Pepe Dovale, Patrón do barco
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 NA REDE

FESTAS DE SAN MARTIÑO

Hoxe iniciamos as festas patronais co tradicional pregón que este ano estivo a cargo da nosa veciña Virtudes Area Castro. Unha muller de Miñaño e desta casa. Aquí viña a apreder, aquí fixo a Primeira Comuñón, aquí casou e aquí nos terá sempre que queira. Este é o seu pregón:
Queridas veciñas e veciños:
Hoxe síntome honrada de estar de novo con vós. Como cada ano, a esta parroquia lle chega o seu San Martiño. A súa festa patronal.
O porco escapa do santo porque con el chega o tempo da matanza. Pero a nós tráenos ledicia en forma de chourizos, touciño ou xamóns. Do porco aproveitamos todo e con el facemos festa. Non hai celebración sen comida especial e mañá, o día propio do santo, haberá xantar especial e festa rachada coa Charanga Alborada coa que compartiremos un queique agasallo de Lalo e Pilar, os fillos de Lola Sanjurjo.
Polo patrón non poden faltar as castañas, dixera o outro: castañas, noces e viño fan a ledicia de San Martiño. Nin os magostos que nos axudan a correr o frío que este año chegou tarde pero chegou en xeito. Aínda ven á Vila a castañeira cunha vella carraca asando castañas o día de mercado e meténdoas nos cucuruchos de papel ben quentiñas. Non imos esperar ao xoves. O mércores habemos esfollar o maínzo e facer un magosto, lembrando os días nos que o traballo e a troula quedaban mesturados.
Para venres imos decorar os calabazotes para alonxar os malos espíritos do empezo do inverno. Tempo escuro e frío. Non acabaremos as festas con escuridade nin friaxe senón co concurso de relatos que de novo organizou este centro en relación ao tempo de outono que nesta casa será cálido pois sempre haberá unha parola e un bocado que levar á boca.
Felices festas a todas e a todos e viva San Martiño.

Viva tamén a nosa pregoeira! Viva Virtudes!
Comentarios (0) - Categoría: 1. CADERNO DE BITÁCORA - Publicado o 11-11-2014 11:57
# Ligazón permanente a este artigo
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0