Pepe Dovale, Patrón do barco
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 NA REDE

FESTA DO SAN MARTIÑO

Isto pasaba nos anos 1939 ? 1942, que eu recorde.
Na miña casa cando era pequeno faciamos a festa dos roxóns. Era moi especial e facíase sempre en novembro, por San Martiño.
Viñan os compadres (meus padriños e os de meus irmáns) e quedábanse a xantar e cear; tamén viñan cos fillos e pasabámolo moi ben facendo xogos como a billarda, escondite? Ao anoitecer contabamos contos. Cando facía frío, arredor da lareira. Sobre todo do lobo e xa ninguén se atrevía a saír fóra a mexar. Iamos á cuadra e os demais ían facendo Uuuu, Uuuu, como animal, para amedrentar.
Tamén tiñamos o padriño do meu irmán que era pescador e sempre viña polos roxóns e traíanos merluza. O meu pobo é no interior, pouco peixe se comía daquela a non ser que fora bacallau salgado, e cando miña nai cociñaba a merluza, meu avó sempre preguntaba que animal con rabo era aquel. Meus irmáns e eu riamos moitísimo; meu avó non sabía que era peixe.
O meu avó facíanos tamén a broma que non sabía persignarse e facía: por la señal de la Sta. Cruz (e poñía o dedo na orella), de nuestros enemigos, líbranos Señor Dios nuestro (e meu avó poñía o dedo no costado). E así seguía poñendo o dedo na planta do pé. Nos riamos ata cansarnos dicindo:
- Avó non se fai así.
El deixábase ensinar e tíñanos a todos preocupados porque aprendera facer a señal da cruz.
Eu dicíalle:
- Sei que queres acabar de facelo ben.
Pasaron uns anos cando nos dimos conta do grande que era o avó.
Comentarios (1) - Categoría: 1. CADERNO DE BITÁCORA - Publicado o 27-11-2014 10:58
# Ligazón permanente a este artigo
1 Comentario(s)
1 Moitísimos parabéns a Manuel García Señor, autor deste relato e gañador do noso concurso de relatos de outono. Que non perda as mañas, e que siga lembrando anécdotas tan boas como a que nos conta coa que no#blgtk08#s fixo pasar un bo rato. Grazas Manuel por compartir con nós un pedaciño da túa vida e grazas tamén ao Centro de Día de Maiores de Caranza (Ferrol) por animarvos a participar. Unha aperta para tod@s
Comentario por Gelo Paz (27-11-2014 13:55)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0