Pepe Dovale, Patrón do barco
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 NA REDE

102 ANIVERSARIO DA NOSA AVELINA

Nin máis nin menos que 102 anos de historia viva moi ben retratados.
Dona Avelina Piñón Rodríguez naceu nunha mañá de verán do 26 deste mes de san Xoán, no lugar de As Cascas, pertencente á parroquia de san Adrián de Veiga, no concello de Ortigueira. Aldea froiteira con arrecendo a mazás encarnadiñas, de pedra e de ollo, a nixos, a amirolos e a figos de malva. Esta gran muller de tipo fino (?hai que comer para vivir e non vivir para comer?), pequeneira, de ollos claros e valentes, labrega ben traballadora e educada na escola da vida, vai deixando no camiño distintas épocas históricas, cambios de goberno, cambios de moeda, guerras, avances científicos, descubrimentos, etc.. Experiencias vitais que aínda recorda pois como ela ben di: ?da cabeciña estouche moi ben?. Filla da Conda das Cascas, dona dunha taberna, e neta do Conde de Senra, procedente de Castela, pasea o seu donaire acompañada do bastón e das persoas que a queremos ben.
De seguro que desfrutou da compaña da familia e da veciñanza cun bo cachiño de torta de galleta, flan e chocolate, elaborada con agarimo por varias compañeiras. Non collían máis flores na mesa. Rosas grandes e pequenas para unha Rosiña cal sol dourado. Soprou as velas e pediu un desexo.
Familia, compañeiros/as desta nosa Casa Grande, todo o persoal do centro e amizades desexámoslle un fermoso día deste seu aniversario. Parabéns, nosa Avelina, e longa vida!!
Comentarios (7) - Categoría: 1. CADERNO DE BITÁCORA - Publicado o 27-06-2014 09:51
# Ligazón permanente a este artigo
7 Comentario(s)
1 Viva a nosa Avelina por moitos anos máis!! e nós que o vexamos.Canto aprendemos das nosas vellas e vellos, non me canso de repetir que son coma libros abertos, libros especiais e cheos de saber, coñece#blgtk08#mentos que por desgraza non aparecen en moitos dos libros modernos, mágoa de deles!!. Chuchiños para Avelina e tamén para a festexeira de Loly, de Mera do medio por estar sempre. Apertas rulas
Comentario por Gelo Paz (27-06-2014 11:26)
2 Parabéns para Avelina! Que os que os anos que sigas a cumprir sexan coa boa saúde que agora tes.
Parabéns tamén para a nosa veciña Virtudes, que#blgtk08# onte lle trouxo un fermoso ramo de flores a Avelina e hoxe é ela a que está de aniversario. Que cumpras moitos máis e que podamos gozar da túa compaña.
Comentario por Ara (27-06-2014 11:46)
3 PARABÉNS Avelina! Quen nos dera chegar así de ben a esos anos! Tesme que dicir cal é o teu segredo, aínda q intentei sonsacarcho en varias ocasións,#blgtk08# e non soltas prenda. Gracias por compartir o teu saber, é unha ledicia escoitarche falar.
Apertas grandes para todos dende a Mariña Lucense!
Comentario por Laura (27-06-2014 11:54)
4 Avelina, eu queríache dalas grazas polo xeito de respostarme os bos días de cada mañán. Falo cunha canción que fala do amor aos fill@s e cun sorriso. Graza#blgtk08#s polo diario "Como se quiere a los hijos, no se puede querer más...". Medro o escoitarte, Avelina, e fasme millor. Longa vida aos teus anos, nosa velliña.
Comentario por David (27-06-2014 12:53)
5 non deixa de sorprendernos esta avelina,polo menos a min;fai mais de trinta anos que a coñezo,e é rara a vez que non me sorprende co#blgtk08#n algun cantar novo,algun conto,ou algunha invencion súa.é un pracer sempre parolar co ela.¡parabéns!...é ata o ano que ven
Comentario por loly (27-06-2014 21:07)
6 PARABENS¡¡¡¡para a nosa Avelina das Cascas creo que tod@s aprendemos moito dela, nunca de#blgtk08#ixa de sorprendernos, moitos bicosssss e apertas dunha tripulante ausente temporalmente.
Comentario por sonia (27-06-2014 22:29)
7 Como se soe dicir , mais tarde k nunca , parabens #blgtk08#Avelina ,logo vos volverei a ver a todos , bicos .
Comentario por lucy (28-06-2014 02:16)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0