Pepe Dovale, Patrón do barco
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 NA REDE

BÓTAME UN GANCHO

TECENDO PENSAMENTOS POSITIVOS CARA ÁS PERSOAS MAIORES.
Presentámosvos o noso novo proxecto, centrado en actividades de carácter comunitario e interxeracional. Está baseado na técnica ecolóxica ?Yarn Bombing?, desenvolta en cidades europeas (arte urbana a través de técnicas de tecido de antano como o gancho e o punto) ou ?Bombardeo de fío? coa intención de ambientar espazos de maneira creativa e visibilizar ás persoas maiores de xeito positivo. Non se trata de accións intrusivas nin agresivas, senón dunha forma de expresión amable que garda unha especial relación cos obxectos, que os apertan, os abrigan e embelecen. A nosa intención é DAR COR Á IDADE, favorecendo un envellecemento activo e desmitificando e eliminando estereotipos cara aos nos@s maiores. Tentamos ademais, favorecer a concentración, a atención, as destrezas manuais, etc... adaptando as actividades propostas ás persoas con mobilidade reducida. Este tipo de proxectos fomenta as relacións sociais e comunitarias. Tentamos acadar a participación de persoas alleas ao centro e promover o traballo en equipo, pois non só vai dirixido a residentes e as súas familias, senón tamén ao persoal da Residencia, ás amizades e á veciñanza: calquera persoa disposta a botar un gancho.
En función do tipo de actividades a desenvolver e tendo en conta as inclemencias do tempo, escolleremos o lugar máis axeitado, podendo ser no propio centro residencial, no exterior (nunha praza, parque, etc...), noutros centros e institucións socioeducativas, nas casas particulares, espazos públicos, etc...
As actividades, con carácter individual ou colectivo, centraranse na realización de obradoiros de gancho, punto, trapillo, pompóns, teares, lá enfieltrada, elaboración de adornos con lá e fío, etc. Poñeremos especial fincapé en elaborar unha manta comunitaria coas colaboracións feitas de maneira artesá. Nesta manta coseremos un lazo por colaborador ou colaboradora que recolla o seu pensamento positivo cara á xente de idade. Unha vez rematada colocarémola nun sitio visible do centro. Tamén cubriremos con lá ou fío obxectos utilizados nas actividades básicas da vida diaria das persoas maiores en canto a mobilidade, aseo, hixiene persoal, vestido e alimentación. Unha vez finalizados faremos unha exposición que terá carácter itinerante.
Parécenos unha boa forma de transmitir valores e cultura e contribuír á calidade de vida dos nosos vellos e vellas, que tanto saben e están dispost@s a compartir coa comunidade. O fin é conseguir unha boa participación e implicación no noso proxecto polo que vos invitamos a participar tanto colaborando directamente nas actividades organizadas polo centro como traendo algunha aplicación da vosa casa.
Comentarios (0) - Categoría: 1. CADERNO DE BITÁCORA - Publicado o 29-10-2014 14:09
# Ligazón permanente a este artigo
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0