - Publicado o 24-07-2015 13:49
# Ligazón permanente a este artigo
5 Comentario(s)
1 Detallazo,Pepe!!Foi un pracer escoitalos, unha tarde ben fermosa, chea de boa mú#blgtk08#sica e baile e sobre todo de moi boa compaña. Que non se perdan as mañas!!.Bicos
Comentario por Gelo Paz (25-07-2015 12:11)
2 Grazas a Budiño e a Fernando. O mellor foi ver bailar#blgtk08# a xente maior pesa tras peza. Un auténtico festival.
Comentario por Ara (25-07-2015 13:05)
3 Díxome un paxariño que o de Budiño estivo moi ben, que os nosos maiores pasárono estupendamente.
Agora xa metidos no#blgtk08# lio, non sería mala idea traer a outros grupos tipo Combo Dominicano, Paris de Noia etc? que seguro terían éxito.
Comentario por Domingo Abelleira Bouza (10-08-2015 12:40)
4 Tés razón Domingo, sería moi sonada a verbena pero de seguro que teñen a axenda moi apretada estas orquestras de renome.Se cadra, haberá #blgtk08#que falar con elas para vir polo noso patrón, o San Martiño, en novembro. Grazas polo teu comentario de parte do paxariño e de tod@s nós.
Comentario por Pepe Dovale (17-08-2015 10:27)
5 Unha gran iniciativa, e a r#blgtk08#epetila na próxima edición.
Comentario por Virtudes (18-08-2015 21:33)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0